Sábado 15 de Marzo ás 18:00. Cruce de Colón con Príncipe.
Presentación Campaña 2008 contra o Gasto Militar e pola Obxección Fiscal.
Gastan 25.066.870.000€ totais, 520€ por persoa ao ano, máis do 12,4% do Gasto Público.
E tí...Non o gastarías doutro xeito?
A soa idea dun exército calquera leva aparellada consigo a falsa idea de civilización. A memoria de calquera civilización é, xa que logo, a memoria das súas guerras.
Porén, malia ser un asunto de máxima actualidade, non é obxecto da debida atención. Ninguén fala hoxe, por exemplo, da publicidade enganosa coa que as Fuerzas Armadas pretenden animar á mocidade toda a facer da súa vida unha aventura sen par. Ninguén fala, tampouco, dos esforzos inxentes desas mesmas Fuerzas Armadas en amosar a súa faciana máis amábel entre aqueles sectores da poboación –desde as migrantes até as persoas empobrecidas- permeábeis á diversificación de mecanismos de control social, tal que o sometemento de bo grado a súa incorporación aos circuitos asalariados vía milicia ou para adquirir a nacionalidade. Ninguén fala, en suma, da implicación directa da banca no financiamento, accionariado e I+D (investigación e desenvolvemento) da industria militar a pesares das recomendacións do Código de Conduta avalado pola UE. E, por suposto, ninguén fala da construción, nun sentido estritamente económico-militar, dunha Europa travestida en superpotencia mundial.
Con todo, o peor está por chegar. O semiclandestino Tratado de Lisboa dótase, a maiores da súa natureza antidemocrática, de toda unha serie de apartados innovadores en materia de defensa que garanten formalmente o equilibrio de poderes no seo da OTAN. Baixo o adxectivo de políticas de seguridade achamos que o referido tratado apoia un incremento substancial dos orzamentos para gastos militares, pero tamén se acolle a fórmula arbitraria de “ataques preventivos” contra posíbeis inimigos, reais ou non, mediante o uso das chamadas Fuerzas de Intervención Rápida do futuro Euroexército. Materializadas hoxe en día co envío de tropas ao Líbano, Kosovo, Bosnia, Haití, Congo, Sudán, Chad ou en calquera outro territorio simplemente aducindo á lexítima defensa dos intereses xeoestratéxicos da UE.
A liquidación de todo canto supuña unha excepcionalidade no concerto internacional en relación ao papel mediador da UE é xa un feito consumado. Por iso, e por outras moitas razóns que deliberadamente deixamos á marxe, o Espazo Aberto Antimilitar chama máis unha vez á sociedade civil a declararse en rebeldía practicando de forma masiva a obxección fiscal aos gastos militares como primeiro paso para tentar crear un amplo debate social acerca da utilidade das Fuerzas Armadas nas sociedades ditas modernas.
Espazo Aberto Antimilitar
Para descargar o panfleto: http://galiza.indymedia.org/media/2008/03//14741.pdf
Máis Información sobre a Obxección Fiscal: http://www.nonaogastomilitar.org/

“Eles din que non valemos un carallo pero durante tempos de desesperación, de guerra, sempre petan as nosas portas eles pensan que o sangue noso non vale nada e perdemos a vida dos rapaces que cren as mentiras cren que pelexan para a patria e gastan a súa vida cren que pelexan para protexer o que é noso noso? Nós non somos donos de nada son eles os que mandan”
Los crudos, “Sin caras”