19.3.16

“INDEPENDIZARSE DO CAPITALISMO. Situación actual e perspectivas” con JM Busqueta, Albert Sales e Clara Griera



É a crise un fenómeno inherente ao capitalismo, ou un froito do seu mal funcionamento? É a pobreza un dos seus efectos colaterais ou un eixo central do mesmo? 


Qué futuro nos agarda neste sistema? Existen posibilidades de enfrontarse a el?.

Estas cuestións e moitas outras sobre a situación socio-económica e política actuais e posibilidades futuras, abordarémolas con Josep Manel Buesqueta, Albert Sales e Clara Griera na mesa redonda: “INDEPENDIZARSE DO CAPITALISMO. Situación actual e perspectivas”. 

Organizada pola ODS-Coia, o GAS e a distribura Lapsus o VENRES 1 de abril ás 20:00 no local da coopertiva Árbore (R/ López Mora, 30 - Vigo).

Na mesa participarán: 
-J. Manel Busqueta, economista membro Seminari d'Economia Crítica Taifa e exdeputado da CUP. 

- Albert Sales, politólogo e sociólogo, profesor da UPF e investigador no eido da loita contra a pobreza e a desigualdade. 

- Clara Griera, integrante da cooperativa l'Olivera de Vallbona de les Monges e da CUP de Bellpuig. 

VÍDEOS DE Gz CONTRAINFO


Entrevistas:


12.3.16

Xornadas da Risga á Renda Básica 02/04/16 na Gentalha do Pichel (Compostela)


Baladre organiza o sábado 2 de abril unhas xornadas baixo o título: “Da RISGA á Renda Básica das iguais”.

Serán en Compostela en A Gentalha do Pichel (r/Santa Clara 21).

Mentres continuamos cos preparativos pedímosvos que se tedes intención de ir que nolo comuniquedes a través do email > odscoia@riseup.net.

Hai posibilidade de xantar no propio centro social, polo que se tedes idea de facelo con nós comunicádenolo.

PROGRAMA:

10:00
Presentación da xornada.

10:15 a 11:45
“Planeta carroña. O capitalismo actual e as súas consecuencias”, a cargo de J. M. Busqueta (Seminari Taifa)

12:00 a 14:00
“O seu benestar e o noso malestar”:
- “A función da pobreza no capitalismo”, a cargo de Albert Sales (sociólogo e profesor de universidade Pompeu Fabra)
- “A Galiza máis excluída”, a cargo de Leticia Castro (educadora social)

Xantar

16:00 a 17:00
“L'Olivera, 42 anos de economía social”, a cargo de Clara Griera (Cooperativa L'Olivera)

17:00 a 18:30
“Da RISGA á Renda Básica das iguais”, a cargo de Mari Fidalgo e Manolo S. Bayona (Baladre)

18:30 a 19:30
“Os Puntos de Información e Denuncia e Asembleas de empobrecidas-precarias”:
- Ruth López (Punto de Información Erletxea en Irún)
- Beatriz Lorenzo (ODS-Coia)

19:30
Lectura das propostas recollidas na xornada.

+info:
http://odscoia.arkipelagos.net/
http://www.coordinacionbaladre.org/