29.12.14

Concentración en Vigo contra operación Pandora




fotos ikerman

24.12.14

A policía local reocupa a rotonda de Coia e expulsa á veciñanza 24/12/14

A pesar dos intentos da veciñanza facendo quendas nocturnas na rotonda, ás 5h. da mañán de novo un masivo depliegue de policía local impuso o autoritarismo do goberno municipal neste caso ás orde da alcaldesa en funcións carmela silva, identificando e explusando ás presentes, procedendo a pechar o valado da rotonda.

Vídeo da invasión da rotonda:







Desde este momento actívase unha convocatoria para todos os días laborábeis da semana, para concentrarse ás 11h. nos arredores da rotonda, ata o novo ano que haberá que decidir cómo se continúa coas protestas. 

Na prensa:



23.12.14

Rolda de prensa na rotonda, concerto e alarma pola policía 23/12/14 e convocatoria

Rolda de prensa para valorar estas semanas de mobilizacións que conseguiron parar as obras que tiñan como fin acoller ao barco Bernardo Alfageme. Ademais informaremos de novas accións e do concerto que imos celebrar na propia rotonda a propia tarde do martes.





Posteriormente Recital de poemas e cancions da rotonda e de ‪#‎Coia‬ por Manolo Pipas e Luis O Caruncho na rotonda de castelao martes as 12 do medio día logo da rolda de prensa das 11.30.

Ás 13h. fíxose unha convocatoria de alertar á veciñanza pola concentración na rotonda de unidades policiais e obreiros.


Ás tres un despliegue inusitado de máis de corenta policías locais, escoltaron a entrada na rotonda dos obreiros e da pala excavadora, tras iso foi achegándose cada vez máis persoas contrarias ás obras, e ao longo da tarde con moitas tensións conseguiuse reocuopar a rotonda, paralizar as obras e que finalmente reirasen a pala excavadora.





A destacar que unha das persoas presentes (coñecida e moi querida nos movementos sociais da cidade), no discurrir da protesta  sofreu un infarto e tivo que ser trasladada ao hospital.








E a partir das 19h fíxose o concerto na propia rotonda en apoio á loita veciñal:






As Veciñas contra o Barco na Rotonda no pleno municipal 22/12/14

Veciñas de Coia acudiron ao Concello a mostrar o seu rexeitamento ao despilfarro que supón instalar o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia, e unha vez máis tiveron que aturar a falta de diálogo e de respeto do alacalde Abel Caballero difamanado a xente e insultando á intelixencia d etodas as viguesas.

Así mesmo a oposición aprobou de novo que se paralice o proxecto e manteña a rotonda como estaba.

As veciñas identificándose e entrando ao pleno de Vigo:



Fotos de Iker das veciñas de Coia no pleno:





Na Prensa:








21.12.14

Acude ao pleno do Concello "Non ao Barco na Rotonda de Coia"


O luns hai pleno extraordinario no concello. Unha das mocións tratará o tema das obras na rotonda de Coia. Acude ao pleno para visualizar o rexeitamento á intención do goberno de chantar o barco na rotonda.

NON ao BARCO na ROTONDA de COIA!
Os cartos para as persoas!

2ª Semana na Rotonda de Coia

Tras un luns co intento de expulsarnos da rotonda e retomar as obras e coa reacción da veciñanza recuperando a mesma, o resto da semana decorreu con máis tranquilidade, acumulando cansancio pero aguantando na loita, e soportando e respondendo a ofensiva do Alcalde na prensa tentando desprestixiar a toda a xente que se lle opón.



Houbo tempo para diversas actividades:

Decorar a Rotonda con novas faixas e facer asembleas todos os días.





Recoller firmas, en Coia e nos arredores de Balaidos no partido de liga do venres 19.



 





 
Editar e repartir panfletos e cartaces pola cidade:

 Algunhas veciñas fixeron "oficial" a toma da rotonda izando a bandeira do Pobo en resposta as ameazas do "pequeno emperador" que afirmou a intencion de meter o barco na rotonda pase o que pase.



Manolo Pipas aproveita o tempo para facer as súas crónicas en verso:

13 Reflexións rotondianas
é certo que cada día
na rotonda somos máis
pero nós recoñecemos
que tarde fomos chegar

que as obras empezaran
foi a primeira derrota
logo entramos ao xogo
e son varias as victorias

a asamblea é aberta
de coia e quen se sume
nos temos a palabra
eles poñen o fume

achegate a rotonda
que temos campamento
outro mundo é posible
mudemos o concello

o cronista de coia

Outra xente opta por cantarlle a Caballero unha version galega dos Miserábeis

Tamén recbíronse escritos de apoio da xente de Gamonal e da Asemblea Contra a Especulación de Burgos.
  
E na prensa un pouco de todo:



16.12.14

Ficheiros de sospeitosas e represión contra o movemento libertario 16/12/2014

O pasado 5 de decembro o Ministerio de Interior publicou no BOE a creación do chamado Ucpi: "punto único de comunicación para el intercambio de mensajes". Un ficheiro con datos de "caracter persoal" sobre "persoas sospeitosas", catalogación que dependerá da decisión dos/as funcionarios/as.

