border="0"

31.10.15

III Semana Galega de Loita contra as Fronteiras

O Foro Galego da Inmigración, xunto a outros colectivos sociais, bota a andar a III Semana Galega de Loita contra as Fronteiras con actividades en diferentes localidades.
Nesta 3ª semana, que terá lugar entre o 2 e o 6 de Novembro, acolleremos a visita da compañeira Ainhoa Nadia Douhaibi Arrazola, educadora social e activista no movemento en defensa dos dereitos das persoas migrantes. Ainhoa é unha das compañeiras que impulsa a iniciativa Tanquem els Cies(“pechemos os CIEs”) que denuncia a continua violación de dereitos que acubillan os Centros de Internamento para Estranxeiros.
As compañeiras e compañeiros de Tanquem colaboran tamén coa Campaña estatal para o peche dos CIE, así como coas iniciativas que denuncian asdeportacións masivas de persoas migrantes apoiadas por Air Europa e Swift Air.
Ademais dos encontros con Ainhoa, durante esta semana, o Foro Galego de Inmigración presentará a Moción “Cidades libres de CIE” que pula por acabar coa persecución policial e redadas racistas ás persoas sen papeis, ademais de demandar o fin dos CIE no conxunto do territorio estatal.
Tamén haberá tempo para a reivindicación máis lúdica e outros moitos espazos de encontro onde facernos máis fortes fronte á discriminación racista e xenófoba que nos impoñen.
Tedes información completa sobre a semana no blogue:https://contraasfronteiras.wordpress.com
Aquí o programa de actividades:
A CORUÑA
- Charla, luns 2 de novembro ás 19:30h en R/ Mosteiro de Caaveiro, 4.
- Presentación da moción "A Coruña libre de CIEs", mércores 4 de novembro ás 12:30h no Concello. Rolda de Prensa e entrega da moción á Concelleira de Igualdade e Diversidade.
- Cea senegalesa: xoves 5 de novembro ás 21:30h no restaurante Mama África, R/ Pascual Veiga, 14.
FERROL
- Charla, martes 3 de novembro ás 19:30h na Galería Sargadelos. R/ Rubalcava 30-32.
- Presentación da moción "Ferrol  libre de CIEs", martes  3 de novembro a partir das 12:00h no Concello con Rolda de Prensa.
COMPOSTELA
- Charla, mércores  4 de novembro ás 20:00h na Librería Lila de Lilith. Rúa Travesa nº 7.
- Presentación da moción "Compostela  libre de CIEs", mércores 4 de novembro ás 11:00 no Concello con Rolda de Prensa e entrega da moción á Concelleira de Benestar Social.
LUGO
Xoves día 5 de Novembro
- 11:00 h: Rolda de Prensa. Concentración. Entrega da Moción no Concello. Na Praza Maior.
- 17:30 h: Kamishibai. Contacontos para nen@s con teatrillo. No Centro Social Madia Leva (Serra de Ancares nº 18).
- 19:00 h: Cantares de Cego con Mini e Mero no Centro Social Madia Leva (Serra de Ancares nº 18).
- 20:30 h: Charla: Stop Deportacións. (Randi Montero, Colectivo Sem Papeis). No Centro Social Madia Leva (Serra Ancares nº 18).
VIGO
Charla, xoves 5 de novembro ás 20:00h Local de Árbore (rúa López Mora nº 30) en colaboración con GAS e ODS.
O texto da moción "Cidades libres de CIE´s.