border="0"

29.12.15

Presentación do libro: “Todos con Vigo: mobilización obreira e folga xeral (1962-1972)”


Presentación do libro:


“Todos con Vigo: mobilización obreira e folga xeral (1962-1972)” co seu autor Isidro Román Lago. 

Editado pola Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo



O sábado 23 de xaneiro ás 20:00h. no CSA "A Cova dos Ratos" r/Romil,3



"Dende o noso punto de vista na Folga Xeral de 1972 cristalizan en Vigo todas as experiencias de loita, de debate interno, de agrupamento e segregación que o movemento obreiro vigués viña de desenvolver dende 1962. Isto é, os sucesivos episodios de mobilización e reagrupamento desembocan na gran mobilización de 1972. "

Editado pola Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo



14.11.15

Xornadas Novembro 2015

A vindeira semana a xente do Espazo Aberto Antimilitar, do G.A.S. e da ODS-Coia organizamos dúas actividades:



- Documental: "Ouróboros. La espiral de la pobreza” con Julio Reyero un dos membros do equipo. Será o xoves 19 ás 20h00 no C.S. A Revolta (R/ Real, 12 - Vigo). http://odscoia.arkipelagos.net/content/ii-semana-galega-pola-renda-básica-das-iguais-ferramentas-para-unha-vida-digna

Foto da proxección:

- Palestra: "A cen anos do Congreso Internacional da Paz. Ferrol 1915". A cargo de Eliseo Fernández, investigador especializado no movemento obreiro galego en xeral, e no anarcosindicalismo e o anarquismo en particular. Será o sábado 21 ás 20h00 no local da cooperativa Árbore (R/López Mora 30 - Vigo).
Foto da charla:
 
Cando un século atrás sinalados militantes do obreirismo galego de raíz anarquista fixeron súa a tarefa de dar vida a un evento que marcara distancias entre os bandos enfrontados durante da I Guerra Mundial, facendo fincapé na responsabilidade última do proletariado ante a guerra, poucos imaxinaron os obstáculos de todo tipo que deberían sortear para que un tal acontecemento callara. Porén, foi posíbel. Non entanto, aquel apelo á fraternidade entre pobos mantén, na altura, toda a súa actualidade nunha época definida pola proliferación de conflitos bélicos nun escenario de guerra global permanente.

11.11.15

II Semana Galega pola Renda Básica das Iguais. Ferramentas para unha vida digna

Un ano máis as xentes da ODS-CoiaGrupo de Axitación Social (GAS) e Baladrexuntamos forzas para reivindicar o dereito a vivir dignamente nunha semana de actividades por diferentes cidades galegas.
Malia os discursos que falan de recuperación, a realidade é teimuda e segue a amosarnos cada día como o empobrecemento e a precarización da vida van a máis. O agravamento da situación de exclusión na que xa vivían millares de persoas mesmo antes da irrupción da “crise”, a dificultade de cubrir necesidades básicas e a vulnerabilidade vital que atinxe a parcelas cada vez mais amplas da poboación son facilmente palpábeis para calquera que non estea de costas ao día a día á realidade.
Tamén nós seguimos na teima de considerar que ante tal situación as medidas asistenciais, os parches electoralistas ou caritativos son árbores que non nos deixan ver o bosque e poder formularnos preguntas fundamentais: Como garantir a subsistencia promovendo ao mesmo tempo a autonomía e o empoderamento das persoas sobre as súas propias vidas? Que elementos compoñen unha vida digna e plena, unha vida que pague á pena vivir?
Durante esta semana trataremos de achegar espazos de reflexión e debate sobre estas e moitas outras preguntas a través das actividades que detallamos a continuación. Estimular a intelixencia colectiva para pensar ferramentas que combinen a sustentabilidade da vida, a participación e a transformación social son os obxectivos desta segunda semana de loita pola RBis.
MARTES 17. Lugo
Bico de grao (Ronda das Fontiñas, 226)

MÉRCORES 18. Compostela
Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7)

XOVES 19. Vigo
20h00 – Documental “Ouróboros. La espiral de la pobreza” con Julio Reyero un dos membros do equipo.
C.S. A Revolta (R/ Real, 12)

VENRES 20. Compostela
20h15 -Presentación da “Guía de Axudas Sociais” con compas da ODS-Coia e Leticia Castro (Educadora Social).
Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7)

