border="0"

24.4.11

Alegacións contra a canteira de Sabaxáns en Mondariz [03.08]

Este sábado pola mañán, o últimos día de prazo, varios grupos (Adega, Adenco, Asamblea do Suido, A.C. A Revira, GAS, Luita Verde e Verdegaia) presentamos alegacións contra o proxecto de construir unha canteira de granito destruindo o único "foxo do lobo" dobre que hai en Galiza e que que se encontra na parroquia de Sabaxáns en Mondariz.

Unha das alegacións presentadas foi a seguinte:

En relación ó “Proxecto Corvos” para a construcción dunha canteira promovida pola empresa Miñor Granitos S.L. no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns e que está a exposición pública no Concello de Mondariz

IMPACTO SOBRE O PATRIMONIO NATURAL

1-IMPACTO SOBRE AS COMUNIDADES VEXETAIS

A) IMPACTO SOBRE HÁBITATS DE INTERESE COMUNITARIO

1º) Que o proxecto de construcción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns afectaría a unha superficie catalogada como “Breixeiras húmidas atlánticas meridionais de Erica ciliaris e E. tetralix”(cód. 4020).

Estas breixeiras húmidas constitúen un Hábitat Prioritario segundo os anexos do Real Decreto 1193/1998 e o Anexo I da Directiva Comunitaria 92/43/CEE.

A ocupación desta superficie contradí o Real Decreto 1193/1998, de 12 de xuño e a citada directiva comunitaria.


2º) Que o proxecto de construcción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns afectaría a unha superficie catalogada como “Turbeiras ácidas de esfagnos”, sendo este un Hábitat Prioritario segundo os anexos do Real Decreto 1193/1998.

Estas turbeiras constitúen un Hábitat Prioritario segundo os anexos do Real Decreto 1193/1998 e o Anexo I da Directiva Comunitaria 92/43/CEE.

A ocupación desta superficie contradí o Real Decreto 1193/1998, de 12 de xuño e a citada directiva comunitaria.


3º) Que o proxecto de construción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns afecta a un terceiro Hábitat Prioritario (incluído no Anexo I da Diectiva 92/43/CEE). O referido hábitat non aparece recollido no Estudo de Impacto Ambiental . Trátase do denominado “Formacións herbosas con Nardus”(cód. 6230).

A ocupación desta superficie contradí o Real Decreto 1193/1998, de 12 de xuño e a citada directiva comunitaria.


4º) Que o proxecto de construcción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns afectaría unha superficie catalogada como “Breixeiras secas” ( cód. 4030); “Vexetación casmofítica de pendentes rochosas. Subtipo silícola”, (cód. 8220) e “Pastos pioneiros en superficies rochosas” (cód.8230) sendo os tres Hábitats de Interese Comunitario segundo o Anexo I: Tipos de Hábitats Naturais de Interese Comunitario para cuxa conservación é preciso designar zonas especiais de conservación, da Directiva 92/43/CEE.


A ocupación desta superficie contradí a citada Directiva.

B) IMPACTO SOBRE OUTRAS COMUNIDADES VEXETAIS

5º) Que o proxecto de construcción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns ocuparía unha superficie onde se asenta unha importante poboación de Ulex micranthus, endemismo do S de Galicia e N de Portugal.

A construcción desta canteira danaría gravemente a esta especie neste lugar.

2-IMPACTO SOBRE A FAUNA

2.1-A NIVEL XERAL


1º) Que a construcción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns acarrearía un grave impacto para a fauna, a flora e o ecosistema da zona en xeral.

2.2-A NIVEL ESPECÍFICO


A) IMPACTO SOBRE A AVIFAUNA SEDENTARIA E ESTIVAL

1º) Que a construcción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns invadiría o hábitat onde se reproduce unha variada avifauna:

Alauda arvensis, Lullula arborea, Saxicola torquata, Carduelis cannabina, Sylvia undata, Turdus viscivorus, Prunella modularis, Alectoris rufa , Emberiza cia, Carduelis chloris,…

Outras especies ocupan habitualmente este espazo na súa busca de alimento:

Corvus corax, Buteo buteo, Falco tinnunculus, Falco subbuteo,…

Lullula arborea, Saxicola torquata, , Sylvia undata, Prunella modularis, Emberiza cia, Buteo buteo, Falco tinnunculus e Falco subbuteo están incluídas no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

A presenza da canteira contradiría o citado catálogo.


2º) Que o proxecto de construcción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns ocupa unha superficie onde se observan dúas especies de aves consideradas de distribución local en Galicia como son o Asio otus e o Lanius meridionalis.

Destacamos que o lugar acolle a unha poboación moi meridional en Galicia da petiña das árbores (Anthus trivialis), especie escasa neste contexto xeográfico.

