Este 1 de maio, a xente do GAS, Caleidoskopio, CS A Formiga e Servizo de Información Social de Coia, xunto con algunhas compas da Comisión de Denuncia de Galiza decidimos participar na mani da CXT e CUT levando unha faixa co lema “Encadeadas ao traballo, Contra a explotación laboral nas prisións” a idea era entre outras visibilizar a explotación laboral que se produce tamén nas cadeas, ademais de denunciar a súa propia existencia, reclamar dereitos para as reclusas etc.
Ademais algunhas iamos con monos brancos con raias e encadeadas a unha bola de “precariedade”, “represión” e “explotación”.
Máis imaxes do bloque: http://galiza.indymedia.org/gz/2009/05/19548.shtml
Caleidoskopio e GAS pola súa banda repartiron este panfleto:
Fronte ao paro, a pobreza e a exclusión social, Eliminemos as nosas cadeas!
Se xa durante os últimos anos o número de persoas empobrecidas, excluidas das políticas garantistas ou en traballos precarios avanzaba sen pausa como síntoma intrínseco e inseparábel da lóxica capitalista, coa crise que se acentuou desde o ano pasado este problema maniféstase imparábel.
No discurso da clase dominante e dos seus medios de comunicación trátase o “fenómeno” do paro e da pobreza como se fose nada máis que unha novidade. O seu obxectivo é ben claro, evitar calquera crítica radical e profunda dun sistema inxusto e irracional como é o capitalista.
Favorecer en suma a perpetuación dunhas condicións de opresión e sometemento que lles reportan cuantiosos beneficios. Para isto, intentan debuxar un panorama onde o problema non se atopa no sistema no seu conxunto, senón en certas condutas e comportamentos que se deben regular, reformar, “refundar”.
En base a isto, a liña de actuación do goberno do Estado Español e do resto de gobernos capitalistas foi clara: engordar con milleiros e milleiros de millóns de euros as arcas dos bancos, uns dos culpabeis ao tempo que grandes beneficiarios da crise, co presunto obxectivo de sanear as súas contas e protexer os seus intereses. Por outra banda aínda que coa mesma excusa, o goberno autoriza sen nengunha piedade algunha un ERE tras outro deixando na rúa a xa preto de cinco millóns de persoas, moitas das cales a estas alturas xa estan vendo esgotada a súa prestación por desemprego e obrigando a que familias enteiras camiñen na corda frouxa da pobreza e da exclusión social.
A pesares que desde o Estado pretendan facernos crer que os nosos dereitos sociais e laborais non corren perigo, a realidade que vivimos a cotío é ben distinta. Desde a Xunta de Galicia confirman o aumento sustancial de solicitudes nos últimos meses das prestacións sociais RISGA (Renda de Integración Social de Galicia) e AES (Axuda de Emerxencia Social). A Risga a solicitaron 2.668 familias en 2008 –un 21% máis que en 2007–, mentres que a prestación de emerxencia a demandaron 3.301 –un 10% máis que o pasado ano. Os motivos dun tal repunte resultan do desemprego masivo e da ausencia de calquera outro tipo de ingreso. De aí que a procura de solucións nos diversos servizos sociais esté á orde do día. Ante esta situación, a resposta da administración está a consistir no endurecemento dos requisitos de solicitude destas axudas, co pretexto do esgotamento dos orzamentos.
A falacia deste discurso atópase por exemplo no aumento ano tras ano dos gastos militares nos orzamentos do Estado (24.594,31 millóns de euros para o 2010), nos milleiros de millóns regalados á banca, nos inmensos orzamentos adicados á construcción de obras e infraestruturas elitistas, inncesesarias e cun grande impacto social, económico e medioambiental como o Tren de Alta Velocidade. Máis tamén no incremento dos soldos dos políticos e no pago de millonarios soldos vitalicios, así como da gran suma que o Estado aporta en forma de subvencións a empresas baixo a extorsión e ameaza de deslocalización, etc.
Segundo a premisa “para elas todo e para nós nada” a única alternativa real que plantexa o sistema capitalista fronte ao paro e a pobreza en xeral son os cárceres. No que levamos de ano ingresaron nas cadeas un total de 1.380 novas persoas presas, alcanzando xa a astronómica cifra de 74 mil persoas confinadas nos centros penitenciarios do Estado, converténdose, desde xa hai tempo, no Estado da Unión Europea con máis persoas privadas de liberdade, 156 por cada 1000 habitantes fronte a media da UE de 112 por cada 100.000. Que o Estado Español sexa tamén o lugar onde existe a maior taxa de desemprego, é algo que non se pode separar do antedito, facendo máis nídia se for preciso a relación incuestionábel entre a pobreza e a existencia dos cárceres.
