border="0"

15.4.11

Presentación de Alegacións ao AVE en Pontevedra [27.11.07]

Na mañá do 27 de novembro varios grupos contrarios á Alta Velocidade, entregamos na Subdelegación do Goberno de Pontevedra alegacións contra este proxecto e referidas ao estudo presentado para o tramo entre O Carballiño e Barro.


Estas alegacións son asinadas polos seguintes grupos e asociacións:

• ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)

• Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra

• Asociación ecoloxista e cultural Verbo Xido, Terra de Montes

• Chamoso Lamas, Carballiño

• Matar por Matar Non, Carballiño

• GAS (Grupo de Axitación Social), Vigo

• Asociación Caleidoskopio, Vigo

• Centro Social “A Revolta”, Vigo

• Colectivo Nacionalista de Marín

• Foro Social de Cangas


En Pontevedra, a 27 de outubro de 2007

Sr. “Subdirector General de Planes y Proyectos de Infraestructuras Ferroviarias” do Ministerio de Fomento
Plaza Sagrados Corazones n.º 7, 28071 Madrid

Referencia: “Información pública del Estudio Informativo del Proyecto de la Línea de Altas Prestaciones a Galicia. Tramo Ourense-Vigo”.

Os grupos e asociacións abaixo asinantes, tendo coñecemento do Estudo Informativo que atinxe ao proxecto de Alta Velocidade entre Ourense e Pontevedra, posto a información pública no BOE nº 227 de 21 de setembro de 2007, diante da Subdirección General da que vde. é titular, queren facer as seguintes consideracións:

• Consideracións previas:

• Apostamos polo ferrocarril como medio de transporte máis adecuado desde o punto de vista ambiental e social, fronte a outros alternativos e, de forma particular, fronte ao transporte por estrada. Esta afirmación non nos pode levar a aceptar acriticamente calquera proxecto baseado nese medio de transporte.

• Rexeitamos esta infraestructura por considerala innecesaria e non axeitada ás necesidades de transporte que require o noso territorio.

• Entendemos que o elevadísimo custo económico do proxecto non está xustificado, menos aínda tendo en conta as carencias que padecemos en recursos sociais, sanitarios e educacionais básicos.

• Por estas razóns consideramos que este proxecto:

1. Promove o desequilibrio territorial potenciando as grandes aglomeracións e contribuíndo ao despoboamento a à degradación das zonas periurbanas, destrozando as aldeas que atravesa e facendo que elas mesmas se isolen e perdan accesibilidade.

2. É enerxeticamente insustentábel: a potencia requerida para obter altas velocidades consome necesariamente máis enerxía. Entendemos que Galiza está a ser sobreexplotada enerxeticamente e achamos unha forte vinculación do TAV cos planos enerxéticos xerais que contribúen ao cambio climático e que responden aos intereses das grandes empresas multinacionais da enerxía.

3. Arrasa os hábitats naturais, ameaza os montes con túneles que provocan un grave impacto no subsolo e no sistema de acuíferos poñendo en perigo as reservas de auga. Nos quilómetros que discorren pola superficie esténdense viaductos, recheos e terrapléns que devastan as paisaxes, os espazos rurais de potencial valor agrario, e provoca un grave impacto acústico que afecta a calidade de vida das persoas e a biodiversidade da zona.

4. Favorece a desertificación das zonas rurais, impide o desenvolvemento de planos de recuperación das zonas agrarias, contribúe ao abandono do monte e acaba con amplas zonas de bosque autóctono, potencia un modelo de turismo concentrado no territorio e favorece a destrucción do litoral.

5. Non implica a reducción de outros tipos de transporte; xa que, segundo temos constatado, paralelamente à posta en servizo de máis liñas de AVE no Estado o tráfico aéreo e por austoestrada aumenta sen cesar. Este tipo de transporte non está concebido como unha competencia entre as estradas, os trens e os avións; senon que contribúe a un desenvolvemento simultáneo e coordenado de todo o resto de infraestructuras.

