28.1.15

Concentración na rotonda de Coia: Globos contra o barco na rotonda 29/01/15

ESTE ACTO FOI FINALMENTE CANCELADO POR MAL TEMPO


Centenas de globos servirán para dicirlle, moi clariño, ao alcalde algo que a veciñanza non quere o barco na rotonda de Coia.

Queremos unha cidade para as persoas, e para iso os cartos de todas teñen que estar destinados a garantir a vida. El os tira en obras faraónicas: estadios, escaleiras mecánicas, humanizacións... Nós queremos, precisamos que eses cartos vaian destinados a cubrir as nosas necesidades, en definitiva, que se destinen a facer unhas políticas sociais potentes e duradeiras que aseguren unha vida digna para todas.

Concentración no xulgado: O Concello reparte esmola, nós esiximos dereitos sociais!



O próximo xoves 29 de xaneiro, ás 10:45 celebrarase a vista no proceso iniciado por unha compañeira da ODS-Coia contra a denegación de dúas Axudas de Emerxencia Municipal por parte do Concello de Vigo. En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia "Cristo da Vitoria" e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos propios xulgados (r/Lalín, Vigo) a partires das 10:30 da mañá.

Nesta demanda contencioso-administrativa estanse a recorrer dúas resolucións da Concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, nas que se fan patentes, por unha banda, a absoluta falla de motivación das resolucións denegatorias desta clase de prestacións e o grave incumprimento da tramitación legalmente esixida no procedemento administrativo; e por outra banda, a arbitrariedade na concesión das axudas, e a falla de resposta eficaz, en contía e tempo, por parte do Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo.

Os motivos de oposición alegados no recurso son:

- Infracción das normas reguladoras do procedemento administrativo: falla de cumprimento dos trámites legalmente esixidos. Incumprimento da estimación por silencio administrativo.

- Falla de suficiente motivación da denegación das axudas.

- Incumprimento das bases reguladoras das Axudas de Emerxencia en canto a produción e contido, por infrinxir a finalidade, requisitos de acceso e contía máximas das axudas.

O caso desta compañeira, que o xoves colocaremos diante do xuíz do Xulgado do Contencioso nº 1 de Vigo, non é máis que un exemplo dos centos de persoas que cada día ven como non se respectan os seus dereitos como administrados, como cidadáns, e como o Concello de Vigo perpetúa unha política social na que a opacidade, a irregularidade e a miseria son a regra xeral.

Este xuízo é o primeiro dunha loita, que o 18 de febreiro continuará, xa que outra compañeira acode tamén aos xulgados na procura da protección. Unha protección que o departamento de Benestar Social négase a ofrecer, malia a publicidade dun alcalde que fala das mellores políticas sociais do mundo, mentres as persoas sufrimos nos servizos sociais os: “non hai cartos”, “tes que te arranxar coa RISGA”, “xa recibiches moitas axudas”.... dun departamento colapsado e xestionado de costas ás necesidades básicas da xente.



Coia, xaneiro 2015

ODS-Coia, Parroquia Cristo da Vitoria e Grupo Axitación Social (G.A.S.)

26.1.15

Concentración nos xulgados denuncia contra Civis Global e Concello de Vigo 27/01/15


A Asemblea Aberta de Coia convoca o MARTES 27 de xaneiro ás 10:30 unha CONCENTRACIÓN diante dos XULGADOS de VIGO (r/Lalín, Vigo) en apoio dos representantes citados para ratificar e ampliar a denuncia admitida por Fiscalía en contra do Concello de Vigo e a empresa Civis Global ante a instalación do barco na rotonda de Coia.

21.1.15

Concentración 22/01/15 “NIN ESMOLA ASISTENCIAL, NIN BARCO NA ROTONDA. ESIXIMOS DEREITOS SOCIAIS”


A Asemblea Aberta de Coia convoca o XOVES 22 de xaneiro ás 18:00 unha CONCENTRACIÓN na ROTONDA de COIA baixo o lema: “NIN ESMOLA ASISTENCIAL, NIN BARCO NA ROTONDA. ESIXIMOS DEREITOS SOCIAIS”

A veciñanza volvemos á rotonda para esixir dereitos sociais! O faremos por medio dun acto de rúa no que representaremos o “Vigo real” do que nunca fala o alcalde e o seu goberno.

