25.2.13

"Da RISGA á Renda Básica das Iguais". Obradoiro de ferramentas para a transformacion social.

 
Sábado 9 de marzo 
 
Hora: 11h00 a 13h30
 
Lugar: parroquia do "Cristo da Victoria" (rúa Baiona 9, Coia - Vigo)
 
Con esta xornada abordaremos a necesidade de poñer en marcha espazos e dinámicas transformadoras, que partan da esixencia dos nosos dereitos a través da denuncia e da loita. E non dende a miseria de parchear situacións de exclusión que só logran tapar a realidade de desigualdade e inxustiza que provoca o sistema capitalista.
 
Na mañá teremos dous momentos de reflexión en común:
 
1º Análise da desprotección social, partindo da RISGA. Dinamizado por María Martínez, traballadora social e por Ana Belén Méndez, profesora do Grao de Traballo Social no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
 
2º Ferramentas e estratexias para a transformación social: RBis, puntos de información, apoio mutuo, desobediencia, comunicación crítica... Dinamizado por Manolo S. Bayona de Baladre.
 
Organizan:
ODS-Coia (Oficina Dereitos Sociais - Coia) - odscoia.arkipelagos.net
G.A.S. (Grupo Axitación Social) - grupodeaxitacionsocial.blogspot.com
Baladre (Coordinación de loitas contra o empobrecemento, a exclusión e a precariedade) - coordinacionbaladre.org

15.2.13

Crónica da charla: "Represión xenófoba, políticas migratorias e estratexias de resistencia"


As tres compañeiras do colectivo Ferrocarril Clandestino comezaron a palestra cunhas breves pinceladas sobre a política da Unión Europea en relación á inmigración: fonteriras físicas e invisibles, suposta axuda ao desenvolvemento que se traduce en fronteiras situadas nos países do "terceiro mundo", etc.
 
A continuación faláronnos da campaña polo peche dos CIEs, na que xunto a outros colectivos traballa Ferrocarrril Clandestino. Ademais das actividades que se levan a cabo dentro da campaña achegáronnos a realidade do funcionamento dos CIEs e da política de expulsións do estado español.

Finalmente, presentaron outra das liñas de actuación do colectivo: a súa participación na campaña "yo  sí, sanidad universal" da que podedes coñecer un pouco máis neste enlace: yosisanidaduniversal.net

Unha vez rematada a súa presentación houbo tempo para  o intercambio de opinións e as preguntas por parte das/os asistentes.

Posto que a palestra foi gravada por GzContrainfo, poñemos o enlace para que as que non puidestes asistir poidades igualmente coñecer un pouco máis sobre o Ferrocarril Clandestino, pero sobre todo sobre o seu ámbito de traballo; a realidade da inmigración no estado español, un mundo que para a maioría de nos resulta invisible.

Vídeo palestra sobre a Renda Básica no Centro Social "Bou Eva" de Vigo


Vídeo de Galiza Contrainfo, da presentación do estudo de viabilidade da Renda Básica das Iguais en Galiza "Repartindo a nosa riqueza".

Con Manolo Sáez e Jose Iglesias:

e fotos:

Renda Básica nas rúas de Vigo

Conversa sobre Renda Básica presentada por Diego, da ODS Coia, na primeira concentración de Xuntas Podemos o 7 de febreiro 2013 diante do MARCO de Vigo.

5.2.13

PROXECCIÓNS OS MÉRCORES DE FEBREIRO no C.S.A. “A Cova dos Ratos”

MÉRCORES 6 ÁS 20:30h
“A HISTORIA DO CAMELO QUE CHORA”
Mongolia-Alemania, ano 2003. Escrita e dirixida por Byambasuren Davaa e Luigi Falorni , Documental.

Unha familia de pastores nómadas do deserto do Gobi (Mongolia) axuda no nacemento dos seus camelos. Unha delas ten un parto difícil, e nace unha cría albina. A nai rexeita ao recén nacido, impedindo que se amamante.
A familia envía entón aos seus dous fillos pequenos nunha viaxe a través do deserto na busca dun músico. Este interpreta co seu morin khuur (especie de violín típico de Mongolia) unha antiga melodia tradicional que xunto cos cánticos da muller conseguen que, cando levan de novo ao pequeno camelo á nai, ela se bote a chorar e o deixa amamantarse permitindo deste modo que sobreviva.

MÉRCORES 13 ÁS 20:30h
“A VIAXE DA TARTARUGA”
Reino Unido, Austria e Alemania. 2009. Dirección: Nick Stringer.  Documental.

Unha pequena tartaruga mariña (á que pon voz a actriz Blanca Portillo) segue o camiño dos seus ancestros nunha  das viaxes máis extraordinarias do mundo natural.
Nacida nunha praia de Florida, atravesará a corrente do Golfo ata chegar ao norte xeado, nadará polo Atlántico e chegará a África para regresar de novo á praia que a viu nacer.  