Logo destas consideracións, e de acordo ao dereito, queremos formular diversas obxeccións á proposta peresentada polo citado Ministerio para o trazado do TAV, obxeccións que se concretan nas seguintes alegacións diferenciadas polos diferentes tramos afectados polos trazados propostos:


A Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes « Verbo Xido », inscrita no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia e nos rexistros de asociacións dos Concellos de Forcarei e Cerdedo, unha vez expresadas as razóns de fondo polas que rexeitamos a utilidade pública do TAV entre Ourense e Vigo, quere facer as seguintes alegacións concretas aos trazados da Alternativa 1 Carballiño Sur-Cerdedo Sur e a Alternativa 4 Carballiño Sur-Cerdedo Norte:

Alternativa 1 (Cerdedo Sur)
1º) Hai que resaltar, que o Estudio de Impacto Ambiental (EIA) non fai ningunha referencia aos impactos producidos no eido patrimonial, quer no natural e paisaxístico, quer no arqueolóxico, quer no etnográfico e arquitectónico, cando o trazado, inzado de grandes viaductos de máis de 50 metros de altura, tuneis desmontes e terrapléns que desprazarán millóns de m3 de terra, se sitúa entre 50 e 250 metros dos seguintes elementos, situados na orientación Leste-Oeste dende a súa entrada no Concello de Cerdedo :
1. Casa dos Taboada, situada en Cachofés, e afectada moi gravemente polo trazado. Segundo o cronista da Terra de Montes D. Antonio Rodríguez Fraiz, é un dos inmobles máis significativos da parroquia de Folgoso, figurando as tallas de Santa Bárbara e dous gardas civís no seu portón como unha das obras máis sinaladas dos canteiros da bisbarra (ver Gran Enciclopedia Gallega, voz Folgoso). Foi antiga Casa Rectoral, e ten un hórreo de boa feitura.

2. Antiga Casa do Concello, Cachofés.

3. Casas con arco e zaguán, Cachofés.

4. Cruceiro a carón da estrada Nacional 541, no cruce coa carreteira do Pego e Vilariño.

5. Carballeira, Covas.

6. Muíños, Covas.

7. Estación arqueolóxica do Couto das Mámoas, enriba do túnel de Mimoas, consta de 2 mámoas do Neolítico-Calcolítico.

8. Grupo de 6 hórreos, Cernados.

9. 3 eiras, Cernados.

10. Soutos de castiñeiros, Cernados

11. Veiga dos Muíños (6 muíños e unha serra hidráulica, xa consignados no Catastro de Ensenada de 1752 : o do Santés, dos Ranchelos, Serra de Rosende, de Figueiroa, dos Netos, do Coxo), no río Lérez, A Coveliña-Figueroa.

12. Casa Rectoral, San Martiño de Figueroa.

13. Cruceiro, San Martiño.

14. Igrexa parroquial, San Martiño

15. Horreo de pedra e hórreo sobre fonte, San Martiño

16. Casas adosadas, Vichocuntín-Pedre.

17. Cruceiro e peto, Vichocuntín-Pedre.

18. Ponte de Vichocuntín sobre o río Lérez, século XVIII.

19. Area de baño a carón da ponte de Vichocuntín.

20. Camiño Vello dende Cernados-Arén-Cerdedo-Lourido-Limeres-Pedre-Serrapio, seguindo o curso do río, afectado polo trazado fronte a Vichocuntín. Seguindo este Camiño se implementou a Rota de Sendeirismo « Pontes do Lérez ».

21. Casa Grande, tamén chamada « Casa da Inquisición », Quinteiro do Salgueiro, Pedre.

22. Grupo de 9 casas, 4 habitadas e 5 sen habitar, O Salgueiro, Pedre.

23. Cruceiro de O Salgueiro, Pedre.

24. 5 hórreos, O Salgueiro, Pedre.

25. Muíño de O Salgueiro, Pedre.

26. Eira empedrada, O Salgueiro, Pedre.

27. En xeral a vexetación de ribeira nos ríos Castro, Lérez así como outros regueiros afluentes, composta por carballos centenarios, freixos, bidueiros, ameneiros e avelairas.

28. En xeral, unha paisaxe agraria definida por sistemas de agras con bancales e muros en xeral ben conservados.

2º) Os LIC Río Lérez e Serra do Cando incluídos no Concello de Cerdedo, resultarían afectados e devaluados, tanto pola invasión (fronteiriza ou efectiva) do trazado, como polos seus « efectos colaterais » (contaminación acústica, visual, electromagnética...) na flora, fauna (efecto barreira), rede fluvial, habitats, e paisaxe en xeral. A anotar, especialmente, os impactos irreversibles previstos na contorna de Cachofés, Río Lérez no viaducto previsto na zona de Figueroa, Vichocuntín e o barrio do Salgueiro en Pedre.