Aliás cómpre denunciar a explotación laboral que se está a vivir dentro das prisións, onde as persoas presas son contratadas de forma verbal deixando o cumprimento do contrato á vontade dos empresarios, non tendo dereito nin a convenio nin ao salario mínimo e cobrando unha miseria polo seu traballo baixo a falsa excusa da “reinserción” e da promesa de ventaxas e recompensas.
Fronte a toda esta coxuntura seguimos a defender unha vida plena, tanto no eido social como no individual, baseada na xustiza, na igualdade e nunha relación de respecto e armonía coa natureza. Onde os nosos Dereitos Sociais básicos non dependan da vontade deste sistema; por iso esiximos un reparto xusto da riqueza a través da implantación da Renda Básica das Iguais (RBis). Entendéndoa como o dereito de todos e todas a percibir unha contía periódica (unha parte en man e outra en gasto colectivo: vivenda, educación, sanidade, etc.) que cubra as nosas necesidades básicas.
O modelo de RBis que defendemos ten as seguintes características:
- Ser unha renda individual (non familiar)
- Ser universal (non contributiva e para todas)
- Ser incondicional (independente do nivel de ingresos e do mercado de traballo)
- Ser unha contía suficiente que ha de chegar cando menos ao limiar da pobreza.
Non queremos unha sociedade asistida nin tampouco aceptar empregos (cando os ofrecen…) que destrúen o territorio e non só non aportan nada, senón que perpetúan o noso sometemento como explotadas e oprimidas. Defendemos a Renda Básica (Das Iguais) non como alternativa, senón como ferramenta anticapitalista !, Fronte a este tsunami de precariedade, despidos, pobreza e recortes de dereitos sociais precisamos instrumentos eficaces e reais que nos permitan resistir ás súas brutais agresións e que, á vez, nos permitan avances na construcción dun mundo novo, sen capitalismo.
Grupo de Axitación Social e AC Caleidoskopio
Texto repartido pola Comisión de denuncia:
O dia primeiro de maio lembra aos/ás “mártires de Chicago”, asesinad@s pola clase empresarial e o seu instrumento favorito: o Estado. Lembra a loita de décadas da clase obreira non só por mellorar as condicións laborais como hoxe pretenden os sindicatos pactistas, senón por acadar un mundo mais xusto e igualitario, sen xerarquias.
Hoxe na Galiza e no resto do Estado amoreanse nas cadeas milleiros de homes e mulleres, aplicando solucións penais a conflictos de clase, facendo que as clases traballadoras se disciplinen no traballo, na sumisión a un Estado cada vez mais nidiamente policial e, senon alcanza, polo ingreso na cadea.
E nesta cadea xa non rexen as leis formais das que tando se gaban. Na cadea impera a tortura, a prepotencia deses que se alcuman traballador@s (carceleir@s, policías, gardas,…) e non son mais que mercenari@s. Impera a falta de atención médica e psiquiátrica, as cadeas perpetuas encubertas, o medo. Manda o negocio para empresas que explotan en talleres penitenciarios con salarios que non ven nen de lonxe o SMI, onde non se recoñece a figura do despido, cunha sinistralidade laboral inda superior a d@s traballador@s na rua …..El@s tamen teñen os seus dereitos laborais, mas nen sequera poden sindicarse nen asociarse para os defender ……
Na Galiza, tramitanse tres querelas por torturas no penal de Teixeiro. Ven de presentarse unha denuncia por torturas en A LAMA. Hai menos de un mes morria enforcado un preso en Pereiro de Aguiar… Dezanove persoas levan morto nas prisións no que vai de 2009, 4 en dependencias policiais e unha rapaza cando era conducida a eso que chaman un centro de menores e nos chamamos cadeas para nen@s.
A clase traballadora reinvidica os seis dereitos sociais. Mas hoxe, tamben reinvidica un mundo onde non se xestione a pobreza ca prisión, ca policía, ca asistencia social represiva, co reformatorio… E que por riba, a clase empresarial segue a facer fortunas co negocio da cárcel, dos talleres nas prisión, cas cadeas privadas para nen@s. E a xente pobre na cadea.
Hoxe, a Comisión de Denuncia da Galiza marcha lembrando aos/ás mártires da clase obreira e entre el@s, a clase obreira que son @s pres@s que sofren a cotio nas cadeas do estado español.
Neste primeiro de maio, non estamos tod@s, faltan os pres@s.
COMISION DE DENUNCIA da Galiza