border="0"

22.4.11

Mais aparcadoiros para o aeroporto, pero menos transporte público [02.08]

Durante os días 26 e 27 de febreiro, AENA (Aeropuertos españoles y Navegación Aerea) comezou as obras de ampliación do aparcadorio do infrautilizado aeroporto de Peinador.

O resultado foi a tala de ducias de arbores, varias delas centenarias, co obxectivo de facer unhas presuntas catro plantas subterraneas para o aparcadoiro, o que non sera ningunha solución real o problema da mobilidade da zona (Por que non aumentar e mellorar as liñas de buses?) mais enchera de beneficios a AENA, sobretodo despois de que o mesmo día do inicio das obras o alcalde de Vigo anunciase unha subida de prezos nos parkings. Casualidade?.

A constructura ACS DRAGADOS S.A., "unha empresa comprometida co progreso" como elas mesmas gostan en calificarse, foi á que se lle adxudicou as obras, de feito polo xeral unha de cada catro obras públicas feitas en Galiza encárganselle a esta empresa madrileña. A cal é ben coñecida por todas as viguesas pois tamen foi a encargada dunha das derradeiras agresións o noso territorio como foi a construcción do centro comercial "A Laxe", que abriu ilegalmente as suas portas o 13 de Febreiro. Sen esquecer que tamen é unha das empresas involucradas na construcción do AVE e demais salvaxadas medioambientais en toda Galiza (segundo cinturón de Vigo, porto de Bouzas, porto exterior de A Coruña, etc).