3º) No caso dos acuíferos, manantiais, fontes e hidroloxía en xeral, resultarían afectados (zona de afección, ata 100 metros de distancia nos recursos hídricos superficiais) por esta alternativa :

29. Fonte da Braña, Cernados.
30. Fonte e Lavadoiro de Cernados.
31. Fonte e Lavadoiro do Campo da Carballeira, Cernados.
32. Fonte e Lavadoiro de Sumartiz, Cernados.
33. Manantiais do Monte Sartal, que abastecen a Cerdedo.
34. Fonte e Lavadoiro da Torrente, Cerdedo.
35. Fonte da estrada, O Campo, Cerdedo.
36. Fonte da Capitana, Cerdedo.
37. Fonte do Barrio Baixo, Cerdedo.
38. Fonte da Mina, Cerdedo.
39. Fonte de San Pedro, barrio de San Pedro, Cerdedo.
40. Fonte e Lavadoiro dos Carballos, Cerdedo.
41. Fonte da Barreira, Cerdedo.
42. Fonte e Lavadoiro de Agrovello, Cerdedo.
43. Fonte e Lavadoiro dos Tornos, Outra Aldea, Cerdedo.
44. Dúas fontes no Cemiterio, Cerdedo.
45. Regueiro de Valos Miúdos, Baloutas-Cerdedo.
46. Regueiro do Covelo, San Martiño.
47. Manantiais de Os Chaus, Lavadoiro, Mexadoira, Píos, Salgueiro, en Pedre.
48. Fonte das Cachadas, Vichocuntín-Pedre.
49. Manantiais (15) correspondentes aos 4 depósitos de auga de Pedre.
50. Regueiro de Cabreiros-Obra do Conde, en Pedre.
51. Fonte de Arriba, Pedre.
52. Fonte do Peto, Pedre.
53. Fonte da Eira Grande, Pedre.
54. Fonte de Fondo de Aldea, Pedre.
55. Lavadoiro de O Salgueiro, Pedre.
56. 2 presas de rego, Pedre.

4º) O nivel de ruído admisible nos núcleos urbanos (60 db. no día/50 db na noite), se supera en :
57. Cachofés
58. Figueiro
59. Covas
60. Cernados
61. San Martiño
62. Vichocuntín
63. Pedre

5º) No aspecto económico, a perda de terreo agrario hoxe en activo (gandeiría, sobre todo, mais tamén invernadoiros e cultivo de horta e cereais), particularmente en Folgoso, Figueroa, San Martiño, Vichocuntín e Pedre, daría lugar a unha aprezable diminución de recursos que influirían nas expectativas de futuro destes núcleos, habida conta ademáis da cativa retribución destes terreos (3 €/m2) nas expropiacións. Asemade, a devaluación de elementos tanto do patrimonio etnográfico-arquitectónico como do patrimonio natural, afectaría en grande medida a diversas Casas de Turismo Rural existentes tanto na parroquia de Folgoso como na de Pedre, afectadas ademais por el impacto do trazado nas rotas de sendeirismo actualmente deseñadas (Rota « Pontes do Lérez ») ou previstas (Rota dos Muíños Loureiro-Figueroa). Estes impactos en ningún caso están valorados no Estudio Informativo, como tampouco o están os custos económicos que recaen nos pequenos productores agrarios debido á barreira introducida polo trazado, dificultando os accesos nun territorio onde as propiedades están diseminadas. Tampouco encara o Estudio Informativo a devaluación dos inmobles situados a menos de 250 metros do tendido en Outeiro, Cachofés, Figueiro, Covas, Cernados, Vichocuntín e Pedre, que recaerían nos respectivos propietarios. As devanditas circunstancias, de certo levarían de seu unha segura perda de poboamento nun concello que xa está nos seus límites de reproducción.

6º) O EIA non valora o impacto nin das ocupacións temporais que leva aparellada a obra (parques de maquinaria, plantas de cemento, ....), nin das infraestructuras permanentes (apertura de pistas, entulleiras....), de presumible forte impacto no medio.