Na cidade que pisamos a maioría vemos...
a cada día máis persoas pedindo esmola nas rúas,
a cada días máis persoas remexendo no lixo para alimentarse,
a cada días máis persoas agardando meses por axudas sociais (RISGA, Axudas de Emerxencia Municipais...),
a cada día máis persoas facendo colas nas portas de entidades privadas...

E todo polo desastre de políticas sociais do concello, e tamén da Xunta de Galicia. Unhas políticas que pasan polos recortes, polo peche de servizos e pola privatización daqueles que queda.

En Vigo, a maiores dos problemas denunciados recentemente polas traballadoras sociais de atención primaria do propio concello (colapso, demoras na tramitación, persoal insuficiente) hai que engadir que a maior parte dos programas do Departamento de Benestar Social están xestionados por empresas privadas:

- CLECE (empresa de Florentino Pérez): recibe millóns de euros pola xestión do programa municipal de axuda no fogar (case 3 millóns de euros), polo programa de Intervención Familiar (máis de 500.000€) e por parte da xestión de CEDRO.

- Grupo 5 (empresa de xestión de servizos de Madrid): é a concesionaria (700.000€) do albergue municipal de Marques de Valterra.

A isto hai que engadir os convenios que o concello, e tamén a Xunta, teñen con entidades privadas que supoñen o desmantelamento dos poucos dereitos sociais que tiñamos para dar paso á mercantilización do sector e ao regreso do asistencialismo e a caridade.

Ante isto esiximos que os cartos de todas estean ao servizo das necesidades da xente.


NON PODE SER OS CARTOS NA ROTONDA E A XENTE SEN COMER!!




21 de xaneiro de 2015

Velorio polos Dereitos Sociais na Rotonda de Coia 20/01/15





Un cententar de persoas velamos a morte dos dereitos sociais. Non morreu a mataron os "malosgobernos". A xente, a veciñanza somos quen de revivilos. Dereitos Sociais, XA!

Vídeos:


Na Prensa:

17.1.15

Manifesto, Fotos e Vídeo da manifestación do 16/01/15 "Xustiza Social, nin barco na rotonda nin estado policial"

Achegamos o COMUNICADO que limos na rotonda:

Estamos a construír soños colectivos! Nunha asemblea, convocada de urxencia o 3 de decembro, decidimos parar as obras da rotonda; e conseguímolo. Foi a primeira vitoria, pero non a máis importante. Sen decatármonos, no rexeitamento da veciñanza á instalación do Bernardo Alfageme na rotonda, estabamos a expresar cos nosos corpos en desobediencia que SI, SI SE PODE! 

Non sabemos se ao final chantarán o barco na rotonda, pero si temos claro que no seu intento están dispostos a empregar todos os medios que teñen á man: represión, criminalización, multas, mentiras... Nestas semanas golpeáronnos con forza, pero non acalaron, nin acalarán, a nosa resistencia; porque nós temos razóns, forza colectiva, constancia, poesía, mandarinas ecolóxicas... para continuar cunha loita que hai tempo superou a cuestión do barco. 

Esta loita destapou o seu “malgoberno” e tamén o desastre dunhas políticas sociais que deixan a moitas persoas sen luz, sen vivenda, sen alimentos básicos, sen o local de Sereos...; en definitiva, sen dereitos sociais. 

O alcalde e os seus concelleiros falan de agresións, vandalismo e minoría marxinal para non ter que falar e afrontar o colapso do departamento de Benestar Social, dos meses de espera nas UTS, das protestas das propias traballadoras sociais, da falla de orzamentos, das denegacións inxustificadas das axudas de emerxencia, da miseria e precariedade da cidadanía...; en resumo, da arbitrariedade, inxustiza e ineficacia da política social deste Concello. 