Máis información:

31.10.15

III Semana Galega de Loita contra as Fronteiras

O Foro Galego da Inmigración, xunto a outros colectivos sociais, bota a andar a III Semana Galega de Loita contra as Fronteiras con actividades en diferentes localidades.
Nesta 3ª semana, que terá lugar entre o 2 e o 6 de Novembro, acolleremos a visita da compañeira Ainhoa Nadia Douhaibi Arrazola, educadora social e activista no movemento en defensa dos dereitos das persoas migrantes. Ainhoa é unha das compañeiras que impulsa a iniciativa Tanquem els Cies(“pechemos os CIEs”) que denuncia a continua violación de dereitos que acubillan os Centros de Internamento para Estranxeiros.
As compañeiras e compañeiros de Tanquem colaboran tamén coa Campaña estatal para o peche dos CIE, así como coas iniciativas que denuncian asdeportacións masivas de persoas migrantes apoiadas por Air Europa e Swift Air.
Ademais dos encontros con Ainhoa, durante esta semana, o Foro Galego de Inmigración presentará a Moción “Cidades libres de CIE” que pula por acabar coa persecución policial e redadas racistas ás persoas sen papeis, ademais de demandar o fin dos CIE no conxunto do territorio estatal.
Tamén haberá tempo para a reivindicación máis lúdica e outros moitos espazos de encontro onde facernos máis fortes fronte á discriminación racista e xenófoba que nos impoñen.
Tedes información completa sobre a semana no blogue:https://contraasfronteiras.wordpress.com
Aquí o programa de actividades:
A CORUÑA
- Charla, luns 2 de novembro ás 19:30h en R/ Mosteiro de Caaveiro, 4.
- Presentación da moción "A Coruña libre de CIEs", mércores 4 de novembro ás 12:30h no Concello. Rolda de Prensa e entrega da moción á Concelleira de Igualdade e Diversidade.
- Cea senegalesa: xoves 5 de novembro ás 21:30h no restaurante Mama África, R/ Pascual Veiga, 14.
FERROL
- Charla, martes 3 de novembro ás 19:30h na Galería Sargadelos. R/ Rubalcava 30-32.
- Presentación da moción "Ferrol  libre de CIEs", martes  3 de novembro a partir das 12:00h no Concello con Rolda de Prensa.
COMPOSTELA
- Charla, mércores  4 de novembro ás 20:00h na Librería Lila de Lilith. Rúa Travesa nº 7.
- Presentación da moción "Compostela  libre de CIEs", mércores 4 de novembro ás 11:00 no Concello con Rolda de Prensa e entrega da moción á Concelleira de Benestar Social.
LUGO
Xoves día 5 de Novembro
- 11:00 h: Rolda de Prensa. Concentración. Entrega da Moción no Concello. Na Praza Maior.
- 17:30 h: Kamishibai. Contacontos para nen@s con teatrillo. No Centro Social Madia Leva (Serra de Ancares nº 18).
- 19:00 h: Cantares de Cego con Mini e Mero no Centro Social Madia Leva (Serra de Ancares nº 18).
- 20:30 h: Charla: Stop Deportacións. (Randi Montero, Colectivo Sem Papeis). No Centro Social Madia Leva (Serra Ancares nº 18).
VIGO
Charla, xoves 5 de novembro ás 20:00h Local de Árbore (rúa López Mora nº 30) en colaboración con GAS e ODS.
O texto da moción "Cidades libres de CIE´s.

19.9.15

Os cartos das empresas "amigas" para necesidades sociais (18/09/15))



Esta mañá ao redor de corenta persoas participamos no acto que levaba por título: "Rescatemos ás persoas, non aos aparcadoiros". Na cidade fermosa para as empresas amigas do goberno municipal a nós tócannos as migallas.
 
Moi preto da entrada do aparacadoiro están as dependencias dos servizos sociais municipais. Eses que están colapsados e que "non teñen cartos" para cubrir necesidades tan básicas como luz, auga ou vivenda. O cheque social xa superou o prazo máximo de resolución e as previsións son que poden estar resoltas para outubro. Iso si, para facer negocios de dubidosa legalidade con empresas amigas aparecen os cartos que nunca hai para nós.
Ante isto, hoxe non podiamos facer máis que darlle un novo uso ás prazas do aparcadoiro de Castelao. Alí montamos unha vivenda precaria, posto que os cartos que se nos negan van para estas prazas que nin os carros empregan. Sacos de durmir e un mantel con pratos e vasos serviron pou un anaco de acubillo.

