border="0"

24.4.11

Crónica do acto Pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar [15.03.08]

Esta é unha campaña que o Espazo Aberto Antimilitar promove todos os anos, a Obxección Fiscal (OF) é un acto de Desobediencia Civil que consiste en, á hora de facer a Declaración da Renda, non pagar ao Estado o diñeiro que este dedica á guerra e á sua preparación. A OF non supón evadir impostos, senón desviar cara proxectos sociais a cantidade que sería destinada a fins militares.

Arredor das seis e dez comezamos o acto no cruce de Colón con Principe, e permanecimos alí ata as oito e pico.

Durante o mesmo unhas inocentes víctimas tentaron levar a cabo a súa vida cotiá ignorantes do significado último do termo Globalización, esta ignorancia foi solventada coa chegada dun banqueiro que os despertou do seu soño, desde o primeiro momento tentou amedrentalos e corrompelos para facerse coas súas terras e co seu petroleo, en definitiva acabar coa súa comunidade e a súa forma de vida tradicional.

A pesar de que a estas persoaxes lles resulta doado corromper aos gobernos, neste caso os pobos optarom por resistirse e negarse ás súas apetencias. Isto non fixo máis que enfurecer á banca, que optou por chamar á xente que usa para o traballo sucio:

Os “exércitos humanitarios” e os exércitos locais á soldo dos gobernos corruptos.
A partir dese momento os militares dedicáronse a traer o progreso e a modernidade da única forma que saben: bombardeando, golpeando e arrasando todo e a todas.

A banca observou cómo a efectividade dos exércitos aumentaba canto máis mortíferas e modernas eran as armas que empregaban, así que non dubidou en apostar forte por invertir neste sector, a fin de contas cando tivesen demasiadas armas nos almacéns sempre poderían provocar outra guerra.

O final deste proceso sempre era o mesmo, víctimas amoreadas ás portas dos nosos pulcros e criminais bancos occidentais.

Durante o acto limos varias veces o manifesto deste ano e información sobre os crimes de bancos como o BBVA ( http://galiza.indymedia.org/gz/2008/03/14731.shtml), así como as cifras de inversión dos bancos e caixas locais na industria militar e o tráfico de armas.

Para facelo máis visíbel tiñamos á vista o cadro coas porcentaxes de participación dos bancos en empresas dese tipo.

Tamén montamos o puzle no que se explica cantos colexios equivalen a un mísil, cantos hospitais a un portaavións, etc.

Amenizamos o acto con música antimilitarista e repartimos varios centos de trípticos explicando a campaña.

Bastante xente se parou a ver o acto, a interesarse pola campaña e a expresarnos a súa opinión sobre a guerra de Iraq, o uso dos nosos impostos e a inmoralidade da inversión dos bancos en armas.

Ao marchar deixamos pintados os contornos das víctimas para que a clientela dos bancos pense sobre o tema, e as láminas explicando este criminal negocio pegadas nos seus escaparates e paredes.

Fotos do acto: http://galiza.indymedia.org/gz/2008/03/14856.shtml
Mais Info: http://www.nonaogastomilitar.org/