O sábado 7 de novembro ás 11:30h da mañá no cruce de Príncipe con Colón (na Farola), faremos un acto de rúa contra a Banca.
O sábado 14 charla ás 20:30h na Cova dos Ratos, a cargo de Francisco Ferrer do seminario Taifa de Economía Crítica de Barcelona "Antecedentes e xestación da Crise actual".
O sábado 21 charla ás 20:30h na Cova, Mesa Redonda "Investimentos da Banca "convencional" (Amarante), "Pasado, presente e futuro da loita sindical na Banca" (CXT) e "Iniciativas de troco en Galiza" (Vigotroca).
O sábado 28 charla ás 20:30h na Cova, "A Banca na destrucción do territorio" a cargo de Luita Verde do Morrazo e Reganosa Demolizón de Ferrol.
Organizan: Amarante, Asociación Caleidoskopio, C.S. "A Formiga", CGT, Oficina de Dereitos Sociais de Coia, Grupo Axitación Social e Verdegaia.
O Seu Beneficio é a Nosa Crise
Desde sempre, o funcionamento do capitalismo precisa de crises económicas cada certo tempo, para así mellor perpetuar o seu goberno, ao tempo que acentúa a natureza totalitaria do seu mando único mediante fórmulas que imitan a participación democrática.
Para que o capitalismo funcione, precisa dun crecemento económico constante baseado principalmente na especulación financeira, na explotación salvaxe en tódolos eidos da producción, e na depredación sen límite dos recursos naturais e enerxéticos (limitados), o que pon en grave risco o equilibrio ecolóxico do Planeta. Alén diso, a enorme riqueza xerada por este sistema acumúlase en moi poucas mans, creando máis desigualdade e inxustiza social.
Para todo isto, o sistema capitalista precisa de mecanismos de control como a promoción do consumo e do endebademento, a criminalización das loitas que cuestionan o sistema establecido, os plans de axuste estructurais, ou a utlización das guerras emprendidas polas potencias hexemónicas na búsqueda do control dos recursos.
Neste marco, a banca está no epicentro da crise actual, xa que é un pilar fundamental no funcionamento deste capitalismo neoliberal, globalizado e sustentado na economía financeira (xerando beneficios a través da especulación, sen achegar nada á sociedade).
Os mesmos gobernos e institucións internacionais que lle deron toda a liberdade á banca para que inflase a burbulla financeira e inmobiliaria, xerando inmensos beneficios para sí mesma e para as transnacionais, e permitindo que a economía especulativa e de alto risco invadise o mercado, invéntanse o G-20 para ”democratizar” a saída da crise. Ata o momento, o G-20 só demostrou ser un instrumento máis ó servizo das institucións financeiras internacionais e dos estados máis poderosos e industrializados do planeta, non permitindo o acceso ós páises que máis padecen a crise e faltando ás súas propias promesas, como a de rematar cos paraísos fiscais.
Nestes anos eliminouse a imposición dun límite físico á emisión de moeda (antigamente marcada pola equivalencia co ouro) e o sistema de cambio fixo entre moedas; liberalizouse a circulación de capitais a escala internacional, e garantiuse que o sistema bancario e financeiro fose o máis opaco posíbel, co segredo bancario e os paraisos fiscais, e que as operacións á marxe de calqueira regulación dominen as finanzas. A mais disto, permitiuse que os bancos só teñan que ter en reserva un 8% do capital co que operan. Isto supón que a economía ao completo funciona con cartos que non son reais, cun endebedamento monstruoso baseado na confianza de futuros beneficios que poden darse ou non…
Porén, a pesar da urxencia evidente dun cambio radical de modelo económico, as medidas que pretenden implantar agora desde o tandem G-20/FMI seguen na liña de socializar as pérdas da banca e as grandes empresas (facendo que as paguemos toda/os), mentras privatizan os seus beneficios.
A tímida mellora da economía, froito do investimento público, así como a fusión de Caixas (que fan que novos monstros financeiros exerzan a súa influencia, resucitando os perigos dos monopolios), fai que os gobernos non se atrevan a implementar medidas como: poñer límite ás inmorais primas por beneficios dos banqueiros (os famosos bonus), obrigar aos bancos a ter unhas reservas proporcionais ao seu capital, ou medidas como acometer a necesaria e urxente eliminación dos paraísos fiscais.
Pola contra, rexeitan que haxa máis medidas de control e supervisión das entidades finaceiras, limítanse a repetir consignas triunfalistas anunciando que o peor da crise xa pasou, inxectan máis cartos na economía para promover o consumo e establecen máis exencións fiscais.
En Europa inxectaronse directamente ao sector financeiro e da automoción entre 1,2 e 2,5 billóns de euros, mentras que, pola súa banda, o estado español respaldou avales á banca entre este ano e o anterior, por valor de 200 mil millóns .
Entretanto, a banca pecha oficinas e reduce en máis de 2.000 os seus postos de traballo no estado español. Os cinco maiores grupos financeiros, entre xaneiro e xuño, conseguiron o terceiro maior resultado da súa historia, e o Banco Santander, en particular, pretende pechar o ano como o maior banco mundial en beneficios.
O paro e o déficit chegan a niveis insostíbeis, con case 4 millóns de persoas excluidas dos circuitos asalariados no conxunto do Estado. Delas, un millón non teñen dereito a cobrar paro, e centos de milleiros de familias fican á marxe de calquera tipo de remuneración ou subsidio. As cifras son estarrecedoras; 2.488 empresas galegas pechadas ou con ERES nos dous últimos anos, e un aumento do desemprego de máis de 55.000 persoas.
Pero o conseguinte e tímido aumento dos gastos sociais, sumado ao pozo sen fondo da economía, non llo van facer pagar aos grandes capitais e aos movementos especulativos (de feito, reduciron o imposto de sociedades e eliminaron o de patrimonio), senón que suben os impostos para todas como o IVE, e as rentas do traballo seguen a soportar máis do 75% de tódolos ingresos fiscais do estado.
Por todo isto, denunciamos á Banca como culpábel da crise, criminal e antisocial, e, por ende, denunciamos tamén aos gobernos de turno e institucións que permiten e se benefician desta situación de desigualdade e inxustiza.
É imposíbel que as medidas impostas por institucións deste sistema poidan evitar ou solucionar os desastres que elas mesmas crearon, pola contra só fan reproducilas e agravalas unha e outra vez.
Por todo isto, afirmamos que só as medidas que veñan realmente da loita e a mobilización social, encamiñadas ao reparto xusto da riqueza, á defensa do territorio, ao desenmascaramento da ideoloxía do progreso capitalista, e ao respecto dos dereitos humanos (así como á extensión dos dereitos laborais e sociais para tódalas persoas, á conservación e ampliación dos servizos públicos, e á gratuidade de tódolos ámbitos da nosa vida) poderán dar lugar a cambios positivos e duradeiros no sistema económico e camiñar cara unha sociedade máis xusta .