Para pechar o acto saímos ao exterior onde dimos lectura do seguinte manifesto:
Para contextualizar o evento que nos trae hoxe aquí – isto é, o feito de o Concello regalar máis de seis millóns de euros a unha empresa privada en creba técnica‒ imos ler uns extractos dun texto máis extenso e prolixo de Óscar Lomba titulado “Aparcadoiros improdutivos, concesións erróneas e sociedades pantalla”.

En xaneiro do 2015 o xulgado declarou en concurso voluntario de acredores a mercantil COCHERAS OLÍVICAS DE PUENTES S.A., sociedade pantalla ou instrumental creada por PUENTES Y CALZADAS GRUPO DE EMPRESAS, S.A., para xestionar a concesión de servizo público de aparcadoiros nas rúas Rosalía de Castro, Jenaro de la Fuente e avenida Castelao, que foi adxudicada por acordo da Xunta de Goberno Local o 21 de maio de 2007.
O Concello en vez de proceder á rescisión do contrato que, de acordo á Lei de contratos das administracións públicas, sería o máis beneficioso para preservar o interese xeral, xustifica mediante informes do interventor municipal e dunha consultora externa “Seixas Consultora S.L.” (que non ten experiencia previa neste tipo de avaliación), a modificación da concesión que reequilibrase a economía do contrato.

Así xorde o acordo da Xunta de Goberno Local do 26 de xuño deste ano, que por medo a unha demanda do banco Popular (que se arriscou alegremente a prestarlle 11 millóns a unha empresa cun capital de 60.000 euros), pretenden regalar máis de 6 millóns de euros beneficiando os intereses privados dunha empresa en concurso de acredores, creada por outra Sociedade Anónima para eludir responsabilidades patrimoniais, e que é a que tería que facer fronte e responder pola nefasta xestión que se realizou durante estes oito anos, e non socializar agora as perdas nos petos de todas as viguesas.

Porén, xa en outubro de 2014, houbo unha sentenza que rexeitaba as reclamacións da empresa, porque quería que se garantisen os seus beneficios, pero quedaba claro que foron factores externos á Administración municipal, como a crise inmobiliaria e o feito de que a zona de Rosalía de Castro xa estaba catalogada no PXOM como zona de valor arqueolóxico de aí que aparecesen restos durante as obras e tivesen que modificar o proxecto.

Caballero realizou unha xestión nefasta desde o ano 2008 ‒estaba claro que estes aparcadoiros non ían ser viábeis economicamente‒ e, por razóns electoralistas, foi agochando e arrastrando o problema en vez de anular a concesión e convocar un novo concurso público con transparencia e novos condicionantes. Preferiu actuar de mala fe agochando todo até pasadas as eleccións, encargando estudos á carta a unha consultora para xustificar unha mala solución para os intereses públicos e para a facenda do Concello de Vigo.

Vemos así como os cartos que nunca aparecen para necesidades sociais son regalados a empresas privadas co fin de que estas manteñan os seus negocios.
Estamos cansas das súas políticas. Estamos fartas de esmolas, mentres ollamos como os poderosos enchen os seus petos.

Queremos xustiza social! Vivir dignamente é un dereito!
Coia, 18 de setembro de 2015
ODS-Coia e G.A.S.
--

11.9.15

18/09 – Acto: Rescatemos ás persoas, non aos aparcadoiros

A ODS-Coia e o G.A.S. convocamos o venres 18 de setembro un acto baixo o lema: Rescatemos ás persoas, non aos aparcadoiros. Será no aparcadoiro de Castelao (cruce avda. Castelao coa rúa Dr. Darío Durán) a partires das 11:30
 
Recentemente saía na prensa que o Concello de Vigo ía destinar un total de 6,4 millóns de euros aos aparcadoiros da avenida de Castelao e da rúa Jenaro de la Fuente.
A Xunta de Goberno Local do 25/06/2015 aprobou unha “compensación económica” a favor de empresa adxudicataria da concesión dos aparcadoiros, “Cocheras Olívicas de Puentes S.A.”, presuntamente para manter o equilibrio económico da concesión, e que supón o pago de 1.600.000 anuais a aboar entre os anos 2016 e 2019.

