O sábado 9 de xuño, arredor das seis e vinte, unhas duascentas persoas saimos ás rúas de Vigo baixo o lema "Facendo do capitalismo historia", con motivo da recente reunión das grandes superpotencias no cumio do G8 en Helligendam.
Un grupo de obreiras (vese porque levaban funda) encabezaba o acto, arrastrando un deteriorado (pola acción das superpotencias e as multinacionais que as apoian) globo terraqueo montado nun carrito do "Alcampo", como as obreiras eran bastante rácanas no esforzo, Georges Bush continuamente incitaba aos militares e picoletos que o protexían para que cargasen contra elas, estas cargas producíronse tamén contra outras integrantes da mani que pretendían impedir o maltrato.
Bush ademáis ía acompañado duns executivos zombies (froito da podedumbre do capitalismo supoñemos) e dun xigante cadavérico que simbolizando o poder do G8 ía apraudíndolle as maldades.
A mani foi moi animada ademais de polas escenificacións, polos lemas que en todo momento se corearon, ao paso por diferentes comercios de Inditex, Mc Donnalds, Burger King ou Levi's fixéronse paradiñas e entraron grupiños a repartir panfletos específicos denunciando a súa explotación laboral, do planeta, etc.
O percorrido foi desde Vía Norte, pasando por Urzaiz, Colón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e Principe, para rematar de novo no cruce de Príncipe con Colón.
Alí diferentes grupos convocantes tiñan montados postos informativos, con todo tipo de materiais gratuitos e á venda.
Tras ler alí o comunicado do acto botamos un bó rato disfrutando das intervencións musicais e informando ás viandantes.
Grupo de Axitación Social
Máis fotos: http://galiza.indymedia.org/pt/2007/06/11380.shtml