
Defensoras dos animais, provintes dos máis diversos lugares do Estado, faremos o esforzo de sacrificar este sábado, de pasar a noite anterior nun autobús, de gastarnos os cartos en pagar unha viaxe que sabemos que vale a pena. Iremos a defender aos que non teñen voz propia para facelo.
Vixiaremos que se cumpra a lei de caza, ocupando as zonas de seguridade e utilizando o noso dereito a pasear polo campo, para que non se dispare nas debanditas zonas, nos camiños, nas pistas, a menos de 50 metros destes lugares e a menos de 100 metros das casas. Sabemos que cumplindo a lei a matanza seralle moito máis difícil.
A Federación Galega de Caza reitera os falsos argumentos de “controlar” as poboacións e realiza o campionato, unha vez máis, en Portomarín onde se levaron a cabo, alo menos, outras tres veces. Tales argumentos quedan en evidencia ao comprobar que nos demais lugares de Galiza, onde non se realizaron campionatos, non hai excesos de poboación.
O fan onde llo permiten, o fan para xustificar as abultadas subvencións da Consellería de Medio Rural, da Conselleira de Deporte e doutros patrocinadores de artigos de caza e o fan en Galiza porque aquí non pagan por cazar. Porque aquí, ao contrario que no resto do estado, a caza non representa beneficio algún para os habitantes do rural.
Masacran ao raposo porque xa non queda nengunha outra especie silvestre, a sobre explotación e o afán por manter o negocio da caza, en detrimento dun control racional, exterminou a todas. Durante a tempada de caza matan animais de granxa e só lles resta o sufrido raposo para divertirse cun suposto “deporte” que xustifica subvencións e capta votos manchados co sangue da nosa fauna e a degradación dos nosos montes.
Competir para matar máis animais nada ten que ver cos valores do deporte.
Firman este manifesto:
ABEIRO, ADEGA, Amigos da Terra, Amigos de los Animales, Asociación COMETA, Asturias Verde, ASCEL, CES Salnés, Centro Social A Formiga, Coto do Frade, Eucaliptos NON, FEG (Federacion Ecoloxista Galega), Fin del maltrato animal, Fundación Altarriba, GAS Vigo, Huellas Cantabria, LIBERA, Matar por matar NON, PACMA, Protectora Moura, Salva o Tren, SGHN, SOS Courel, SHAC SPAIN, Verdegaia, Ecologistas Extremadura, SOS Felinos, SOS Hurones, UPAFGA (Union de Protectoras de Animales Federadas de Galicia).
Galiza 26 de xaneiro de 2010