Máis Información neste enlace:


E acorde con este clima de criminalizar toda disidencia:

Unha nova operación da Audiencia Nacional, neste caso en Catalunya, sáldase polo de agora con 11 persoas detidas e 14 rexistros realizados en vivendas e centros sociais.




Asemblea na rotonda de Coia o día 15/12/2014 e identificacións na noite do 15 ao 16

Pola tarde do 15 cando marchan as máquinas:


Asemblea:


Pola noite identificando xente:






Na prensa:
As idioteces habituais do faro de vigo ao servizo do Concello








Un despilfarro que crece exponencialmente de costas ás necesidades sociais da cidade:









13.12.14

A veciñanza sae á rúa para opoñerse ao barco na rotonda de Coia

Onte a avenida de Castelao foi tomada por unha gran manifestación na que expresamos o "cansazo cidadán ante as políticas duns gobernantes que viven moi afastados das necesidades reais que temos as persoas".

Como titulaba un medio dixital "o ruxir das máquinas en Coia deu paso á voz da veciñanza", quen manifestou con claridade que o Bernardo Alfageme non chegará á rotonda e que os cartos de todas teñen que estar ao servizo das necesidades das persoas.
Achegamos o manifesto lido onte na rotonda e unha recompilación da mani nos medios:
A veciñanza do barrio e da cidade paramos as máquinas! E non marcharemos até que os centos de miles de euros que pensaban tirar nesta obra vaian destinados a cubrir as necesidades das persoas!
Levamos máis dunha semana na rotonda e, malia os intentos do alcalde e do seu goberno, aquí permaneceremos até que manifesten que o barco ficará no mar, ou á súa beira, e os cartos irán destinados a cubrir as necesidades da xente. Son momentos nos que o desemprego, os recortes, a insuficiencia das axudas sociais... están a deixar a moitas persoas sen uns mínimos para vivir con dignidade. Sen consultar a ninguén, e saltándose un acordo do pleno, pensaban tirar os cartos nunha obra de sospeitosa legalidade.
A nosa loita non é so por evitar que chanten o barco nesta rotonda, vai máis alá. É un berro, unha expresión do cansazo cidadán ante as políticas duns gobernantes que viven moi afastados das necesidades reais que temos as persoas. Eles viven nesa “cidade fermosa” dos grandes cruceiros, das obras faraónicas, mentres que nós vivimos nos barrios, nas rúas onde os meses son demasiado longos e os cartos, ao igual que os nosos dereitos, son sempre escasos.
Estes días lonxe de se escoitar o ruído das máquinas na rotonda, escoitáronse as voces e os berros dun barrio, dunha cidade que aposta por construír vida desde abaixo, desde a xente. Os zapatistas que saben escoitar moi ben, así o din:

¿ESCUCHARON?
Es el sonido de su mundo derrumbándose. 
Es el del nuestro resurgiendo. 
El día que fue el día, era noche. 
Y noche será el día que será el día. 
Que hoxe este berro se escoite ben forte:

NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!!
NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!!

O luns seguiremos na rotonda e animamos a todos os colectivos e persoas que acudan á asemblea aberta que ás sete celebraremos para pensar en común como continuar coa loita.

Vigo, 12 de decembro

Na Prensa:

- A veciñanza de Coia saca músculo ante as descalificacións de Caballero: http://vigodixital.opennemas.com/articulo/barrios/coia-saca-musculo-desc...


- Los vecinos de Gamonal apoyan a los opositores al barco de Coia:

- O ruxir das máquinas en Coia deu paso á voz da veciñanza:

- El Concello colocará el barco ´Alfageme´ en Castelao por encarnar ´tradición y origen:

- Decenas de personas se manifiestan en contra de la colocación del Berbardo Alfageme en la rotonda de Alcampo:

- Veciños de Coia continúan mobilizándose contra a rotonda:
http://www.crtvg.es/informativos/vecinos-de-coia-continuan-mobilizandose...

12.12.14

Non ao barco na rotonda de Coia día 11/12/2014


Esta mañá comunicouse oficialmente ao Concello a solicitude feita pola Asamblea Aberta de Coia ante a Consellería de Cultura para que o Bernardo Alfageme sexa declarado Ben de Interese Cultural, e deste xeito a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural participe directamente na toma de decisións sobre o barco.
Coincidimos co goberno municipal en que estamos ante un ben cultural sobranceiro, testemuña dun pasado industrial xa desaparecido, pero parécennos aberrante a súa proposta de valorización, emprazándoo nunha rotonda. A xestión do patrimonio cultural común é demasiado importante para deixala só en mans de políticos...


Rolda de prensa tamén esta mañá para difundir a manifestación do día 12, responder os ataques do Concello, e explicar as xestións na Xunta.





Informacións nos medios: