border="0"

13.4.11

Presentación en Vigo da Campaña de Obxección Fiscal 2007 [31.03.07]


Sábado 31 de marzo ás 18:30 na rúa Urzaiz á altura do Mercado do Calvario

Poremos un posto informativo e exposición de materiais gráficos antimilitaristas.

Tamén actuación do Coro Libertario, do grupo de música africana Woïma e proxección de curtos antimilitaristas.

A páxina web aínda non a actualizamos pero, en breve estará reformada totalmente.

Orzamentos Xerais do Estado 2007. Licencia para matar

Un ano mais, os gastos militares increméntanse; un ano mais, cartos públicos vanse adicar á adquisición de avións, tanques, barcos e demais letal chatarra, e ó mantemento dun inmenso exército presuntamente humanitario; un ano mais, as carencias en sanidade e educación públicas, en pensións, en rendas de integración social, son mais que evidentes.

Un ano mais, o poder non nos vai preguntar se estamos dacordo ou non con esta política de gastos. Nembargantes, sí que hai preguntas que deberían facerse:

Que é esta cousa que mantemos, a quén sirve e para qué sirve, contra quén actúa, cánto nos custa realmente (e non soamente en cartos), de qué contas se resta para sumar na do exército? Podémonos facer estas preguntas, e logo plantexarnos sí, seriamente, queremos contribuir ó mantemento do exército, sí, de verdade, cremos que o exército contribue a nosa seguridade.

Hai xa ben tempo que vimos denunciando toda unha serie de prácticas habituais por parte dos múltiples estamentos militares que non queremos pasar por alto. Acaso abondo coñecidas por todos, certo, pero igualmente necesarias lembrar mais unha vez. Dende as innumerabeis campañas a prol da militarización desenvolvidas nas escolas ou a promoción profisional ligada ás Forzas Armadas, até o uso espectacular do exército para paliar o déficit e precariedade da man de obra durante o andazo de lumes en Galiza, pasando polas tramas de espionaxe a sindicalistas e activistas veciñais ocorridas en Ceuta. Para alén diso, a colaboración activa cos intereses xeoestratéxicos dos EUA, ben coa mellora e ampliación das infraestructuras da OTAN na Península ben co envío de novos continxentes a Afganistán trala “retirada” das tropas de Iraq, resaltan o papel subalterno do Estado español no concerto internacional cando non amosan unha complicidade entusiasta co estado de guerra global permanente deseñado dende o Pentágono.

Só así podemos entender a inquietante relevancia pública que están a coller as Forzas Armadas en detrimento dos valores democráticos e sociais, radicalmente contrarios a todo canto hai de marcial na vida das persoas. Por todo isto, e outras moitas cousas, as persoas que elaboramos este panfleto levamos adiante unha nova campaña local, declarándonos obxectores fiscais ós gastos militares por éstas e moitas razóns máis, tentando crear un debate social acerca da existencia do exéricto na sociedade actual.

http://nonaogastomilitar.org/