border="0"

12.4.11

O Tren de Alta Velociade (TAV/AVE) e o seu grande impacto ambiental e social [30.03.07]

A pesar do que diga a xente que quere xustificar a súa construcción, non responde ás necesidades reais de comunicación de Galiza. Estas deberían fundarse na accesibilidade para todas as persoas (sen excluir á xente do rural ou á xente con poucos recursos), en vez diso todo o investimento se destina a infraestruturas e servizos elitistas, ao mesmo tempo que o tren convencional se volve perigoso, incómodo, caro e insuficiente.

A falta de inversións axeitadas para o seu mantemento e o enfoque puramente economicista, (buscando a rendabilidade sobre as necesidades sociais), provocou o peche de numerosas liñas, de feito que o tren deixou de ser o nexo entre os pobos e vilas, forzando todavía máis ao uso do coche.

A realidade é que se aposta por destruir e abandoar o rural, a alta velocidade conecta ás grandes cidades que seguirán crecendo descontroladamente, mentras ao rural non se lle da valor por sí mesmo, só polo que poida servir as grandes cidades: Para ter a segunda residencia, construir parques temáticos para ir na fin de semana, ou servir aos intereses económicos, terreo para polígonos industriais, para o paso das grandes infraestruturas de comunicación, producción enerxética, etc.

A súa imposición no estado español, ven asociada ás grandes remodelacións (e pelotazos) urbanísticas de Barcelona ou Sevilla, cando optaron pola súa transformación en cidades marca e espectáculo, aproveitando grandes eventos como a Expo ou as Olimpiadas, (algo parecido ocorre agora con Zaragoza), isto provoca no resto de capitais un espíritu de imitación confundindo ese progreso e crecemento económico (dunhas poucas empresas claro) coas necesidades reais das poboacións.

Estes anos de historia do AVE permiten unha análise do que pode supoñer en Galiza:

-Incrementos disparados dos prezos do billete. Coma exemplo, Sevilla-Madrid: hai 15 AVEs ao día: 69.80euros (ida), por unha viaxe de 2 horas e media. A única alteernativa: voltar ao autobús: 5 horas 17.5 euros, porque as dúas horas e media que te “aforrarías”, terías que acabar invertíndoas en traballar máis horas para pagar os billetes!!.

-Elitización do transporte ferroviario. os elevados prezos das viaxes, fan que a gran maioría dos billetes sexan comprados directamente por empresas, para desprazar as persoas que ocupan cargos directivos.

-Destrucción de aldeas e barrios. Por todo o que implica a súa construcción, e porque, unha vez en funcionamento, supón unha barreira totalmente infranqueábel e máis perigosa co tren convencional. Podemos pensar no soterramento de vías cando pase por zonas urbanas, pero nalgúns casos fixeron falsos tuneis cubrindo as vías con muros de 14 metros de alto.

-Illamento. A finalidade do AVE é unir dous puntos á maior velocidade posible. Obviamente, os puntos que interesa unir; aqueles que son económicamente rendabeis, e non aqueles nos que sexa socialmente necesario, o AVE é unha infraestructura de imposición: a súa implantación supón a curto ou medio prazo a desaparición das liñas convencionais de forma que non haxa competencia ao AVE.

-Destrucción do territorio. Non existe nada, nin vilas, nin ríos, nin tan sequera montañas; o tren ten que ir en liña recta e todo o que se lle opoña, quítase do medio .

-Custe enerxético. Cando se poña en funcionamento o tren, a previsión de gasto eléctrico será equivalente a unha cidade de varios milleiros de habitantes. ¿Cómo se alimentará o AVE en Galiza?. ¿Cantas veces quedarán ás escuras as aldeas polas que pase?. ¿Cantas novas hidroeléctricas, térmicas, “molinillos” e estacións e subestacións eléctricas se xustificarán?

-Especulación urbanística. Ao longo de todo o seu percorrido, a entrada do AVE aproveitase para deseñar Peris ao seu redor; afectar vivendas nas que logo se levantarán edificios, ou remodelar estacións en moitos casos para crear zonas comerciais, hoteis, pisos, etc e sen aumentar o espazo destinado a usos ferroviarios

-Obras, e todo o que iso implica a nivel de movemento de terras; problemas coas augas; ruído, etc. Para comprobalo, basta achegarse ás obras que xa se están realizando en Ourense. pero, ¿qué pasará ó chegar ás zonas máis poboadas; a Teis, a Sárdoma....O que sabemos é o que está pasando nos lugares aos que está chegando: aparición de fendas nas vivendas (que ninguén quere asumir) afundimento de rúas, etc (el Prat de Llobregat, Xaneiro 2007).Unha vez máis, os beneficios privados por diante dos intereses sociais. Polo de agora, FCC-Acciona teñen adxudicado xa o tramo Vigo-Redondela: 7Km por 183.19 millóns de euros (máis de 30000 millóns de pesetas!!).

No caso de Vigo está vinculado á desfeita do PXOM e á futura construcción da chamada Ronda de Vigo. Entraría desde Redondela por Teis, percorrería parte da cidade, e cunha estación en Sárdoma, continuaría o seu percorrido cara Porriño.

Pretenden facer dous grandes tuneis un baixo Vázquez Varela dew 1,2 km (entre a actual estación e Sárdoma) e outro baixo o monte de Puxeiros de 6 km, o tramo de Sárdoma será ao aire libre con tres viaductos. No camiño destruirán vivendas en diferentes barrios, se ben todavía non se sabe o alcance real da desfeita que nos agarda.

Galiza non precisa a alta velocidade, xa que é un medio únicamente útil como bandeira electoral e transporte das élites económicas, un símbolo do modelo de transporte insostíbel da Unión Europea (asumido acríticamente polo estado español) e dun modelo económico igualmente autodestrutivo.

Grupo de Axitación Social e Asociación Caleidoskopio