Sábado 9 de xuño as 18:00 saída de Vía Norte no cruce con Urzaiz. "Facendo do capitalismo historia"
FAGAMOS DO CAPITALISMO HISTORIA
Deslexitimar o G8 é só un primeiro paso na marcha cara un movemento global contra a dominación capitalista onde queira se dea. Somos, por tanto, contrarios a toda xestión capitalista da sociedade por canto supón un modelo altamente regresivo en materia de conquistas democráticas. Ao tempo que falan de convivenza, de paz, de xustiza ou de igualdade medra o exército dos chamados “superfluos“, dos parias. Con cada recurte nos gastos sociais refórzase a necesidade da protección militar das elites políticas e económicas, do fluxo de mercadorías, do mercado libre e da competencia selvaxe. A guerra convírtese, así, nunha medida de seguridade interior a escala global e a violación dos dereitos humanos e a tortura volven a ser aceptados como algo normal en nome dunha suposta loita contra o terrorismo.
Unha simples ollada a Galiza basta para entender os efectos negativos das políticas neoliberais e as súas consecuencias inmediatas. A chegada do AVE, os megaportos de Vigo e Coruña, a proliferación de PXOM´s relacionados con escuras tramas inmobiliarias, a especulación urbanística, o constante expolio do medio natural, o incipiente uso de transxénicos, a hiperexplotación dos sectores asalariados, as altas taxas de migración xuvenil ou a descomposición do tecido social son a mostra palpabel do deterioro das condicións xerais de existencia nun territorio da periferia de Europa, submetido á ditadura do capital.
Se queremos cuestionar, desacreditar e finalmente acabar co goberno do G8, temos un amplo abano de experiencias alternativas onde achar respostas axeitadas. Contra a privación de dereitos fundamentais reivindicamos toda unha serie de iniciativas que percorren hoxe de punta a punta o quefacer cotiá de milleiros de persoas en forma de loitas contra a mundialización da economía, a mercantilización da vida, o control social, o retorno da enerxía nuclear e a chantaxe do progreso tecnocientífico. Pero tamén pola reclamación do dereito á liberdade de tránsito e residencia, a condoación da débeda externa ós países do terceiro mundo, a defensa do territorio ou a reivindicación por unha renda básica para todos. Onde sexa se entrecrucen estas loitas xorden voces a favor do transporte público gratuito, da vivenda digna, da cultura popular, pola obxección fiscal contra os gastos militares, pola soberanía alimentaria e un longo etc que irá collendo corpo a medida de sermos quen de entender a importancia real da catástrofe planetaria dita globalización capitalista.
CONVOCAN: AMI, Asociación Caleidoskopio, Assemblea Anti-imperialista, Ateneo Libertario de Vigo, Ceivar, Celtarras, CS a Fromiga, CS Faísca, CS a Revolta, CIG-Mocidade, Galiza Nova, Grupo de Axitación Social, NOS-up, Precarias en Loita, Siareiras Galegas, SRI