O pasado Domingo, 25 de Maio, xuntamonos arredor dunhas 30 persoas coa intención de ocupar un autobús de Vitrasa, empresa concesionaría do transporte urbano na cidade de Vigo. A acción, que se atopa dentro do marco da campaña de Precarias En Loita polo dereito ao transporte (1) consistía en que un grupo de persoas subisemos de balde a unha liña do bus e tratar de conseguir chegar ate un lugar anteriormente acordado, reclamando desta maneira o noso dereito a disfrutar dun transporte colectivo que sexa público e gratuito.
A liña elexida para realizar o acto neste caso foi a C3, que abarca no seu traxecto dende o recheo de Bouzas ata Encarnación pasando pola Gran Vía. Polo que, ao redor do mediodia, fixemos acto de presencia e subimos con éxito nunha das suas primeiras paradas no barrio de Bouzas. Xa dentro, comezamos a explicar ao conductor e as pasaxeiras que sí pagaran o billete obrigatorio, o sentido da nosa acción e que a nosa intención era permanecer no bus sen pagar ata a Praza dos Cabalos, no que, nun principio, pretenderíamos dar por rematada a nosa acción.
Tras uns primeiros instantes de incertidume o autobús deu arrancado e dentro comezáronse a corear distintos tipos de lemas como “o transporte público non se paga”, “iso, iso, iso transporte gratuito” e outros. Ao mesmo tempo, as pasaxeiras lonxe de opoñerse a nosa acción fixeronse participes tamén dela sentindo as nosas reinvidicacións como propias e comenzando un debate enriquecedor sobre a nefasta situación do transporte en Vigo e a nefasta xestión da empresa privada Vitrasa, que non saiu moi ben parada nas críticas das viaxeiras.
Logo de avanzar unhas tres paradas o conductor de autobús, o cal dera parte do que estaba sucedendo a Vitrasa xa dende o comezo da acción en Bouzas, non tivo máis remedio que parar o vehículo cerca da rúa Marín en Coia baixo rigurosas ordes dos mafiosos de Vitrasa, aos cales se lles notaba bastante nerviosos desde o outro lado do micrófono, que procederan a chamar á policía que xa se dirixía cara ao lugar. Logo da súa chegada, e tras uns minutos de posta en común a xente comenzou a baixarse do autobús e deuse a acción por rematada.
Transcurrido xa un tempo e lonxe do punto onde rematara a acción, varios axentes da policía nacional identificaron a unhas cinco persoas que se atopaban na rúa nese intre, acusándoas de ter participado na acción, mesmo levaron a unha delas á comisaría de López Mora para identificala ao non portar nese momento o Documento de Identidade soltandoa inmediatamente despois.
Precarias En Loita
(1) http://galiza.indymedia.org/pt/2007/12/13622.shtml
http://galiza.indymedia.org/pt/2007/12/13490.shtml
Máis fotos: http://galiza.indymedia.org/gz/2008/05/15903.shtml
Máis Info: http://precarias.arkipelagos.net/