17.12.13

Presentación do libro: "Por qué No nos Dejan Hacer en la Calle?"

Presentación o venres 27 de decembro ás 20:00h., na Cova dos Ratos r/Romil,3 Vigo.

Do libro  "Por qué No nos Dejan Hacer en la Calle?" do Grupo de Estudios Antropolóxicos "La Corrala" de Granada.

Sobre as prácticas de control social e privatización dos espazos na cidade capitalista.

Contaremos coa presenza de Juan Rodríguez Medela coautor do texto.

"Democracia, ciudadanía y espacio público son conceptos que en el discurso político habitualmente se entrecruzan y sustentan la apropiación por parte de los municipios, de normativas que pretenden fomentar y garantizar la convivencia ciudadana en el espacio público. Ordenanzas municipales que traen consigo dinámicas que lejos están de contribuir al objetivo que dicen perseguir, como la progresiva privatización del espacio público y el control social de la población.

Dinámicas que se integran en un modelo de ciudad centrado en la imagen y en el potencial turístico; una ciudad individualista, capitalista y segregadora; una ciudad que obstaculiza el encuentro de las personas que la habitan; una ciudad en la que no se vive, se sobrevive. Y una de las formas de conseguirlo es, precisamente, naturalizando una vida cada vez más regulada.ç Este fenómeno internacional presente en las grandes capitales mundiales (Nueva York, Londres...), se ha ido extendiendo por el territorio del Estado a partir de la aprobación pionera de la normativa en Barcelona en el año 2006. No sólo ha ido proliferando esta iniciativa en grandes y medianas ciudades como Burgos (2007), Sevilla (2008), Ávila (2008), Vigo (2009), Guadalajara (2009), Málaga (2010), Bilbao (2010), Alcalá de Henares (2010), Albacete (2011), Alicante (2011), Gijón (2012), Palma de Mallorca (2012), sino también en pueblos como Guillena (2011), Tui (2012), Collado Villalba (2012), Cangas (2013), etc. La dinámica expansiva no cesa, estando ya en proceso de elaboración y aprobación en ciudades como Madrid y Murcia.

A partir del caso concreto de Granada, en este libro podrás encontrar el proceso por el cual mecanismos como la ordenación de la convivencia ciudadana inciden en las dinámicas de control de la ciudadanía, en la progresiva privatización de espacios que supuestamente son públicos, además de contribuir, entre otras cuestiones, a aumentar la brecha social existentes entre unos sectores de población y otros."

ORGANIZAN: Grupo Axitación Social e Lapsus (Punto de venda de materiais críticos).

16.12.13

Centos de persoas forman unha cadea humana esixindo uns orzamentos xustos


Hoxe 15 de decembro ás 13:15 horas centos de persoas, convocadas pola ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS), formaron unha cadea humana que saíu da Parroquia Cristo da Victoria e avanzou ao longo da Avenida Castelao baixo o lema “Os cartos de todas para todas!”, co obxectivo de esixir uns orzamentos xustos para Vigo e Galiza. A cadea humana culminou o seu percorrido coa lectura do seguinte manifesto:
Os cartos de todas para todas! O dicimos na rúa, o dicimos con razóns, o dicimos colectivamente e non pararemos ata que os poderes sintan que roubarnos as nosas vivendas, a nosa saúde, a nosa educación, as nosas pensións, os nosos dereitos, as nosas VIDAS… non lles vai ser doado. Só en Galiza hai máis de 650.000 persoas por baixo do limiar da pobreza, mentres unhas poucas familias acumulan a riqueza de todas de modo insultante. Pero a crúa realidade que vivimos pode ter outra cara se somos quen de aglutinar forzas que traballen arreo pola transformación radical deste sistema asasino.
Para dita transformación hai múltiples ferramentas que poden ser útiles, sen dúbida os orzamentos de Vigo e Galiza son mecanismos moi importantes para corrixir as desigualdades e redistribuír a riqueza. Se os cartos os levan compañías aéreas ou grandes construtoras, non os haberá para garantir o dereito á vivenda nesta cidade. Se os cartos se tiran en portos exteriores ou na cidade da Cultura, non os haberá para prestacións sociais ou para a saúde de todas.

