border="0"

14.4.11

Terra de todos e todas, non ao TAV/AVE [04.08.07]

O pasado 4 de agosto asistimos convidadas ás V Xornadas “Terra de Todos e Todas”, organizadas pola Asociación Ecoloxista e Cultural “Verbo Xido” de Terra de Montes. Baixo o título “AVE de mal agoiro” tivo lugar a primeira tentativa seria por dar a coñecer os efectos nocivos da modernidade en forma de alta velocidade.

As convocadas, de procedencias diversas, fomos o Sindicato Federal Ferroviario da CGT, Verdegaia, ADEGA, Vaipolorío de Pontevedra, Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro Do Carballiño e finalmente a Asociación Caleidoskopio e o Grupo de Axitación Social de Vigo.

Tanto as intervencións de Rafael Camacho -pola CGT- como Fabián Estévez –activista que foi da Coordenadora Estatal Contra a AP-9 concordaron no total rexeitamento do AVE por canto agudiza o actual desmantelamento do ferrocarril público, acrecenta o impacto social e ambiental mediante obras faraónicas, fomenta o tráfico motorizado e patrocina o elitismo social. Pero sobre todo crea unha falsa idea de progreso.

A posterior mesa redonda, constituida por tódalas agrupacións presentes, permitíu ir máis alá, sinalando polo miúdo as graves consecuencias da alta velocidade nun concello –Cerdedo- que a maiores sofre a colonización dos seus montes coa indiscriminada proliferación de parques eólicos. A máquina capitalista constitúe unha ameaza para o patrimonio etnográfico e arqueolóxico de Terra de Montes, para a flora e fauna local e por último pon en serio risco a conservación dos saberes populares.

Pola tarde retomamos as xornadas coa proxección de varios documentais sobre a resistencia contra o TAV en Euskal Herria para deseguido achegármonos até Pedre, onde fomos testemuñas das continuas agresións á memoria rebelde cerdedense representada nunha placa a sinalados militantes da desaparecida "Sociedad de Obreros y Agricultores El Trabajo”.

A xornada rematou cun percorrido que nos levou ás alturas Do Seixo para ollarmos a feitura dunhas terras ameazas de morte pola coviza humana, non sen antes afirmar a posibilidade de traballar en común de cara ó futuro inmediato contra o timo da alta velocidade.

É fundamental comezar a plantar cara e tecer redes de colaboración desde xa mesmo, porque as administracións non perden o tempo:
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=3159
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3073_4_153912__GALICIA-inexcusable-Fomento-apruebe-este-verano-estudio-VigoOurense

GAS

Outras novas relacionadas:
http://grupodeaxitacionsocial.blogspot.com/2011/04/contra-alta-velocidade-pola-defensa-do.html
http://www.box.net/shared/3xf8a6g2ou