border="0"

26.4.11

Crónica da manifestación contra o TAV de Hendaia-Irun [23.01.10]

Galeria de imaxes [2]: http://picasaweb.google.de/zor.ekologikoa/AhtEzHendaiaIrun#
Galeria de imaxes [3]: http://www.ekinklik.org/index.php?option=com_datsogallery&Itemid=30&func=viewcategory&catid=147
Galeria de imaxes [4]: http://www.flickr.com/photos/txingudiahtgelditu/tags/maniirun


Comunicado da coordinadora AHT GELDITU!:


AHT GELDITU! esixe a paralización tras a rotunda manifestación do sabado


Tras a multitudinaria manifestación contra o TAV realizada o pasado sábado entre Hendaia e Irun, a coordinadora AHT GELDITU! Elkarlana esixe novamente os Estados español e francés e ao Goberno Vasco a paralización deste macro-proxecto amplamente contestado na sociedade vasca.

Mostramos a nosa satisfacción pola enorme resposta popular ao TAV reunida nesta mobilización conxunta das coordinadoras opositoras ao TAV de Iparralde e Hegoalde. Preto de 20.000 persoas (13.000 segundo a xendarmería francesa e 15.000 segundo a Ertzaintza) manifestáronse entre Hendaia e Irun para mostrar o seu rotundo rexeitamento ao TAV, na que foi sen dúbida a máis multitudinaria manifestación contraria ao TAV realizada até a data en Euskal Herria. A manifestación saíu ás 16:30h e ás 17:20h aínda había xente no punto de partida da Estación de Hendaia, cando a cabeza da marcha chegaba á Avenida Iparralde preto do centro de Irun. A manifestación do sábado foi pola súa amplitude un claro sinal da tremenda forza desta reivindicación e sitúa esta mobilización popular, xunto coa loita contra o TAV en Val dei Susa, á cabeza da oposición organizada aos Trens de Alta Velocidade que actualmente leva a cabo en distintos pobos e rexións de Europa. Felicitamos por tanto á poboación de Lapurdi porque a liña de Alta Velocidade que o Estado francés trata de impor espertou un amplo rexeitamento e nunca antes a mobilización popular había alcanzado semellante amplitude. A conexión de Alta Velocidade con Europa queda en dúbida polo que nos obriga a expor a seguinte cuestión: tendo en conta a enorme incerteza da conexión europea de Alta Velocidade, non queda patente que a "Y vasca" non vai a ningunha parte?

Por iso, AHT GELDITU! quere interpelar directamente aos gobernos e aos responsables do TAV para esixirlles a paralización das obras da "Y vasca" á vez que a apertura dun debate social en profundidade en torno ao TAV así como o modelo de transportes, de ordenación do territorio e de sociedade que se promove desde as institucións ao servizo dos poderes económicos.

http://www.ahtgelditu.org/blog/albiste-orokorrak/2010/01/26/aht-gelditu-exige-la-paralizacion-del-tav-tras-la-rotunda-manifestacion-del-sabado/

Máis info: http://www.sindominio.net/ahtez/?q=es/node/3414