Parécenos intolerable que un Concello cun departamento de Benestar Social colapsado por falla de persoal, que non atende as necesidades máis básicas das persoas, que restrinxe as axudas económicas cada vez máis, e que regatea cos cartos públicos nas situacións de precariedade e pobreza, destine semellante cantidade de cartos para “rescatar” a unha empresa.

A mercantilización dos espazos públicos, a xestión empresarial dos concellos facendo de promotores de negocios ruinosos (disfrazados de aparcadoiros públicos), traen como consecuencia que se deban cartos e favores as empresas, mentres a cidadanía é a que sofre e acaba pagando débedas “ilexítimas”. Neste caso iniciadas con Porro e aplaudidas por Caballero, a nefasta xestión deste Concello, fai que mentres que ás veciñas se nos obriga a agardar meses por unha axuda de emerxencia social, unha empresa privada vaia recibir máis de 16 veces o presuposto municipal anual para ese tipo de axudas.


9.8.15

Biblioteca Social GAS



Ademais da biblio virtual que podedes empregar neste blogue, de cara a ter un punto “físico” de difusión de materiais, información e autoformación contra o capitalismo e todo tipo de opresións que sofremos, ocorreusenos facer unha biblioteca aberta á xente dos movementos sociais vigueses onde compartir libros, fanzines, revistas e demais materiais.
 
Ímola aloxar nun baixo que denominamos DEPÓSITO 67 (na rúa Gregorio Espino, 67) e que empregamos para diferentes funcións.
 
Partimos cun pequeno fondo de materiais que tiña o GAS, así como xente próxima que os cedeu ou prestou, a biblioteca está aberta sempre a novas doazóns de materiais.

Hai materiais que por diferentes razóns non se poden prestar pero poden consultarse no local, como o arquivo do movemento antimilitarista vigués, basicamente do MOCG.

O fondo de libros é diferente ao que temos na biblioteca virtual, pódese consultar o que hai neste enlace que iremos acutalizando unha vez ao més http://1drv.ms/1IQztbp.

O noso interese é ter sobre todo materiais que vaian desde o que se denomina libertario, de esquerdas, ecoloxistas, antidesarrollistas, antimilitaristas, queer, sobre xénero, etc. Aínda que temos tamén algo de literatua, historia etc.

Cómo imos funcionar:
A idea é que calqueira persoa contraria a este sistema poida facerse socia da biblioteca.

Os materiais préstanse durante un més, despois hai que devolvelos intactos, e se fai falla renóvase o préstamo outro més.

Quen queira participar pode contactar neste correo electrónico gasdevigo@gmail.com

13.7.15

Caravana-marcha Baladre 2015 do 19 ao 24 de xullo


Ao igual que o ano pasado este ano volvemos ás estradas. Se ben a pasada marcha percorreu terras do norte peninsular, este ano será o sur o elixido para a marcha. De Écija a Almería en seis días, debatindo, convivindo, charlando, reflexionando, denunciando, etc... sobre os máis diversos temas sempre cos pes na terra, nas aldeas, no barrios... Vémonos nas Marchas!!!!!!

Máis información neste enlace:

Acampada contra o Fracking do 13 ao 19 de xullo Gasteiz


Versión PDF do programa da FRACKANPADA 2015 está disponible neste enlace: PROGRAMA

Apresentação

O que é?

A Frackanpada é um acampamento de protesto internacional contra o fracking que irá ter lugar este verão na Euskal Herria (País Basco).

Quem organiza?

A Frackanpada é organizada pelo movimento anti fracking na Euskal Herria (Fracking EZ) que trabalha com o apoio de uma equipa de pessoas dedicadas de diferentes países europeus.
Quando será?

A data escolhida é de 13 a 19 de Julho.

Onde será?

O acampamento será em Subijana de Alava, uma pequena localidade do município de Vitoria-Gasteiz. O local escolhido tem uma forte importância simbólica, porque é o local onde a indústria pretende utilizar a técnica de fracking pela primeira vez na Euskal Herria. A Frackanpada tem o apoio dos habitantes da localidade, que nos permitiram acampar nas suas terras.

Quais são os principais objetivos da Frackanpada?

