border="0"

19.9.12

Vídeos do Encontro Estatal polas Rendas Básicas en Extremadura 08/09/2012

El 8 de septembro celebrouse en Mérida o Encontro Estatal polas Rendas Básicas, que contou coa participación de numerosas organizacións e colectivos. 

O Centro Social Okupado e Autoxestionado "El Sitio" acolleu a posta en común que abordou, fundamentalmente, dúas cuestións: As diversas posicións sobre a Renda Básica e as perspectivas de loita ante a situación de emerxencia social que vivimos.

Arriba pode verse un pequeno extracto da intervención do noso compañeiro Diego en representación da ODS de Coia e neste enlace poden verse vídeos doutras intervintes no encontro: do SAT, CNT, CGT, IU Mérida, 15M Málaga, 15M Almendralejo, Asociación "Alambique" de Xixón, Plataforma por la Renta Básica de Extremadura, Baladre, COOP57, Plataforma 0,7 Badajoz, Red Canaria por el Sistrema Público de la Seguridad Social, "Sodepaz Balamil" Valladolid, Colectivo "Prometeo", PAH, Comisiones de Bases e Colectivo "La Trastienda" de Mérida.

13.9.12

CONTROL DA INMIGRACIÓN, POST-FORDISMO E MENOR ELEXIBILIDADE: UNHA CRÍTICA MATERIALISTA DA CRIMINALIZACIÓN DA INMIGRACIÓN EN EUROPA

"A aparente des-fronterización do mundo occidental baixo o impulso da globalización económica ten sido paralelo a un proceso de re-fronterización das sociedades tardo-capitalistas contra as migracións globais. Esta re-fronterización é parte dun amplo xiro punitivo na regulación da migración que emereu especialmente no contexto europeo desde mediados dos anos setenta do século pasado. 
 
Por un lado, os inmigrantes non occidentais son sinalados polas políticas inmigratorias prohibicionistas, as cales contribúen de feito á reproducción do seu estatus de ilegalidade; por outro lado, o uso sistemático do encarcelamento (xunto a detención administrativa e a deportación) como a estratexia principal na actual guerra contra a inmigración non autorizada configura unha dinámica de hipercriminalización dos inmigrantes, cuxo resultado é a intensificación da súa marxinalidade socioeconómica e política en toda Europa. Seguindo o enfoque da criminoloxía materialista coñecido como economía política do castigo. 
 
Este artigo suxire que estas estratexias punitivas deberían ser analizadas contra o sustrato dunha economía neoliberal cada vez máis flexíbel e desregulada. Neste contexto, a hipercriminalización das migracións contribúe á reproducción dunha forza de traballo vulnerábel cuxa inseguridade resulta adecuada para o segmentado mercado de traballo das economías post-fordistas..."
 
Pódese ler ou descargar íntegro o artigo de Alessandro De Giorgi neste enlace

8.9.12

A Ría Non Se Vende: "Contra a modificaçom da Lei de Costas"


A rede de colectivos A Ría Non Se Vende exige a retirada do rascunho do anteprojeto de Lei de Proteçom e Uso Sustentável do Litoral com a que o governo pretende substituir a atual Lei 22/1988 de Costas
 
No rascunho nom se dá pontada sem fio. Vinte e três páginas que de se aprovarem modificarám totalmente a situaçom das costas voltando ao descontrole dos anos sessenta, setenta e oitenta. As costas ficariam menos protegidas e mais ocupadas e urbanizadas que com a Lei 22/1988. Mais uma vez pretendem socializar as perdas bem por reduçom do uso público e das funções ecológicas como polo aumento dos custos económicos ao termos de pagar as indemnizações por desastres ambientais que de seguro nom vam fazer mais do que medrar. 

 Apesar de justificarem a nova lei em ganharem segurança jurídica é muitíssimo mais arbitrária que a anterior e produziria mais reclamações judiciais...

Para ler íntegro este interesante artigo da rede "A Ría Non Se Vende" vai á este enlace.

Conferencia Colexio Oficial de Traballo Social de Galiza (Compostela): "Hai alternativas ao capitalismo? Renda Básica das Iguais" 21/06/2012


Conferencia COTSG: Hai alternativas ao capitalismo? A Renda Básica das iguais
21 xuño 2012. 18:00
CSC As Fontiñas Rúa Berlín 13. 15707 Santiago de Compostela

Manolo Saez Bayona. Traballador Social Membro de Baladre Coordinadora