- Mobilizacións contra o incremento de tarifas
- Conflictos e conquistas laborais
- Condutores/as, usuarios/as e movementos sociais: unha alianza efectiva
Charla a cargo de condutores de autobuses urbanos de Barcelona
Martes 26 de Xaneiro ás 20:30 horas.
Lugar: Salón da Escola Popular Galega
Organizan: Grupo de Axitación Social (GAS) e Verdegaia.
Durante os dous últimos anos, os conductores e conductoras de TMB (Transports Metropolitans de Barcelona) estiveron inmersos/as nun conflicto pola consecución de melloras laborais, sendo a reivindicación máis destacada os 2 dias de descanso semanais.
Este conflicto tivo unha serie de características que o converten nunha experiencia que merece a pena coñecer. En primeiro lugar, porque se recuperou a assemblea de traballadores/as coma único espacio de decisión. Creouse un comité (“comité de descansos”) encargado de levar as decisións da assemblea á mesa de negociación, superando as siglas sindicais de aqueles que se sumaron (os sindicatos amarelos, e as cúpulas de aqueles controlados por liberados, quedaron á marxe). Recuperouse non só a decisión, senón tamén a acción directa. E buscáronse alianzas con outras/os traballadoras/es, e cos colectivos e organizacións sociais da cidade.
A presenza estes días en Vigo de algúns deses traballadores implicados de xeito directo nas mobilizacións, permitirannos coñecer de primeira man ese proceso, e debater sobre os seus diferentes aspectos.
Ademáis, poderán informarnos da actualidade das mobilización contra a nova suba no transporte urbano que se están comezando a organizar en Barcelona.