As relacións humanas, as reflexións, as experiencias, os coidados... son algúns dos fíos que estamos a empregar para tecer redes fortes que desde abaixo, desde a xente, vaian construíndo o barrio, a cidade, a terra que precisamos. Espazos onde a VIDA e as necesidades das persoas sexan o centro das políticas. 

Os únicos barcos que queremos na rotonda son de papel. Barcos cheos de poesía, de beleza en que coller o impulso que precisamos para poñer os nosos corpos e as nosas mentes ao servizo doutra cidade máis humana. 

Que o noso berro se escoite ben forte: 

XUSTIZA SOCIAL!! 
NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!! 

Asemblea Aberta de Coia 
Vigo, 16 de xaneiro de 2015




Vídeo da TVG







Fotos do Faro de Vigo:
http://multimedia.farodevigo.es/fotos/gran-vigo/protestas-contra-instalacion-del-alfageme-vigo-30802_1.shtml

Na prensa:
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/centos-persoas-manifestanse-vigo-fontana-trevi-abel-caballero/20150116205951034111.html
http://www.vigoalminuto.com/2015/01/16/a-oposicion-ao-barco-de-coia-esixe-mais-cartos-para-as-familias-que-o-pasan-mal-en-vigo/
http://www.vigoultimahora.es/vigo/local/item/2629-vecinos-de-coia-marchan-contra-la-instalacion-del-alfageme

14.1.15

Manifestación 16/01/15 "Nin cartos na Rotonda nin Estado Policial!"



O VENRES 16 de xaneiro a Asemblea Aberta de Coia convoca unha MANIFESTACIÓN baixo o lema: XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!

Como na anterior manifestación, celebrada o pasado 12 de decembro, sairemos desde a Praza de América ás 20:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e coa lectura dun comunicado.


Semella que o alcalde está disposto a empregar toda a forza que ten de man para a calar a resistencia veciñal en contra das obras de instalación do barco. Unhas obras que estiveron paradas até o luns, cando de noite e con forte presenza policial, entraron de novo as máquinas.

O que o seu goberno intentar silenciar é que a nosa loita camiña na procura da Xustiza Social desde a non violencia. Desde o comezo do conflito a represión foi en aumento, ao punto de termos a tres compañeiros imputados por mentiras policiais, termos a persoas violentadas nas actuacións policiais, termos sancións por tocar a bucina...

O que lle doe é que estamos a desvelar publicamente o seu “malgoberno” e tamén o desastre dunhas políticas sociais, para a galería, que deixan a moitas persoas da cidade sen luz, sen vivenda, sen alimentos básicos... en definitiva: sen dereitos sociais.

Nesta loita non sobra ninguén! Precisamos de persoas, colectivos, asociacións, entidades deportivas... que fagan posible outra cidade, na que as persoas e as súas necesidades sexan o primeiro.

XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!



Concentración do día 14/01/15 na rotonda:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2015/01/14/font-acusa-opositores-coia-cachondearse-tras-cambiar-amenazas/00031421239955829817635.htm

http://www.vigoalminuto.com/2015/01/14/rodean-la-rotonda-de-alcampo-para-seguir-oponiendose-a-la-colocacion-del-barco-en-coia/

9.1.15

ROLDA de PRENSA antes as MENTIRAS POLICIAIS no conflito da rotonda



A Asemblea Aberta de Coia e a Parroquia do Cristo da Victoria convocamos de urxencia unha Rolda de prensa nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (r/Baiona 9 baixo - Coia) o sábado 10 de xaneiro ás 17h30 para valorar as detencións de tres persoas vinculadas ao noso colectivo, dar conta do sucedido e denunciar o crecemento das dinámicas de represión inxustificada que estamos a padecer..


- O día 15 de decembro foi detido un rapaz do noso barrio por un presunto delito de atentado á autoridade, dándose a circunstancia de que nin sequera se atopaba no lugar dos feitos.

- O día 7 de Xaneiro outro compañeiro, Xurxo, foi acusado falsamente por feitos similares

- No día de hoxe consumouse unha terceira detención polos feitos do día 15. Novamente, ao noso compañeiro Diego impútanselle delitos de atentado e lesións. Estas acusacións carecen de todo fundamento.