Os orzamentos non son nin de Núñez Feijóo, nin de Abel Caballero. Son nosos, son das persoas. Por iso defendemos que se dediquen a cubrir as necesidades básicas de todas. Procuramos unha vida austera e digna para todas, e non podemos agardar máis.
Pouco din do que van facer cos nosos cartos, cando algo din amosan o afastados que están da crúa realidade. Dous exemplos:
- O 29 de maio deste ano a conselleira de Traballo e Benestar no parlamento galego dixo que os cartos que a Xunta destina á RISGA fan que «ningún galego nin ningunha galega estean a pasar fame na nosa comunidade»(1). Nada dixo nesa sesión de que os tempos de agarda pola RISGA superan a legalidade chegando aos 8 ou 9 meses de agarda ou que a contía media de dita prestación por unidade familiar é inferior aos 400€/mes.
- Esta semana o alcalde de Vigo declaraba que presentarán os orzamentos municipais de 2014 «cuando sea más conveniente para la ciudad»(2). Á cidadanía de Vigo úrxelle saber cantos cartos vai poñer o concello para por exemplo garantir o dereito á vivenda na cidade ou para eliminar a “pobreza enerxética” posto que as compañías eléctricas e os propietarios das vivendas non agardan para cortar a luz ou tramitar a orde de desafiuzamento.
Por todo isto volvemos a chamar á nosa xente para unirse nesta cadea humana coa que esixir uns orzamentos xustos para Vigo e Galiza. Temos moi claro que xuntas somos máis fortes e que precisamos con urxencia que os cartos de todas estean a disposición das persoas e das necesidades básicas para a vida.
Como hai un ano rematamos:
Porque é urxente, resposta inmediata ás situacións de emerxencia social das familias!.
Porque é a súa obriga, incremento significativo do investimento social nos orzamentos!.
Porque é de xustiza, respecto aos dereitos sociais de todas as persoas!.
 Coia, 15 de decembro de 2013
ODS-Coia, G.A.S. e Parroquia “Cristo da Victoria” – Coia
Na prensa:

11.12.13

Activistas canarias detidas 5 horas no Aaiun, trala represión marroquí dunha manifestación pola autodeterminaión do podo saharaui


Onte, 10 de decembro, tivo lugar unha manifestación no Aaiúcon motivo da celebración do día dos DD.HH. e para denunciar o acordo pesqueiro con Marrocos aprobado polo Parlamento Europeo. Durante a manifestación, a intervención das forzas represoras marroquís deixou como resultado decenas de persoas feridas e a detención de sete integrantes do colectivo SaharAcciones. As detidas permaneceron retidas durante cinco horas nas que foron interrogadas e deixadas á súa sorte pola embaixada do Estado español, aliada do estado marroquí -estado silenciador do que lle está acontecendo ao pobo Saharauí-.

As activistas, tras ser liberadas da comisaría central do Aaiún, falaron coa representante do consulado, quen confirmou que podían quedarse coma turistas, mais que nin se preocupou polo estado das activistas nin pola forma das súas detencións. 

Despois da posta en liberdade, as activistas pasaron a noite a cuberto, acollidas por xente do pobo saharauí, un pobo, o sahara, esquecido e abandonado pola totalidade dos estados; mentres que eses estados non dubidan en precipitar a súa intervenciónliberadora cando os intereses das multinacionais vense ameazados. O que nos move e o que move a estas activistas é un simple desexo de liberdade para que os pobos poidan decidir e elixir os seus destinos.
 
 As persoas que conforman Baladre na Galiza non podemos deixar de dar voz á causa da liberdade e autodeterminación do pobo Saharauí. Do mesmo modo, non podemos deixar de denunciar a represión contra as compañeiras e as activistas locais e rexeitamos totalmente que o Estado español e a Unión Europea nos fagan cómplices da tortura e opresión dos pobos, en defensa de intereses pesqueiros, comerciais e estratéxicos.




Na prensa:



10.12.13

Da Xestión da Saúde á Saúde da Xestión! Folga de Sanidade 10/12/13

Áreas de Xestión Clínica, privatización de hospitais e centros de atención primaria, recorte do orzamento sanitario, retirada de medicamentos, repago dos que permanecen no sistema, pagamento de próteses e ambulancias, redución de servizos comúns, peche de especializades e unidades de atención, exclusión directa de parte da poboación do sistema sanitario, vía Real Decreto Lei 16/2012, e un longo etcétera.

Non son medidas improvisadas de urxencia para afrontar unha suposta situación de crise inesperada. A privatización da sanidade e de todos os servizos “públicos” ren­dibles, xunto ao desmantelamento dos que non o son, era xa un dos principios consti­tuíntes da Unión Europea, un feito ansiado polos grandes grupos económicos que se están a beneficiar del e unha realidade ensaiada dende hai tempo a menor escala.

