A semana pasada foi importante para os estamentos partidarios do AVE, Touriño congratulouse coa publicación no BOE do estudio informativo do AVE Vigo-Ourense por Cerdedo, abrindo un prazo de exposición pública de 30 días.
Seguen anunciando que todo vai dacordo cos seus plans e o AVE virá segundo o previsto para o 2012.
Ao mesmo tempo un novo accidente laboral na construcción do AVE costoulle a vida a un traballador en Cerceda (Coruña), desta vez xa non tivo tanta repercusión na prensa como o primeiro, pero sen caer na demagoxia, sempre queda a dúvida de se tantos mortos (dous en dúas semanas!!) non serán froito desas presas que os políticos mostran por ter o AVE en Galiza canto antes.
Ao mesmo tempo chegaba unha convocatoria desde Euskadi para facer esta semana, accións descentralizadas contra o percorrido chamado “Y Vasca” e en solidariedade cunha xente que vai ser xulgada por encadearse ás obras ( http://galiza.indymedia.org/pt/2007/09/12399.shtml), algo parecido ao que fixeron recentemente en Barcelona ( http://galiza.indymedia.org/pt/2007/07/11747.shtml)
Neste contexto triste e preocupante, e como en Galiza aínda non hai unha resposta moi forte contra a Alta Velocidade, deixamos paramáis adiante o de encadearnos e modestamente contribuimos a difundir o rexeitamento ao TAV/AVE facendo un primeiro mural en Vigo, cerca de Sárdoma unha das zonas afectadas polo trazado.
E recentemente co mesmo espíritu de ir aportando ao debate e poñendo o tema sobre a mesa dos movemento sociais, unha compañeira fixo unha breve colaboración no Rojo y Negro denunciando a alta velocidade: http://www.rojoynegro.info/2004/spip.php?article19290
GAS
Para ver o mural nun tamaño mais grande: http://galiza.indymedia.org/gz/2007/09/12436.shtml