Existem vários objectivos. O primeiro é juntar pessoas activas contra o fracking e aqueles que pretendam se juntar á luta de diferentes locais, para partilhar experiências e trocar conhecimentos. Pretende ser um encontro entre as lutas contra o fracking e outras lutas relacionadas com a defesa da terra e outras, como contra a austeridade e por uma sociedade sustentável… A Frackanpada quer pôr em prática outras maneiras de organização e de olhar para as coisas, por outras palavras, para nos relacionarmos uns com os outros como iguais, apoiando-nos mutuamente e defender o ambiente. O acampamento será um local para conhecer, aprender e relaxar, mas também um local para se propor acções para expor o problema do fracking, mostrando aos perfuradores que não será fácil se eles vierem para destruir os nossos bens comuns.

WEB da Frackampada 2015: http://frackanpada.frackingez.org/

2.7.15

Proxección "En todas as mans" o 10/07/15 no CS "A Revolta"

Venres 10 xullo ás 20:00h, no C.S. "A Revolta" r/Real, 12 
Organizan: A Revolta, Verdegaia e G.A.S.

http://www.entodasasmans.com/?page_id=4
"O Proxecto:

No país do minifundismo permanece unha realidade que é de todas, e ao tempo de ninguén. Así é o mundo dos montes veciñais en mancomún.

Esta forma de titularidade comunitaria asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e fai parte do patrimonio cultural galego.

Hai trinta anos os seus lexítimos titulares, a veciñanza dos lugares, comezaron a recuperar a xestión dos montes veciñais, é tempo pois de realizar unha achega á situación actual deste réxime de titularidade.

Pretendemos construír un relato tecido coas voces das xentes das comunidades e do ámbito académico. Construíremos, así, unha ollada diversa, unha reflexión colectiva sobre o monte veciñal e o seu futuro.

Os montes veciñais en mancomún

Os montes veciñais en mancomún son formas de titularidade de orixe xurídica xermánica. Fronte a propiedade pública ou privada, que teñen orixe xurídica romana, este xeito de xestionar o territorio non supón ser propietario, senón usufructuario, dereito de uso e xestión. O monte veciñal non se pode vender, nen parcelar.

Na actualidade, a forma do veciñal existe no territorio galego e no norte de Portugal. Galiza conta con aproximadamente 3000 comunidades de montes en mancomún, que xestionan perto de 700.000 ha de territorio galego, o que representa case 0 25 % da superficie do país.

A titularidade comunitaria implica na xestión do territorio unha parte considerábel da poboación, na volta de 150.000 comuneiros/as.

Que fai necesario este traballo?

Este documental pretende mostrar o mundo do monte veciñal, unha realidade próxima, escasamente coñecida e pouco valorada pola sociedade galega. Ao tempo, queremos sinalar as potencialidades que ten como ferramenta válida para a xestión e custodia do territorio próximo.

Pretendemos sinalar a titularidade comunitaria como un elemento que fai parte do patrimonio cultural galego.

Queremos que este proxecto sirva como recoñecemento para as persoas que conforman as comunidades de montes, os comuneiros e comuneiras. Desexamos estimular a súa participación e o orgullo por poder participar dun xeito de xestión do territorio propia, ao tempo que esa apreciación se expande ao conxunto da cidadanía galega."