MÉRCORES 20 ÁS 20:30h 
“OS REIS DO ÁRTICO”
Estados unidos, 2007, Dirección: Sarah Robertson, Adam Ravetch. Documental. 

Seguimos a vida dunha morsa e un oso polar cuxa terra xeada onde viven estase derretindo, ameazando o seu fogar e a súa existencia. No mundo salvaxe e xeado do  Ártico, todos os anos recomeza un ciclo ancestral: un ciclo de nacemento, morte e renovación, de amor e vida, de autosacrificio e risco extremo. Dous titáns do Polo Norte, o oso polar e a morsa, comezan a súa viaxe máxica desde a indefensa infancia cara a madurez. As nais defenderán aos seus retoños con toda a forza que lles otorgou a Natureza...

MÉRCORES 27 ÁS 20:30h
“GOZADE DA PROBREZA” (Enjoy Poverty)
Holanda,  2008, Director: Enzo Martens. Documental.

Durante dous anos, Renzo Martens viaxou a través do  Congo, saliu da capital Kinshasa e seguiu no interior do  país. Cámara ao lombo, vagou entre os vericuetos da industria da loita contra a pobreza neste país, despois da guerra civil. Chegou así á conclusión de que a pobreza está feita para durar e que os pobres finalmente aproveitan moi pouco dos cartos que se destinan a combatila.

En resposta, o director lanza un programa de emancipación polo cal fai aos habitantes do Congo consientes de que o seu principal recurso é a pobreza. Instala simbolicamente un rótulo luminoso no medio do bosque que di: "Enjoy Poverty”.

Este último documental o presenta o Grupo de Axitación Social

3.2.13

CHARLA: Represión Xenófoba, Políticas Migratorias e Estratexias de Resistencia

CHARLA
REPRESIÓN XENÓFOBA, POLITICAS MIGRATORIAS
E ESTRATEXIAS DE RESISTENCIA

Ante a escalada represiva que se está a cebar co conxunto da poboación e en concreto co colectivo migrante faise necesaria a posta en común de estratexias de resistencia.

Con esta finalidade o vindeiro sábado 9 de Febreiro ás 20:30 na Cova dos Ratos (Romil, 3), contaremos coa presenza de compañeiras do colectivo Ferrocarril Clandestino de Madrid. O Ferrocarril é un colectivo que explora as consecuencias que as fronteiras teñen nas nosas vidas. Nos últimos anos teñen organizado campañas contra os controis racistas, as persecucións a manterxs e os Centros de Internamento para Estranxeiros. Sobre os propios CIEs e as políticas europeas sobre migracións falarán durante o encontro que se celebrará na Cova dos Ratos.

Organizan: GAS, ODS e Raias Traveseiras
Colabora: Foro Galego da Inmigración

Exitosa 1ª semana galega pola Renda Básica das Iguais

Seis días, nove localidades, trece presentacións, preto de 400 asistenetes aos actos...
Son algunhas das cifras desta primeira semana galega pola Renda Básica das Iguais. 
Para as persoas que nos implicamos na preparación e desnvolvemento destes días de actividades a valoración é rtemendamente positiva.
 
Cando nos botamos á estrada non sabiamos o que nos iamos atopar en cada unha das localidades: Vigo, Pontevedra, Ferrol, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo, Allariz e As Pontes. Agora podemos dicir que os encontros foron ricos e diversos con colectivos e persoas de ámbitos tan diversos como o: libertario, sindicalismo, profesional, feminismo, okupa, político... e que o intercambio foi rico e posibilitador, á hora de crear dinámicas que rachen co capitalismo.
Botando unha ollada a estes días, vemos como a proposta da RBis sae fortalecida e tamén que comeza a empapar a realidade social de Galiza. Cando hai case catro anos comezamos a pensar no estudo, éramos coñecedoras do verde que estaba esta ferramenta por estas terras. Agora recollemos con esta rolda de presentacións algúns froitos que nos animan a seguir a movernos pola RBis!
Graciñas a todas aquelas persoas e grupos que fixeron posible esta semana!
---

Enlaces da semana nos medios e na rede:

Entrevista na Radio Galega, no Diario Cultural, a cargo de Ana Romaní (a partires do minuto 8): http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-30... e no podcast:  http://www.crtvg.es/podcast_rg/0015/0015_20130130151300.mp3

No xornal-e da Universidade de Santiago: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2013_01/noticia_0102.html




Na web do colexio de educadorxs sociais de Galiza: http://ceesg.org/novas/539/1-semana-galega-pola-renda-basica-das-iguais

E moitas máis coma no diario El Progeso, en Radio Voz...
Baladre Galiza