border="0"

14.11.15

Xornadas Novembro 2015

A vindeira semana a xente do Espazo Aberto Antimilitar, do G.A.S. e da ODS-Coia organizamos dúas actividades:



- Documental: "Ouróboros. La espiral de la pobreza” con Julio Reyero un dos membros do equipo. Será o xoves 19 ás 20h00 no C.S. A Revolta (R/ Real, 12 - Vigo). http://odscoia.arkipelagos.net/content/ii-semana-galega-pola-renda-básica-das-iguais-ferramentas-para-unha-vida-digna

Foto da proxección:

- Palestra: "A cen anos do Congreso Internacional da Paz. Ferrol 1915". A cargo de Eliseo Fernández, investigador especializado no movemento obreiro galego en xeral, e no anarcosindicalismo e o anarquismo en particular. Será o sábado 21 ás 20h00 no local da cooperativa Árbore (R/López Mora 30 - Vigo).
Foto da charla:
 
Cando un século atrás sinalados militantes do obreirismo galego de raíz anarquista fixeron súa a tarefa de dar vida a un evento que marcara distancias entre os bandos enfrontados durante da I Guerra Mundial, facendo fincapé na responsabilidade última do proletariado ante a guerra, poucos imaxinaron os obstáculos de todo tipo que deberían sortear para que un tal acontecemento callara. Porén, foi posíbel. Non entanto, aquel apelo á fraternidade entre pobos mantén, na altura, toda a súa actualidade nunha época definida pola proliferación de conflitos bélicos nun escenario de guerra global permanente.

11.11.15

II Semana Galega pola Renda Básica das Iguais. Ferramentas para unha vida digna

Un ano máis as xentes da ODS-CoiaGrupo de Axitación Social (GAS) e Baladrexuntamos forzas para reivindicar o dereito a vivir dignamente nunha semana de actividades por diferentes cidades galegas.
Malia os discursos que falan de recuperación, a realidade é teimuda e segue a amosarnos cada día como o empobrecemento e a precarización da vida van a máis. O agravamento da situación de exclusión na que xa vivían millares de persoas mesmo antes da irrupción da “crise”, a dificultade de cubrir necesidades básicas e a vulnerabilidade vital que atinxe a parcelas cada vez mais amplas da poboación son facilmente palpábeis para calquera que non estea de costas ao día a día á realidade.
Tamén nós seguimos na teima de considerar que ante tal situación as medidas asistenciais, os parches electoralistas ou caritativos son árbores que non nos deixan ver o bosque e poder formularnos preguntas fundamentais: Como garantir a subsistencia promovendo ao mesmo tempo a autonomía e o empoderamento das persoas sobre as súas propias vidas? Que elementos compoñen unha vida digna e plena, unha vida que pague á pena vivir?
Durante esta semana trataremos de achegar espazos de reflexión e debate sobre estas e moitas outras preguntas a través das actividades que detallamos a continuación. Estimular a intelixencia colectiva para pensar ferramentas que combinen a sustentabilidade da vida, a participación e a transformación social son os obxectivos desta segunda semana de loita pola RBis.
MARTES 17. Lugo
Bico de grao (Ronda das Fontiñas, 226)

MÉRCORES 18. Compostela
Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7)

XOVES 19. Vigo
20h00 – Documental “Ouróboros. La espiral de la pobreza” con Julio Reyero un dos membros do equipo.
C.S. A Revolta (R/ Real, 12)

VENRES 20. Compostela
20h15 -Presentación da “Guía de Axudas Sociais” con compas da ODS-Coia e Leticia Castro (Educadora Social).
Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7)

Máis información: