border="0"

28.11.12

Usuarias e conductoras, a mesma loita (Folga en Vitrasa)


A loita contra as condicións, tanto laborais como de servizo, impostas por unha empresa privada que se está a beneficiar da explotación dun servizo imprescindible para a poboación.
 
Nunha cidade como a de Vigo, onde o automóbil privado é o núcleo central en torno ao que se vertebra o territorio, o transporte colectivo para moitas persoas non é só unha opción por un modelo de transporte máis respetuoso co entorno e o resto de usuarias do espazo viario, senón a única posibilidade de non quedar totalmente excluidas do acceso a servizos, bens, a unha vida social ou incluso ao mercado laboral ou, máis ben, ao intento de acceder a el.
 
O acceso ao transporte é polo tanto un dereito básico nesta sociedade actual como o é o acceso á auga potable, á enerxía ou á vivenda, dereitos a día de hoxe perdidos, como está a acontecer coa sanidade ou a educación, logo de deixarmos que o governo se autoerixise no seu único xestor para vendelos logo ao capital privado.

Capital-risco ademais no caso do transporte colectivo vigués, posto que Vitrasa, dentro do grupo AVANZA, foi mercada por no ano 2006 por Doughty Hanson, sociedade que opera nese escuro sector do xa por si opaco mundo das finanzas. Aínda así, o Concello de Vigo renovoulle unha vez máis a concesión do transporte vigués ata o ano 2019, cunhas condicións extremadamente vantaxosas. Así, mentres os directivos da Doughty Hanson veñen visitar os seus dominios en jet privado, nos continuamos a agardar unha hora por un autobús pagando a 1.24 euros a viaxe.

Pero a marxe de beneficios desta, como de calquera outra empresa, sabemos que non depende só de expremer ás “compradoras” do seu producto senón de explotar ás traballadoras e traballadores. Así, non só
temos un servizo extremadamente caro e claramente deficiente, especialemente para o rural vigués, senón que sabemos que éste está prestado por unhas persoas que teñen unha xornada de ata dez ou trece horas (e a permanancia tamén é traballo, porque non deixa de ser tempo da nosa vida a disposición da empresa), que é posible que leven sete días traballandoata ter un descanso ou ata quince meses sen que lle corresponda o turno de vacacións. E isto sen contar cun abuso escandaloso de horas extras que de suprimírense permitirían contratar a unhas trinta persoas máis. Unha situación preocupante para as/os viaxeiras/os.

As usuarias temos claro que o noso inimigo non é o/a condutor/a que ten que pasar a parada porque xa non cabe ninguén máis nun autobús que a empresa non reforza, ou chega tarde porque os tempos de moitas liñas son imposibles de cumplir, ao igual que conductoras e conductores deberían entender que non o son as/os usuarias/os que se queixan ou quenes procuran non pagar, ben porque non poden asumilo, ou porque simplemente se negan a que aquilo que debería ser un servizo sexa un negocio para uns poucos. O inimigo é o mesmo e común, o capital que nos explota a unhas e a outras e o governo que llo serve en bandeixa de prata.

Pero ademais disto, calquera loita por dereitos laborais é a loita de todas, e agora máis ca nunca. Cando as condicións de traballo se terán que pelexar empresa a empresa benefícianos a todas que estas sexan as mellores posibles no maior número delas. E non só no referente á remuneración da nosa forza de traballo, senón igualmente no relativo ás condicións nas que o facemos.

E apoiamos esta loita e esta folga porque despois de tantas manifestación e folgas en defensa do emprego a calquera prezo, esta é unha loita que cuestiona esa lóxica. Que recupera o dereito ao propio tempo, e en definitiva á propia vida como unha reivindicación léxitima e necesaria.
 
Polo dereito ao descanso para as/os traballadoras/es e a un transporte ao servizo da poboación.
Vigo, 29 de Novembro de 2012

27.11.12

Entrevista delegado da CIG en Vitrasa sobre a folga 26-11-2012


Entrevista a Enrique Bravo,conductor e delegado da CIG en Vitrasa, sobre a folga polo convenio no 26-11-2012.

Neste enlace:
http://archive.org/details/EntrevistaFolgaVitrasa2012 

20.11.12

Folga no transporte urbano vigués (Vitrasa)

A empresa adxudicataria Vitrasa explota ás conductoras, tanto nos salarios como nos descansos, mentras minte sobre as súas perdas e prepara unha nova subida para as usuarias, que todas pagaremos vía subvención do Concello ou directamente no prezo do billete. 

O 19 e o 26 de novembro vivíronse dúas xornadas de folga, cuns servizo mínimos abusivos e cunhas reivindicacións centradas nos días de descanso e vacacións.

O 29 hai unha nova xornada convocada, cunha mani ás 11h. con saída desde o cruce de Lepanto e Urzaiz ata o Concello de Vigo.

A folga reflexada na prensa:  
Vitrasa afirma o primeiro día da folga que este ano perdeu 600.000 usuarios

Huelga en el transporte público


10.11.12

A Crise é unha Estafa e o Capitalismo é un Roubo. Contra o Capital Loita Criminal!!!




A Crise é unha estafa... 
Porque é a definición de estafa a que mellor explica a situación que estamos a vivir. Porque non é certo que non haxa cartos para a sanidade, educación, salarios ou gasto social e por iso  temos que soportar reformas e recortes. Os cartos estan , simplemente téñenos outros. 

 Estáfannos os gobernantes, que actúan co principio de que para salvar a economía hai que salvar primeiro os bancos que a levaron ao desastre. E así, quítannos os cartos vía impostos, retencións e privatizacións de servizos mentres se inxectan millóns en bancos e entidades financeiras e privadas, das que, por suposto, eles/as mesmos/as participan. 

 Unha situación que se agravará co novo “non-rescate” europeo, toda vez que lembremos ―, no 2011 se modificou a “intocábel” constitución para situar o pagamento da débeda como gasto prioritario do estado, por riba de calquera outro como o gasto social. 

 Estafa dos propios bancos, que seguen acaparando millóns e millóns que nos quitan, tanto a nivel individual coma colectivo alegando a “necesidade de manter a liquidez do sistema”. 

 Estafa de analistas e institucións académicas que proclamaron as virtudes do libre mercado e da desregulación das finanzas. 

 Estafa dos grandes capitais, que rendibilizar a situación mediante amnistías fiscais e Sociedades de Investimento de capital variábel, tributando ao 1%. 

 Estafa de multinacionais e empresarios que nos rouban dereitos laborais coa escusa de manter postos de traballo, mentres aumentan os seus beneficios e, sobre todo, o seu poder sobre nós. 

O Capitalismo é un Roubo 
Por iso, a estafa da crise non lle é algo alleo, extraordinario ou accidental. 
 A cerna do capitalismo é precisamente o roubo, a apropiación ̶por parte dunha reducida elite ̶  dos medios necesarios para cubrir as nosas necesidades de alimentación, vivenda, benestar, coñecementos, etc. 

 Deste xeito, obrígasenos a someternos ás súas leis para sobrevivir. A acceder a todos e cada un dos recursos que precisamos a través da vía do mercado, onde tamén nós mesmas nos temos que vender. Vender xa non a nosa forza de traballo, senón a nosa dispoñibilidade permanente, o noso tempo todo. En definitiva, a nosa vida e a un prezo cada vez máis baixo. 

Ou ben quedar ra del, engrosando ese remanente de excluídas que son expulsadas cara á pobreza, servindo de presión sobre o mercado de traballo, de cara a que aceptemos unha precariedade, flexibilidade e explotación aínda máis salvaxe ou, senón, quedar sometidas á dependencia de quen teña a “sorte” de entrar nese mercado de escravos/as. 

Roubo do noso poder de decisión sobre as nosas vidas a nivel social e individual. 

Contra o Capital, Loita Criminal 
E este sistema, baseado na estafa e no roubo, que premia e amnistía os que mellor lle serven, é quen criminaliza as persoas pobres, as paradas, as inmigrantes, as enfermas, as vellas; pretende que as culpas da crise e do endebedamento recaian nas máis débiles da sociedade, culpabilizándoas ademais da súa situación. 

 Aqueles que están a se embolsar e desviar miles de millóns de euros pretenden sinalarnos como “delincuentes” a quen vende DVDs na rúa, a quen rebusca nos contedores, a quen ocupa unha vivenda baleira ou unha terra para traballar, ou a quen expropia comida nun supermercado, ben para asegurar o seu sustento ou para denunciar publicamente a pobreza sistémica como xenocidio encuberto. 

Pero sobre todo, criminaliza aos que lle pretenden plantar cara. Estamos vivindo un gravísimo endurecemento do código penal e a creación dun estado de excepción no que ̶̶ coa a máxima de que “todo é terrorismo”̶ se pretende acabar con calquera forma de disidencia política, obreira ou social. 
 Pero a resposta ante este saqueo, espolio e liquidación de dereitos sociais é inevitábel. Non podemos dedicar os nosos esforzos e sacrificio a manter este sistema criminal que nos explota e oprime por máis tempo. 
 as apandadoras
Vigo, novembro 2012

8.11.12

Traballo social para quen?



Texto das compas da ODS-Coia:


Hai uns días fixéronnos saber que o artigo: “Consellos prácticos á hora de entrevistarte coa traballadora social”, publicado na nosa web no mes de marzo, provocou numerosas reaccións negativas dentro do grupo de traballadoras sociais de atención primaria do Concello de Vigo. Nese texto exponse a estratexia a seguir á hora de abordar unha entrevista coa traballadora social -segundo as propostas de Berri-Otxoak- que a ODS-Coia tamén subscribía e asumía.