Nas proximidades de Sabaxáns constatouse ademáis a presenza estival do miñato abelleiro (Pernis apivorus), especie recollida no Anexo I da Directiva 79/409/CEE, de nidificación moi localizada nas provincias litorais.

Ademáis, Asio otus, Lanius meridionalis, Anthus trivialis e Pernis apivorus están incluídas no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

A construcción desta canteira afectaría a esta especies neste lugar e contradí a citada Directiva e o citado catálogo.

3º) Que o proxecto de construción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns ocupa unha superficie onde crían tres especies de aves: Lullula arborea, Sylvia undata e Caprimulgus europaeus, que están incluídas no Anexo I: Especies de Aves obxecto de medidas de conservación, da Directiva 79/409/CE e no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

A construcción desta canteira danaría a estas especies neste lugar e contradí o artigo número 4 da citada Directiva e o citado catálogo.

4º) Que nas proximides de Sabaxáns aniña o falcón pelengrín (Falco peregrinus), e a aguia albela (Circaetus gallicus), especies incluídas tamén no Anexo I: Especies de Aves obxecto de medidas de conservación, da Directiva 79/409/CE e no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

Outras especies que se reproducen na contarna de Sabaxáns son o corvo grande (Corvus corax) e o tecelán (Falco tinnunculus); este último incluído tamén no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

A construcción desta canteira danaría a estas especies neste lugar e contradí o artigo número 4 da citada Directiva e o citado catálogo.
B) IMPACTO SOBRE A AVIFAUNA INVERNANTE

5º) Que o proxecto de construción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns ocupa unha superficie onde invernan habitualmente especies como Anthus pratensis e Turdus iliacus.

Anthus pratensis é unha especie incluída no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas

A construcción desta canteira suporía un risco para estas aves e contradí o citado catálogo.


6º) Que o proxecto de construción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns ocupa unha superficie onde invernan dúas especies de aves: Falco columbarius e Circus cyaneus, que están incluídas no Anexo I: Especies de Aves obxecto de medidas de conservación, da Directiva 79/409/CE; ademáis, Cyrcus cyaneus está incluída no Tomo III: especies catalogadas como “vulnerables” e Falco columbarius no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

A construcción desta canteira danaría a estas especies neste lugar e contradí o artigo número 4 da citada normativa e o citado catálogo.


C) IMPACTO SOBRE AS AVES MIGRATORIAS

7º) Que o Coto de Eira e Chan da Anduriña serven como zona de paso nos desprazamentos migratorios de diversas especies de aves terrestres. Destacamos en especial a elevada presenza de:

Lapamoscas cincento (Muscicapa striata), pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe) e lavandeira verde (Motacilla flava), as tres especies incluídas no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

Outras especies observadas durante estes desprazamentos son:

Lapamoscas negro (Ficedula hypoleuca), petiña común (Anthus pratensis), tordo malvís (Turdus iliacus), rola común (Streptopelia turtur) , poupa (Upupa epops) e cuco (Cuculus canorus).

Ficedula hypoleuca, Anthus pratensis, Upupa epops e Cuculus canorus son catro especies de aves incluídas no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

A construcción da canteira poría en perigo a estas aves migratorias e contradí o citado catálogo.

8º) Que o proxecto de construcción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns ocupa unha superficie onde se observan nos pasos migratorios prenupcial e posnupcial sete especies de aves: Milvus migrans, Pernis apivorus, Hieraaetus pennatus, Circaetus gallicus, Circus pygargus, Asio flammeus e Lanius collurio que están incluídas no Anexo I: Especies de Aves obxecto de medidas de conservación, da Directiva 79/409/CEE; ademáis, Circus pygargus está incluída no Tomo III: especies catalogadas como “vulnerables” e Milvus migrans, Pernis apivorus, Hieraaetus pennatus, Circaetus gallicus, Asio flammeus e Lanius collurio están incluídas no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

A construcción desta canteira danaría a estas especies neste lugar e contradí o artigo número 4 da citada normativa e o citado catálogo.

D) IMPACTO SOBRE OS MAMÍFEROS

9º) Que o proxecto de construción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns preténdese levar a cabo nunha superficie onde existe unha interesante poboación de lobo (Canis lupus subsp. signatus) que se considera Especie de Interese Comunitario segundo o Anexo II: Especies Animais e Vexetais de Interese Comunitario para cuxa conservación é preciso designar zonas especiais de conservación, da Directiva 92/43/CEE e que está incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

A realización do proxecto danaría gravemente as poboacións desta especie no lugar polo que se contradí a citada Directiva e o Catálogo Galego de Especies Ameazadas.


