Xa está na rúa o primeiro número da revista Renderén adicado á "Falacia da sustentabilidade", o podedes conseguir no CSA "A Cova Dos Ratos" (r/Romil 3 Baixo, Vigo) o prezo de 5 euros.
«La vie crée l’ordre, mais l’ordre ne crée pas la vie.»
Levamos moito tempo emitindo sinal, dando as coordenadas de onde nos atopamos. Situámonos por riba do medo e do catastrofismo que nos impoñen os espectaculares dispositivos periféricos do Capital, para precipitar a súa necesaria abolición. Poñémonos por riba e non por baixo, para que non nos esmaguen as colunas que ergueron os xerarcas e que xa non poden soster por si mesmas o delirio da depredación global. E porque cremos que cantas máis persoas deixen de soster e apoiar, tanto mellor nos irá a todos os seres do planeta.
Porque nunca acreditamos na vida extraterrestre, levamos moito tempo dicindo que non queremos soster na nosa casa, a fame, a guerra, a explotación e a ignorancia que alimenta o luxo dos ricos. E non queremos que os entusiastas da orde sigan a atrancarnos a vida con publicidade sobre as bondades do sufrimento e da devastación controlada.
Levamos moito tempo emitindo sinal, dando as coordenadas de onde nos atopamos e do que non queremos. Non aceptamos as choreiras espectaculares como a da conferencia de Bali nin a chantaxe culpábel desa jihad ben-pensante que porfía en darlle senso ao temporizador e á mecánica da destrución planetaria. Non nos interesa esa matraca interminábel sobre as propiedades emancipadoras da tecnoloxía comecartos, a absurda reciclaxe do refugallo consumista e un desenvolvemento que non pode ser para todos.
Levamos moito tempo emitindo sinal, dicíndolles tamén a todas esas persoas que, pensando “en positivo”, cren atopar a súa “salvación” na presunción de auténticas actitudes individuais que, sentíndoo moito, tal intención non chega para deter este sistema enfermo que nos fai enfermar. A “revolución verde” xa está madura coa axuda dos millóns de brazos e cabezas que frecuentan o templo da propiedade e do consumo, porque pintarse e pintarnos de verde é a única saída que teñen os gobernos e as corporacións multinacionais ás que obedecen para reinventarse. De entrada, cando menos, o que podemos facer entre todas é levantarlles esa pintura verde sempre que nos cadre e restarnos da súa conta para aliviar unha recua que só perpetúa a dominación.
Logo xa é tempo de nos convocar para o debate público, sometendo novamente a observación, necesaria e deliberadamente diversa, as proclamas máis rechamantes dos valedores desa eira que se albisca tras da virtualidade do confort postmoderno. Con esta publicación queremos contribuír a estimular un auténtico debate libertario no noso contorno para ceibarnos da autocompracencia, do moralismo e das meias tintas que apuntalan a crise actual. Mais non pretendemos espallar doutrina. Renderén só acredita na expresión e na acción espontánea da xente, na creatividade que procura a máxima liberdade e o ben común.
Levamos moito tempo emitindo sinal, dando as coordenadas de onde nos atopamos e do que queremos. E non queremos escoitar nada que teña que ver coa sustentabilidade deste monstro en declive.
Colectivo Renderen (Inverno 2008)
MONOGRÁFICO "A FALACIA DA SUSTENTABILIDADE" CON:
Jogo, Agustín García Calvo, Adri, Alberto Domínguez, Otto Más, Rebeca Baceiredo, Roi Ferreiro, Aurelia Smith, Remixio Fernández Seara, Pedro García Olivo, Grupo de Axitación Social, Reganosademolizón, kalvellido, Diego Ameixeiras, Kardo Kosta, Enrique López, Grupo Estrume e Borralha, Bouzas, Eliseo Fernández, Mª Xesús Díaz, Vento Morteira, Rafa Becerra, Santiago Alba Rico, Paulo Hortak, Derradeira cidade
http://renderen.blogspot.com/