Para a ODS-Coia este asunto serviu para volver a pensar que postura tomamos fronte a un “modelo de producir y de vivir que nos ahoga”. Por iso refrendamos as palabras das xentes de Alambique: “no nos sirven ni las excusas ni las ayudas de miseria. En Asturies (tamén en Galiza) hay riqueza suficiente para todas. Es una cuestión de redistribución y justicia social.”

Por iso queremos aproveitar estas reaccións para abrir o debate sobre o papel que poden xogar os profesionais do social. Parafraseando a Raúl Zibechi estes profesionais dende a súa posición de bisagra poden afondar a dependencia ou promover a emancipación das persoas fronte ao sistema.
Dito isto, pensando nunha persoa que fóra a solicitar a RISGA, queremos achegar varios datos que completan este consello:

“Compórtate con corrección y dignidad. Exponle objetivamente tu situación de falta de recursos pero no entres en detalles íntimos. A la trabajadora social no le interesa si tienes novio/a, y si te pregunta córtala. Ten en cuenta que si sospecha que tienes pareja (aunque no estéis registrados, ni muchos menos casado/a) tendrá en cuenta los ingresos de ambos. Y aunque ninguno de los dos tenga ingresos, lo que podrían ser dos Rentas Básicas separadas, se convierten en una, con una persona a cargo y la cuantía total sería menor.”

A este respecto, o ordenamento xurídico vixente en relación á RISGA (Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social no artigo 10) di sobre as unidades de convivencia:

1. Unicamente se concederá unha renda de integración social de Galicia por unidade de convivencia independente.

2. Para os efectos previstos nesta lei, considerase unidade de convivencia independente as persoas que vivan soas, e, se é o caso, o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas co solicitante por matrimonio ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal, por adopción ou acollemento ou por parentesco de consaguinidade ou afinidade ata cuarto e segundo grao respectivamente.

3. Malia o anterior, cando nunha unidade de convivencia existan persoas con menores ó seu cargo, considerarase que constitúen unha unidade de convivencia independente.

4. A unidade de convivencia independente beneficiaria non perderá esta condición cando por causa de forza maior, accidente ou desafiuzamento se vexa obrigada a residir con outra.

5. Regulamentariamente determinaranse os supostos do marco físico de residencia colectiva que poidan ser considerados unidade de convivencia independente para os efectos deste artigo.

Co fin de enriquecer o debate, dende a ODS-Coia pensamos que podería ser interesante contar coa opinión de profesionais relacionados coa cuestión. Deste xeito, a avogada Esther Lora apunta:

Que a “expresión relación análoga a la conyugal hace referencia a parejas de hecho inscritas en el Registro de la Xunta (que es el único que tiene efectos administrativos vinculantes). Eso exigen para cobro de pensiones, seguros, herencias…”
Tamén di que “el problema es que, cuando se trata de expedientes en el que se reconocen derechos o se hacen pagos, la interpretación de la Administración cambia, y se entiende por unidad familiar todas las personas que viven en un mismo domicilio con independencia de cuánto tiempo lleven, etc.”

“Si el propio interesado reconoce ese hecho, lo dan por probado. Si están empadronados en el mismo domicilio, también lo consideran unidad familiar a efectos de cómputo de ingresos.”
“Con la redacción de la ley en la mano, cualquiera de las dos opciones es admisible, por lo que, hasta que nadie lo lleve delante de un juez para unificar criterios, no hay mucho qué hacer.”
“Legalmente está claro que lo procedente sería exigir una unión estable de pareja registrada, que es la única forma legal de comprobar que se cumplen los requisitos.”

“El Decreto que desarrolla el tema del registro de parejas de hecho de la Xunta deja claro que es el único mecanismo de demostrar esa relación análoga a la conyugal, por lo que la seguridad jurídica y la teoría de los actos propios de la Administración, debe llevar a que ese sea el criterio para todo tipo de expedientes administrativos.”

Consultamos tamén a David Álvarez, profesor de ética do traballo social na Universidade de Vigo, quen opina desde o punto de vista deontolóxico:
A persoa e “quen decide o grao de compromiso e corresponsabilidade nas relacións afectivas” que corresponden ao “eido da vida privada”. Continúa dicindo que “nin son do eido público nin están certificadas formalmente, nin está estipulado que sexan exclusivas con unha única parella”, polo tanto se hai que “discutir e xustificar as relacións coa traballadora social, xa deixan de ser do eido privado e se converten en públicas. Un pode mentir ou calar ante unha pregunta improcedente. Non se viola ningún deber porque ninguén ten o dereito a saber ese dato.”