11.6.15

16 e 17 xuño - Xornadas: Libros para transformar a realidade

Diversos colectivos da cidade organizamos o16 e 17 de xuño as Xornadas: “Libros para transformar a realidade”. Coas presentacións dos dous libros convidamos a todas aquelas que pulan por desbordar o sistema capitalista a reflexionar en común, a dialogar, a crear formas de vida viables para toda a humanidade, para todo o planeta.
- Presentación do libro: “En la Espiral de la energía”. Coa presenza de Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción). Martes 16 de xuño ás 19:30 no local de Árbore (r/López Mora 30, Vigo).
Un libro sobre a historia do planeta e da humanidade, dende a perspectiva do consumo enerxético e material. Unha obra comezada a dúas mans por el mesmo xunto a Ramón Fernández Durán, que trata nos seus dous volumes sobre as formas de habitar o territorio, economías, sistemas políticos, tipos de traballo, demografía, loitas sociais, formas de relacionarse co entorno, etc. E analiza todo isto dende unha perspectiva histórica e metabólica, centrada nas interaccións de todos estes vectores e as súas consecuencias no plano enerxético, que está na base de todo sistema vivo.
Estamos nun momento de mudanzas radicais, no marco dun progresivo colapso do capitalismo industrial global e da súa civilización. Un tempo clave para construír sociedades máis xustas, democráticas e sostíbeis, e para iso coidamos que é esencial comprendermos mellor os elementos da historia da humanidade e os escenarios de futuro máis probábeis. Este libro é unha invitación ao diálogo colectivo para elaborar as estratexias e iniciativas emancipadoras necesarias. Por iso non todo van ser críticas: falaremos tamén de propostas de (re)construción social e política para un mundo sen petróleo -e sen outras moitas cousas.
- Presentación do libro: “Renda Básica das iguais e feminismos”. Con Mari Fidalgo (Baladre) e Beatriz Lorenzo (ODS-Coia). Mércores 17 de xuño ás 19:30 no local de Árbore (r/López Mora 30, Vigo).
A xente de Baladre di que “Renda Básica das Iguais e Feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida”nace da “necesidade de identificar os nosos desexos, de buscar as bases nas que queremos soster unhas vidas dignas e plenas, dende o ano 2012 dedicámonos a reflexionar e discutir sobre as contribucións que esta proposta de reparto da riqueza podía ofrecer á loita feminista e viceversa”.
Un libro que é froito da práctica cotiá e da reflexión conxunta, colectiva e horizontal. Feito con amor, coidado, apoio mutuo e moita rebeldía. Demandado cada vez por máis colectivos, non só feministas, onde a pretensión é compartir as experiencias acumuladas durante anos de vida, traballo, loita, enredos e desenredos, nos que a Renda Básica das Iguais vemos que é unha ferramenta igualmente válida para as loitas contra o heteropatriarcado capitalista.
As xornadas están organizadas por: C.C.Árbore, Lapsus, G.A.S., ODS-Coia e Verdegaia.

21.4.15

Acto de entrega colectiva do Tícket Eléctrico da Xunta (28/04/15)




A ODS-Coia, a parroquia do “Cristo da Vitoria” e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocamos un 

Será o MARTES 28 de abril a partires das 10:30 no delegación da Xunta de Galicia en Vigo (no edificio da Praza da Estrela na Consellería de Industria).

A Xunta de Galicia ten aberto o prazo, até o 30 de abril, para solicitar o tícket eléctrico. Ao igual que na anterior convocatoria, consiste nunha axuda para o pagamento de parte da factura eléctrica a familias con fillos menores a cargo con ingresos que non superen 798 €/mes ou 9.585 €/ano referidos a 2013.

A presión social unido ao desastre da anterior convocatoria trouxeron pequenas mudanzas, que nada disimulan o despropósito desta insuficiente axuda. A contía sube agora aos 90 € ao semestre para familias con nenxs, 150 € no caso daquelas que posúan o título de familia numerosa. Igual que a finais do pasado ano o tícket hai que presentalo telematicamente logo de achegar unha morea de documentos e acreditar unha vida na miseria absoluta ou ás portas dela.

A Xunta a través da propaganda e/ou a simulación pretende substituír os dereitos por esmolas, que lonxe de mudaren a desigualdade e a inxustiza crecentes perpetúan unhas estruturas que enchen os petos duns poucos a costa de facer negocios coas necesidades básicas de todas.

Neste enlace deixamos un resumo desta convocatoria, onde aparece a documentación necesaria para facer a solicitude:

16.4.15

Manifestación contra o TTIP en Vigo 18-04-15


Concerto Solidario cos Detidos na Rotonda de Coia



A música a porán os grupos: Zangief, Sesións HALO, Camarada Nimoy, Family Folks, O Peque Figueroa.

Estes grupos colaboran poñendo os seus sons, para tratar de recadar os cartos necesarios para pagar unhas multas que polo momento superan os 1100€.

A entrada é de 4€ e todo o recadado vai para a causa da rotonda. As entradas estarán a venta antes do concerto no local de Distrito 09.

Aquelas que poidan e queiran apoiar economicamente esta causa o poden facer facendo un ingreso nesta conta:
ES 96 2100 4831 90 2200066357


III Encontro Anarquista do Libro (ABRIL 2015- A GUARDA)


16.3.15

18/03 Concentración: Solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego!