7º) O EIA tan só se refire á reposición de estradas (por ex. A Nacional 541 ao seu paso por Cachofés, a de Cerdedo a Quireza por Deán), pistas, ou camiños principais (o do Couto, en Folgoso). Non obstante, non ten en conta en absoluto o tecido de pequenos rueiros que serven de conexión no rural aos propietarios coas súas fincas. Por exemplo, no caso de Pedre, non se fala para nada da interrupción dos camiños de Castelos, Veiga do Crego, Lombas, Pousadoiro, Salgueiros, Pradiñas, Chouzas, Mexadoira, e a carreteira dos Píos que afecta á Redonda e As Raposeiras. Esto podería ser aplicable a todo o trazado.

8º) Existen contradiccións e incongruencias entre os planos do trazado que inclúen o emprazamento de tuneis e viaductos, coa descripción do tendido na Memoria de Impacto Ambiental, no seu apartado de Alternativas de Trazado. Así, na páxina 129 fálase dun túnel á entrada de Pedre, cando nos planos o tal túnel non figura por ningures.

9º) En conclusión, unha intervención como a que se pretende na zona, suporía a fragmentación dun conxunto etnográfico, histórico, arquolóxico e natural de suma densidade e fraxilmente articulado; unha intervención que racharía a estructura da paisaxe humanizada (dada a integración que caracteriza aos seus elementos) e a súa devaluación ou invalidación tanto dende un punto de vista económico tradicional (gandeiría e cultivo do millo sobre o sistema de agras) como moderno (turismo rural e cultural).



Alternativa 4 (Cerdedo Norte)
1º) Hai que resaltar, que o Estudio de Impacto Ambiental (EIA) non fai ningunha referencia aos impactos producidos no eido patrimonial, quer no natural e paisaxístico, quer no arqueolóxico, quer no etnográfico e arquitectónico, cando o trazado, inzado de grandes viaductos de máis de 50 metros de altura, tuneis desmontes e terrapléns que desprazarán millóns de m3 de terra, se sitúa entre 50 e 200 metros dos seguintes elementos, situados na orientación Leste-Oeste dende a súa entrada no Concello de Cerdedo :
64. Casa dos Taboada, situada en Cachofés, e afectada moi gravemente polo trazado. Segundo o cronista da Terra de Montes D. Antonio Rodríguez Fraiz, é un dos inmobles máis significativos da parroquia de Folgoso, figurando as tallas de Santa Bárbara e dous gardas civís no seu portón como unha das obras máis sinaladas dos canteiros da bisbarra (ver Gran Enciclopedia Gallega, voz Folgoso). Foi antiga Casa Rectoral, e ten un hórreo de boa feitura.
65. Antiga Casa do Concello, Cachofés.
66. Casas con arco e zaguán, Cachofés.
67. Cruceiro a carón da estrada Nacional 541, no cruce coa carreteira do Pego e Vilariño.
68. Carballeira, Covas.
69. Muíños, Covas.
70. Estación arqueolóxica da Torre dos Mouros, 2 mamoas e penedos con signos ofiolátricos.
71. Grupo de 6 hórreos, Cernados.
72. 3 eiras, Cernados.
73. Encoro e canle da vella traída de augas (secs. XVIII-XIX) de Cerdedo e da vella Fábrica da Luz.
74. Vestixios da vella Fábrica da Luz, Cerdedo.
75. 6 muíños no Río Lérez, entre Figueroa e a Veiga dos Muíños, A Coveliña.
76. Casa Rectoral, século XVIII, San Martiño de Figueroa.
77. Cruceiro, San Martiño.
78. Igrexa parroquial, sec. XVIII, San Martiño
79. Horreo de pedra e hórreo sobre fonte, San Martiño
80. Grupo de hórreos, Deán
81. Grupo de casas de arquitectura popular, algunha delas con patín, Deán.
82. Camiño Vello dende Cernados-Arén-Cerdedo-Lourido-Limeres-Pedre-Serrapio, seguindo o curso do río, afectado polo trazado nas inmediacións da Ponte de Pedre. Seguindo este Camiño se implementou a Rota de Sendeirismo « Pontes do Lérez ».
83. Ponte de Pedre, medieval, sec. XII-XIII, a máis importante do Lérez xunto coa do Burgo de Pontevedra. Lugar de múltiples lendas transmitidas pola tradición oral, arrodeada dunha ricaz vexetación de ribeira.
84. Muíño no Lérez, perto da Ponte de Pedre.
85. En xeral a vexetación de ribeira dos ríos Castro e Lérez así como os regueiros afluíntes, composta por carballos centenarios, freixos, bidueiros, ameneiros e avelairas.
86. En xeral, unha paisaxe agraria definida por sistemas de agras con bancales e muros en xeral ben conservados.