Por exemplo “eu podo considerar que a miña relación conta como un "noviazgo" en serio e a outra parte considerala doutra forma. Quen decide isto, a traballadora social?”
Conclúe dicindo que “eu renuncio a facer oficial o meu proxecto de vida compartido cando decido non casarme, non inscribirme en ningún rexistro, etc... Deste modo estou sendo excluído oficialmente dos beneficios sociais e fiscais que gozan os matrimonios. É inxusto que me impoñan as cargas respectivas.”

Para David “o interesante é que a lei non contempla noivos ou parellas”. Sinala que “é a interpretación do regulamento o que implica unha redución dos dereitos na práctica”. Finaliza dicindo que “o triste é que (as traballadoras sociais) na práctica, por culpa dunha reglamentación discultible e matizable, se están posicionando no lado contrario ao interés do usuario: non se minte á traballadora que se mete na túa vida. O Código Deontolóxico da profesión ten recursos para amparar ás profesionais e para demandar unha clarificación de normas potencialmente adversas aos intereses do usuario.”

Agardamos que este texto sexa o comezo dun diálogo rico e sinceiro que permita afondar nas causas da inxustiza e desigualdade, axudando a responder a preguntas como:

- As políticas sociais están ao servizo do mantenemento da estrutura ou da liberación das persoas?
- Son só instrumentos de control social ou loitan pola superación deste sistema fracasado?
- Os profesionais do social sirven ás grandes empresas (CLECE, EULEN...) ou á loita polo reparto da riqueza?

Coia, novembro 2012
ODS-Coia

Boletín Anarquista Galego nº1

Especial "Novembro Negro" onde, ademais de darse conta das Xornadas Anarquistas Itinerantes Galegas, tambén falase da Campaña contra a Tortura e os Malos Tratos, da Solidariedade con Noelia en folga de fame, Noticias da Galiza, Grellada Anti-represiva, da Escola Ruka Inche, e mesmo un poema de Lucio García Blanco, un preso FIES do PCE(r).
Desrcargar: Aquí

7.11.12

Proxeccións de novembro no CSA "A Cova dos Ratos"


 No CSA "A Cova dos Ratos" r/Romil,3 VIGO
8 novembro
"CIDADE DE DEUS"
http://cidadededeus.globo.com/

Brasil, 2002, Drama Criminal. Dirixida por Fernando Meirelles e Kátia Lund. Foi adaptada dunha novela do mesmo nome de Paulo Lins, baseada nunha historia real e publicada no 1997.

A película céntrase na guerra entre Zé Pequeño e Mané Galinha, nunha favela de Río de Janeiro chamada «Cidade de Deus». A frase que identificou á película foi: "Loita e nunca sobrevivirás... Corre e nunca escaparás...". Moitos dos actores, foron residentes de favelas, mesmo da propia Cidade de Deus.

15 novembro
"INVISIBLES"
http://invisiblesmsf.blogspot.com.es/

España, 2007. Producida por Javier Bardem co apoio de Médicos Sen Fronteiras. Dirixida por Mariano Barroso, Isabel Coixet, Javier Corcuera, Fernando León de Aranoa e Wim Wenders.

É un achegamento por parte destes 5 directores a aquelas persoas que residen no noso esquecemento. Un desexo de dar voz a varios dos que se quedaron mudos pola indiferencia. E unha humilde homenaxe a esas outras persoas que nunca apartaron a mirada delas.

22 novembro
"BORN INTO BROTHELS"
http://es.wikipedia.org/wiki/Los_Ni%C3%B1os_del_Barrio_Rojo

USA, 2004. dirixida por Zana Briski e Ross Kauffman.

O filme mostra a aventura da fotógrafa inglesa Zana Briski no barrio vermello de Calcuta . Alí coñece a un grupo de nenos, fillos das prostitutas que traballan nese sector. Briski simpatiza con eles ensínalles fotografía, regálalles cámaras e os leva a coñécer o mar. Logo organiza unha exposición artística coas mellores imaxes tomadas polos nenos. Posteriormente, intenta sacalos da pobreza na que viven e levalos a unha escola.

29 novembro
CATRO CURTAS SOBRE POR QUÉ AS PERSOAS MIGRAMOS e O que acontece cando o facemos. Achegarémonos primeiro a unha vila de Senegal, para voar despois ás cidades de Madrid e París.

Duración – 52 minutos

“Kaolack” (5′). Miriam Do Roxo e Area Erina.

“Redadas racistas en Madrid” (12′). Edu León, Olmo Calvo e David Fernández.

“Le mond est a nuds” (26′). Banlieus Hack Movies-Coleurs.
“Chino” (9’’). Rogelio Sastre Rosa.

Organiza: Raias Traveseiras