Agora ben, esta realidade non ten só unha dimensión económica senón tamén po­lítica. A eliminación de toda cobertura e dereitos sociais vai ligada á creación dun mer­cado de traballo totalmente desregularizado e precarizado, cunha man de obra cada vez máis barata e servil. O obxectivo final é desposuírnos absolutamente de todo, de xeito que teñamos que pregarnos ás condicións que o “mercado” nos impoña, sexan cales sexan, para poder aspirar a cubrir as nosas necesidades máis básicas.

Pero a implantación desta nova “orde de cousas”, a pesar do grande aparello mediáti­co lexitimador que a acompaña, é de agardar que xere oposición. Ante isto, o Estado tenta blindarse cunha nova reforma do Código penal e unha Lei de “seguridade cidadá” que criminalizan, perseguen e castigan duramente calquera intento de disidencia, ao tempo que tenta construír novas supostas ameazas “extremistas” que lexitimen a súa actuación e coas que se busca distraer a nosa atención dos nosos verdadeiros problemas.

Aínda así, a oposición existe e, no caso da sanidade, materialízase en iniciativas como:
* A ocupación veciñal de centros de atención primaria para evitar o seu peche, le­vados a cabo fundamentalmente en Catalunya.
*Desobediencia do persoal sanitario a aplicar o RDL 16/2012, fomentada pola cam­paña “Yo sí, Sanidad Universal”.
*Boicot á Cruz Vermella pola súa entrada no negocio das transfusións de sangue na Comunidade de Madrid.

E unha morea de accións que polo de agora non son suficientes.

Cómpre que nos rearmemos ideoloxicamente, tomar novos folgos e volver a de­fender o que nos corresponde, que non pasa por cambiar os ocupantes dunha cadeira, senón por recobrar a capacidade de decidir e xestionar as nosas vidas. Necesitamos volver a atoparnos, recuperar –ou directamente crear– a verdadeira loita sindical, so­cial e veciñal en todas as frontes e superar o delegacionismo e a apatía que nos invade.


Porque a verdadeira loita, colectiva, non debe ser pola sanidade, senón pola SAÚDE!

5.12.13

Vídeo Marchas 30 anos de Baladre


Este ano que está a punto de rematar cumplíanse 30 anos da existencia de Baladre como coordinación. Para celebralo pusémonos este verán en marcha (Para todas Todo!, RB´is e moito máis). Destas marchas xurde o vídeo que vos presentamos a continuación. 

Igualmente  deixamos a modo de recordo o anterior vídeo tamén con motivo dunha marcha, a do 94. 

Marcha 30 anos de baladre

Marcha contra o Paro do 1994

Mari Fidalgo vídeo charla "Desmontando o heteropatriarcado"


A pasada fin de semana Mari Fidalgo, compañeira de Baladre, axudounos a desmontar o heteropatriarcado na xornada formativa sobre a Renda Básica das Iguais.
O 2014 traerá, non sabemos aínda cando, un libriño de Baladre sobre RBis e feminismo, no que teremos as reflexións de Mari e doutras compañeiras sobre estas cuestións tan necesarias para parir outros modos de vida.
Un anaco da súa exposición neste vídeo: www.youtube.com/watch?v=xFoK3JtVDb4&feature=em-upload_owner

Debate en Galiza Ano Cero: ¿Qué significa ser pobre?


Achegamos o vídeo do debate no que participaron as compas Mari Fidalgo de Baladre e Diego da ODS-Coia, que contou tamén coa presenza de Fran del Buey e de Daniel López. Moitas grazas á xente deGaliza Ano Cero polo seu traballo de comunicación! Así presentan na súa web o debate que leva por título "Que significa ser pobre":
Un dos efectos máis notábeis do actual proceso de recesión económica é o aumento do empobrecemento xeral e das taxas de cidadáns e cidadás con dificultades no acceso aos servizos públicos.
Sen embargo, o relato xerado arredor desta situación móvese entre dous vectores: o da criminalización de quen padece de xeito máis extremo esta coxuntura e, á vez, unha espectacularización da mesma, ante a que a única saída proposta parece ser a caridade.

Informe de Utopía Contagiosa sobre o gasto militar para 2014


A xente de Utopía Contagiosa envianos o informe que elaboraron sobre o gasto militar para 2014 e que leva por título: "Gasto militar 2014. Las mentiras militares".
Nel atopamos que segundo as súas estimacións o Estado Español vai gastar "27.345,78 millones de euros para 2014, de los cuales casi 8 de cada 10 euros están escondidos, entre 12 y 13 ministerios".
O informe o tedes neste enlace:http://es.scribd.com/doc/188967501/gasto-14-pdf