Contra o que D. Abel Caballero está a dicir, esta Asemblea vén dende a súa constitución empregando únicamente medios pacíficos de presión e protesta. Esa é a nosa opción e nela nos mantemos.

Vídeo da rolda de prensa:







7.1.15

Concentración contra a represión rotonda de Coia 08/01/15


Ante as mentiras, a manipulación e a represión policial, este mércores 8 de Xaneiro todas con Xurxo. 

O compañeiro e veciño de Coia foi detido nos protestos pacificos do martes 7 de Xaneiro e é acusado dunha suposta agresión a un policia local, o cal só presenta leves contusións no pulso.

Vídeos da concentración:




Vídeo da violencia policial do día 07/01/15:



Prensa:
http://vigodixital.opennemas.com/articulo/barrios/policia-local-aumenta-represion-opositores-rotonda-coia/20150108152750000801.html

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/comarcas/piden-3-anos-cadea-activista-da-asemblea-coia-agresions/20150108121707033864.html


A xente da ODS de Coia saca unha Guía de Axudas Sociais

Este novo ano 2015 trae á xente de Vigo a Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas! Unha nova ferramenta para axudarnos a afrontar esta vida de crises e privacións que afecta todos os ámbitos das nosas vidas.
guía de axudas sociais foi elaborada pola xente da ODS de Coia para que as persoas que o precisan poidan manexarse co muro de burocracia e recortes que as administracións opoñen á xente de todo tipo. Xente que nestes momentos necesita solicitar esas axudas públicas, axudas que son dereitos que todas temos e que ás veces parece que os gobernantes nolas presentan como caridade.

As axudas, moi ao contrario de como nolas presentan, son dereitos a reclamar; e máis agora, precisamente cando o sistema parece disposto a varrernos debaixo da alfombra, como persoas excluídas do sistema de produción e explotación, cando o noso nivel de consumo xa non conta e a nosa forza de traballo parece xa non ser necesaria. O empobrecemento da sociedade é froito dunha economía construída sobre a especulación, o esgotamento dos recursos naturais e a explotación das persoas; isto fai que o "mercado laboral" precise tamén unha lexión de paradas como ameaza permanente que permite empeorar as condicións laborais.
Fronte a ese abandono e culpabilización individual que o capitalismo nos ten reservado, nós opoñemos a solidariedade, a colaboración e a loita colectiva. Ese é o labor que durante anos leva facendo a ODS de Coia, asesorar desinteresadamente sobre axudas públicas e acompañar, cando se precisa, as persoas solicitantes; leva a cabo un labor de concienciación e denuncia na sociedade sobre o insuficientes que son os cartos públicos destinados a garantir unha vida digna e sobre o inxustas que son as esixencias para a concesión das axudas etc.
Dese traballo xorde esta guía, da reflexión e colaboración entre as persoas que precisan a axuda dos cartos públicos para a dignidade e as necesidades humanas, sen caridade nin paternalismos, para tomar conta das nosas vidas.

Xaneiro 2015
GAS

Rotonda de Coia 07/01/15 volve a loita e volve a represión.

Ás 6:30h desta mañá, conforme se acoradara na última asemblea de veciñas do barrio contrarias á ubicación do Barco Bernanrdo Alfageme na rotonda, abríronse a vallas que pechan a a rotonda, e un grupo de persoas penetrou na rotonda, coa intención de paralizar a posíbel reanudación das obras no día de hoxe.

Unhas horas despois e tras identificacións, os GOA, que fan as veces de forza de choque, da policía local de Vigo procedeu coa súa haitual agresividade a expulsar ás veciñas do interior da rotonda.

Polo que sabemos detiveron a un compañeiro.

A xente segue a permanecer nos arredores, berrando e reclamando que os cartos públicos non se despilfarren en obras absurdas a maior gloria dun alcalde autoritario, que obra de costas aos intereses reais da veciñanza de Vigo, recortando en axudas sociais e gastando millóns en obras innecesarias por toda a cidade.




Prensa:
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/comarcas/policia-identifica-vecinanza-coia-concentrada-na-rotonda/20150107104452033812.html