16.7.18

23-07-2018 Presentación en Vigo do libro "MANI-FIESTA-TÉ"




Temos o gustazo de organizar en Coia a presentación do libro "MANI-FIESTA-TÉ", escrito por Say Lindell e ilustrado por Lucía Calvo. Aproveitando que Say, compañeiro de Baladre e Zambra, está de xira por Galiza o luns 23 de xullo organizamos unha presentación do libro no que ademais do autor haberá a posibilidade de Micro Aberto. O acto organizado pola ODS-Coia, G.A.S. e Lapsus distribuidora comezará ás 20:00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Coia - Vigo).

Con estas palabras Ángel Calle Collado fala desta obra:

“MANI-FIESTA-TÉ. El poemario termina con invitaciones a salir de la “zona de confort”, a dejar de ser “estatuas”. Termina o mejor dicho continua, porque este libro nos invitará siempre a releerlo, para volver a empezar esta poética de los vínculos y de las luchas vitales como la misma agua: “se están autogestionando los fluidos”. Vida como verbo, verbo como poesía. Militancia, ganas de tejer lazos, necesidad de saltarse las costuras con las que nos envuelve una sociedad especulativa y enferma. Necesidad de vivir con el corazón en los pies. Así es este libro”.

Na presentación poderedes facervos con exemplares do libro que tamén podedes atopar na web > http://distri.asociacionzambra.org