10º) Que o proxecto de construción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns preténdese construír nunha superficie onde habitan as seguintes especies de morcegos: Rhinolophus ferrumequinum, R. hipposideros, Myotis myotis, que se consideran Especies de Interese Comunitario segundo o Anexo II: Especies Animais e Vexetais de Interese Comunitario para cuxa conservación é preciso designar zonas especiais de conservación, da Directiva 92/43/CEE e están incluídas no Tomo III: especies catalogadas como “vulnerables” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

A realización do proxecto danaría gravemente as poboacións destas tres especies polo que se contradí a citada Directiva e o Catálogo galego de especies ameazadas.

E) IMPACTO SOBRE A HERPETOFAUNA

11º) Que o proxecto de construción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns preténdese levar a cabo nunha zona onde habitan as seguintes especies de réptiles e anfibios: Lacerta schreiberi, Chalcides bedriagai, Chioglossa lusitanica, Discoglossus galganoi, Alytes obstetricans, Pelobates cultripes e Bufo calamita que se consideran Especies Animais de Interese Comunitario que requiren unha protección estricta segundo o Anexo IV da Directiva 92/43/CEE; ademáis, Chalcides bedriagai, Chioglossa lusitanica e Pelobates cultripes están incluídas no Tomo III: especies catalogadas como “vulnerables” e Lacerta schreiberi, Discoglossus galganoi, Alytes obstetricans Bufo calamita no Tomo IV: especies catalogadas como “de interese especial” dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas. Cómpre salientar tamén que moitas delas están catalogadas como especies endémicas do NO da Península Ibérica.

A realización deste proxecto danaría gravemente ás poboacións destas sete especies polo que se contradí a citada Directiva e o Catálogo galego de especies ameazadas.



IMPACTO SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL

A) IMPACTO SOBRE O PATRIMONIO ETNOGRÁFICO

1º) Que a extensión de terreos que ocuparía a realización do proxecto levaría aparellados graves danos á cabana de cabalo de pura raza galega.
B) IMPACTO SOBRE O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO

2º) Que no ámbito no que se pretende poñer en explotación esta canteira atópanse os Foxos da Chan da Anduriña, o conxunto único de dous foxos que supoñen un exemplo único en Galiza de dispositivo tradicional para a captura do lobo e outros animais salvaxes polo método de acoso. Deste complexo etnográfico, de altísimo valor patrimonial e cultural, tense constancia escrita, cando menos, desde o ano 1.664, o que dá idea da súa antigüidade e valor patrimonial. Neste sentido resulta incomprensíbel e indignante que o Estudo de Impacto Ambiental presentado por Miñor Granitos S.L. – redactado pola empresa Arqueoconsulting S.L.-, ignore a existencia deste importantísimo ben cultural. Ademais a conservación, restauración e posta en valor
deste tipo de bens é obxectivo prioritario do Plan de Xestión do Lobo en Galicia (DOG Nº 166, do 29 de agosto de 2006) que promove a Consellería de Medio Ambiente. Tanto esta administración como a Consellería de Cultura da Xunta de Galiza defenden a declaración deste tipo de elementos como Bens de Interese Cultural (BIC) a maior protección fixada pola lexislación en vigor para un ben patrimonial.

IMPACTO PAISAXÍSTICO



1º) Que a construcción dunha canteira no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns ocasionaría un evidente impacto paisaxístico.

CONSIDERACIÓNS FINAIS


1º) Que o Coto de Eira e Chan da Anduriña constitúen un dos espazos interiores de maior interese ambiental do sur galego. No contexto dos montes meridionais , este lugar distínguese pola súa calidade ambiental.

2º) Que o Coto de Eira e Chan da Anduriña constitúen unha interesante área de paso nas migracións de diversas especies de aves, tanto terrestres como acuáticas e conta coa presenza de diferentes especies de animais escasos e a protexer segundo diferentes Directivas Europeas e Catálogos de Fauna Ameazada.

3º) Que o Coto de Eira e Chan da Anduriña acollen diversos hábitats de interese comunitario, algúns tan importantes como as pradeiras de Nardus stricta, breixeiras húmidas e turbeiras


E POLO TANTO SOLICITA

Que non se autorice a construción desta canteira a fin preservar os valores ambientais e culturais do espazo definido polas coordenadas UTM citadas no proxecto, por supoñer un impacto ambiental crítico sobre a paisaxe e o patrimonio natural e cultural deste ámbito, sendo totalmente contraditorio co establecido pola Lei 8/95 do Patrimonio Cultural de Galiza, Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español , Lei 9/2001 de Conservación da Natureza, Directiva Europea 92/43/CEE, Directiva Europea. 79/409/CEE Catálogo Galego de Especies Ameazadas.


Tamén as veciñas presentaron alegacións: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3284_3_204889__Comarcas-vecinos-Sabaxans-denuncian-cantera-amenaza-foxo-lobo