Tras as mentiras dos axentes da policía local, que están a empregar a presunción de veracidade que se lles supón en contra da veciñanza, este mércores o noso compañeiro Diego acode aos xulgados para explicar o acontecido o 15/12 na rotonda de Coia.


Non estará só xa que a Asemblea Aberta de Coia convoca unha CONCENTRACIÓN diante do edificio novo dos xulgados baixo o lema: Solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego! Será este mércores 18 de marzo a partires das 9:30.


Condenaron a Xurxo con mentiras, e agora queren facer o mesmo con Diego. A violencia, o medo e as súas mentiras non conseguirán acalar unha protesta chea de razóns: non se poden tirar os cartos nunha rotonda, cando unha maioría sofre gravísimos problemas para cubrir as necesidades básicas.


Axentes da policía local acusan a este traballador social dun delito de atentado por unha agresión inexistente. Non sabemos que move a estes axentes a manter unha versión que nada ten que ver co acontecido nesa data, pero non estamos dispostas a soportar esta vulneración de dereitos que castiga e reprime ás que defenden os dereitos da comunidade fronte aos intereses dunha minoría.


O goberno de Caballero non ten razóns para defender esta obra “faraónica” e pensa que pola forza poderá impor a desfeita que supón chantar un barco na rotonda dun dos barrios máis castigados polo empobrecemento.


Xuntas volveremos a berrar: Xustiza social. Nin cartos na rotonda nin estado policial! 

Vídeo do acto:


24.2.15

Xornadas contra a especulación e xentrificación na zona vella de Vigo

Os vindeiros días 6, 7, 13 e 14 de marzo temos o pracer de convidar a toda a veciñanza de Vigo ás primeiras xornadas contra a especulación e xentrificación na zona vella de Vigo, que se van desenvolver no C.S. A Revolta do Berbês grazas á colaboración dos colectivos Xentrificación Vigo, GAS, LAPSUS e a ODS-Coia

Estas xornadas están pensadas como un punto de encontro e de posta en común para repensarmos, desde o colectivo e dun xeito crítico, os procesos de transformación social e urbana que están acontecendo no centro histórico da nosa cidade. Procesos que están a provocar a expulsión e marxinalización de colectivos sociais presentes no barrio durante anos, asi como a suba dos prezos das vivendas e dos alugamentos, ademais da comercialización e turistificación da maior parte do barrio.


Agardámosvos nas datas sinaladas no C.S. A Revolta do Berbés, en rúa Real nº 12 (zona vella), Vigo-Gz.

Programación

Venres 6 de marzo. 20:00h.

- Presentación das xornadas e do fanzine "Xentrificación. Transformación e exclusión social na zona vella de Vigo".
- Proxección: "Com un Gegant Invisible. Can Batlló i les ciutats Imaginàries" 


Sábado 7 de marzo. 19:30h.

Mesa redonda:
  - Transformación urbana e conflitividade social na cidade capitalista
        Con Juan Medela, Grupo de Estudos Antropolóxicos "La Corrala"
  - Especulación e exclusión social na zona vella de Vigo
        Con Xentrificación Vigo.


Venres 13 de marzo. 20:00h.

- Proxección + debate: "Bye bye Barcelona"


Sábado 14 de marzo. 

17:00h. Obradoiro de mapeo colectivo (cartografía social do barrio)
19:00h. Roteiro pola zona vella.


     ++ mais petiscos veganos e exposición fotográfica permanente++

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Venres 6 de marzo. 20:00h.

Com un Gegant Invisible. Can Batlló i les ciutats Imaginàries. 65:01min. Panóptica / LaCol (Països Catalans)

A través do documentario "Com un Gegant Invisible. Can Batlló i les ciutats Imaginàries" inténtase facer unha reflexión crítica á cidade contemporánea a través dos procesos de transformación acontecidos en Can Batlló, así como da evolución do Modelo Barcelona. Can Batlló é un recinto pendente de transformación, obxecto de reivindicación e loita veciñal dende fai moitos anos, atopándose agora nun proceso de apropiación por parte da cidadanía. A través deste proceso de recuperación, o documental pregúntase sobre cales son as regras do xogo, os actores, os intereses e estratexias que ditaron as transformacións urbanas na Barcelona dos últimos trinta anos e que levaron á situación actual: ao Can Batlló da  propiedade privada fronte ao Can Batlló da xente. Partindo desta base, o documentario reflexiona sobre o futuro e sobre as outras Barcelonas posíbeis, sobre todo nesas cidades que aínda nos quedan por imaxinar.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sábado 7 de Marzo 19:00h.

