O pasado mércores 10 de marzo pola tarde, o fíxose unha acción reivindicativa, tinxindo de vermello o auga da fonte do monumento aos mariñeiros na Gran Vía de Vigo, colocando unha faixa co lema "Fora tropas de Afganistán", e pegando nos arredores carteis informativos sobre a ocupación de Afganistán.
Esta acción, enmárcase nunha campaña contra a ocupación de Afganistán, e en xeral contra toda presencia de tropas españolas en conflictos internacionais.
O SANGUE DE AFGANISTÁN TAMÉN SALPICA EN VIGO
Tras a 'loita contra o terrorismo dos talibáns”—anteriormente aliados dos EE.UU— e a chamada 'reconstrución democrática' ocúltanse escuros intereses e realidades.
A lei de “Reconciliación Nacional” aprobada polo Parlamento no 2007, garante inmunidade polos crimes de guerra cometidos durante os pasados 30 anos, dando máis osíxeno aos 'señores da guerra' fundamentalistas para seguir adiante aprobando leis medievais nun parlamento mafioso.
Esta 'democracia' parlamentaria afgá, lexitimada polos ocupantes occidentais, continúa dando as costas ós dereitos e á voz das mulleres. Unha lei aprobada polo 'democrático' parlamento afgán ampara as violacións, e estímase que o 25% das afgás sofren violencia sexual.
PETROLEO, DROGAS e ARMAMENTO
Situada no corazón do continente asiático, a importancia xeoestratéxica do país é clave.
Existen fortes intereses das petroleiras pola construción dun oleoduto transafgán.
A presenza dos soldados e os borbadeos están 'persuadindo' os principais competidores enerxéticos da rexión (Rusia e China), e amplía a área de influencia 'occidental' en Asia.
A produción de heroína pasou de ser unha das menores dos países produtores de opio xusto antes do inicio da ocupación, a representar na actualidade o 93% da produción mundial. Esta substancia é xestionada en boa medida polo narco-estado títere e os 'señores da guerra' baixo unha total permisividade das forzas de ocupación.
Os EE.UU. son o maior provedor mundial de armamento —un dos seus negocios máis importantes— e teñen a Afganistán como o seu principal comprador.
Calcúlase que desde o 2001 até o 2009 entre 15.000 e 31.000 civís foron asasinados, e 70.000 tropas estranxeiras de máis de 40 países ocuparon o territorio afgán.
O 85% da xente vive baixo a máis absoluta miseria. Nunca se empurrou máis o pobo
afgán ás mans dos grupos violentos.
O grande motor da economía occidental parece que funciona con sangue.
O goberno español é cómplice. É un dos 10 estados con máis tropas e recursos achegados/proporcionados e colabora moi estreitamente coa ocupación e a impunidade.
Máis Info: www.nonaogastomilitar.org
Máis imaxes da acción: http://galiza.indymedia.org/gz/2010/03/22650.shtml