2º) Os LIC Río Lérez e Serra do Cando incluídos no Concello de Cerdedo, resultarían afectados e devaluados, tanto pola invasión (fronteiriza ou efectiva) do trazado, como polos seus « efectos colaterais » (contaminación acústica, visual, electromagnética...) na flora, fauna (efecto barreira), rede fluvial, habitats e paisaxe en xeral. A anotar, especialmente, os impactos irreversibles previstos na contorna de Cachofés, Río Lérez no viaducto previsto na zona de Figueroa, San Martiño e o espazo onde está situada a Ponte de Pedre.

3º) No caso dos acuíferos, manantiais, fontes e hidroloxía en xeral, resultarían afectados (zona de afectación, ata 100 metros de distancia nos recursos hídricos superficiais) por esta alternativa:
87. Manantial de As Acelas, San Martiño de Figueroa.
88. 2 Fontes, San Martiño.
89. Regueiro de Valos Miúdos ou de Cadavide, Vilar-San Martiño.
90. Regueiro do Covelo, San Martiño.
91. Regueiro Martelo, Deán.

4º) O nivel de ruído admisible nos núcleos urbanos (60 db. no día/50 db na noite), se supera en :
92. Cachofés
93. Figueiro
94. Covas
95. Cernados
96. Figueroa
97. San Martiño
98. Deán

5º) No aspecto económico, a perda de terreo agrario hoxe en activo (gandeiría, sobre todo, mais tamén invernadoiros e cultivo de horta e cereais), particularmente en Folgoso, Figueroa, San Martiño, Deán e Serrapio, daría lugar a unha aprezable diminución de recursos que influirían nas expectativas de futuro destes núcleos, habida conta ademáis da cativa retribución destes terreos (3 €/m2) nas expropiacións. Asemade, a devaluación de elementos tanto do patrimonio etnográfico-arquitectónico como do patrimonio natural, afectaría en grande medida a diversas Casas de Turismo Rural existentes tanto na parroquia de Folgoso como na de Pedre, afectadas ademais por el impacto do trazado nas rotas de sendeirismo actualmente deseñadas (Rota « Pontes do Lérez ») ou previstas (Rota dos Muíños Loureiro-Figueroa). Estes impactos en ningún caso están valorados no Estudio Informativo, como tampouco o están os custos económicos que recaen nos pequenos productores agrarios debido á barreira introducida polo trazado, dificultando os accesos nun territorio onde as propiedades están diseminadas. Tampouco encara o Estudio Informativo a devaluación dos inmobles situados a menos de 250 metros do tendido en Outeiro, Cachofés, Figueiro, Covas, Cernados, Figueroa, San Martiño e Deán, que recaerían nos respectivos propietarios. As devanditas circunstancias, de certo levarían de seu unha segura perda de poboamento nun concello que xa está nos seus límites de reproducción.

6º) Idem Alternativa 1.

7º) O EIA tan só se refire á reposición de estradas (por ex. A Nacional 541 ao seu paso por Cachofés, a de Cerdedo a Quireza por Deán), pistas (a de Vilar a San Martiño, ou a de Figueroa a San Martiño), ou camiños principais. Non obstante, non ten en conta en absoluto o tecido de pequenos rueiros que serven de conexión no rural aos propietarios coas súas fincas. Por exemplo, na Alternativa 1 o caso de Pedre é significativo, pois non se fala para nada da interrupción dos camiños de Castelos, Veiga do Crego, Lombas, Pousadoiro, Salgueiros, Pradiñas, Chouzas, Mexadoira, e a carreteira dos Píos que afecta á Redonda e As Raposeiras. Esto podería ser aplicable a todo o trazado tamén na Alternativa 4.

8º) Existen contradiccións e incongruencias entre os planos do trazado que inclúen o emprazamento de tuneis e viaductos, coa descripción do tendido na Memoria de Impacto Ambiental, no seu apartado de Alternativas de Trazado. Así, na páxina 131 fálase de que tras o viaducto sobre o Río Lérez á altura de Figueroa vai « un tramo recto en tunel de mas de 2,5 km, salvando una vaguada, dos cruces de carretera en San Martiño.... », cando o devandito túnel está situado no plano despois do lugar de Deán.

9º) Idem Alternativa 1.

Máis información: http://galiza.indymedia.org/gz/2007/10/12782.shtml