Nesta xornada Juan Medela, do Grupo de Estudos Antropolóxico "La Corrala", vainos introducir nas dinámicas actuais de construción da cidade capitalista. Para isto abordará os conceptos de cidade capitalista, de marketing urbano e de marca cidade, cuxas políticas de aplicación dan lugar á transformación do espazo urbano e por conseguinte a procesos de xentrificación, de exclusión, de privatización e de control social. Deste xeito, abordará os diferentes mecanismos de renovación e transformación urbana e social aplicados polas institucións cuxo fin último e potenciar e comercializar unha marca de cidade convertendo os espazos urbanos nun produto de consumo máis.

A continuación, Xentrificación Vigo vai abordar os procesos de especulación e exclusión social que se observan na zona vella da cidade. Dun xeito resumido intentarase identificar os actores, os procesos e os intereses que se atopan detrás dos procesos de transformación que levan tendo lugar nestes últimos anos no centro histórico de Vigo.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 

Venres 13 de marzo. 20:00h.  

"Bye Bye Barcelona" (54.40 min). de Eduardo Chibas (Països Catalans) 

“Bye Bye Barcelona" é un documental acerca da cidade e a súa relación co turismo, acerca da difícil convivencia entre Barcelona, xs barceloneses e o turismo e xs turistas. É un documental que expón, da man dalgúns dos seus moradores, os graves efectos que o turismo masivo ten na cidade condal. Barcelona non é unha gran metrópole, pero pode presumir de ser a cuarta cidade con maior turismo na Europa tras tres grandes capitais como Londres, París e Roma, sendo o seu porto o que máis cruceiros recibe de Europa e do Mediterráneo. Os Barceloneses viron como, en escasamente unha década, a cantidade de turistas triplicouse e ao economía xirou ate o servizo turístico, explotando, e destruíndo á vez, un patrimonio construído por xeracións anteriores. Realmente paga a pena perder todo isto?”

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sábado 14 de marzo. 

17:00h. Obradoiro de mapeo colectivo.

Este obradoiro está pensado para reflexionarmos desde o colectivo as problemáticas sociais e especulativos  presentes na zona vella da cidade. O obxectivo é identificar dinámicas e consecuencias do proceso de rehabilitación e transformación social acontecida no barrio durante os último anos, co fin de crear unha cartografía social e reivindicativa do centro histórico de Vigo. O fin último é o de estabelecer un espazo de encontro que nos permita identificar as problemáticas co fin de crear unha resposta crítica e colectiva a todo este proceso de transformación que xoga coas vidas de centos de persoas.

Para isto dividirémonos en diferentes grupos temáticos, onde a través de diversos textos e preguntas, reflexionaremos sobre as diferentes problemáticas identificadas no barrio. Para isto cada grupo contará cun mapa  e cunha serie de iconos que permitirán ir cartografiando o barrio a medida que cada grupo vaia reflexionando e analizando os diferentes bloques temáticos. Ao final, realizarase unha posta en común entre todas as asistentes, conformando así un mapa social que servirá de ferramenta para identificar e entender  de xeito visual de porqué falar sobre procesos de xentrificación en Vigo.

Na páxina web de Iconoclasista podedes atopar o interesante manual de mapeo colectivo para afondar máis no tema. Animádevos a vir!!

Aínda que non fai falla inscrición previa, si que agradeceríamos que se tes pensado pasarte polo obradoiro nos mandes un correo a xentrificaciónvigo@gmail.com co fin de axudar coa loxística dos materiais e da preparación da facilitación do obradoiro.


19:00h. Roteiro pola zona vella

A partires da cartografía obtida no obradoiro, realizarase un roteiro explicativo polo barrio para toda persoa que quixera vir. A andaina estará guiada entre os diferentes colectivos participantes nas xornadas e os diferentes grupos de traballo do obradoiro-mapeo que se queiran animar.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------
E ademais en cada xornada haberá petiscos veganos con prezo solidario para a autofinanciación das xornadas, ademais dunha exposición fotográfica permanente de denuncia social contra a especulación e xentrificación na zona vella de Vigo.