20.6.13

Acto de rúa en Vigo no Concello e na Xunta 27/06/2013 "Vivir dignamente é un Dereito"


O xoves 27 de xuño a xente da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Victoria e do Grupo de Axitación Social pechamos a campaña "Vivir dignamente é un dereito" coa que a través da recollida de follas de denuncia social esiximos unha Renda Básica a Concello de Vigo e Xunta de Galicia.
Foron algo máis de dous meses de actos de rúa, mesas informativas, encontros con ducias de persoas, reunións con políticos e técnicos de servizos sociais, festas...
Como acto de peche desta campaña, non das nosas accións, o vindeiro xoves 27 de xuño convocamosvos para a seguinte mañá de actividades:
Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro do Concello de Vigo. Na lonxa do concello ás 11h00.
Manifestación dende o concello ata a Xunta, o percorrido será: Paseo Granada-Segunda República-Policarpo Sanz-Colón-Concepción Areal . A saídaserá ás 11h30 dende o concello.
Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro da Xunta de Galicia. No edificio da Xunta (r/Concepción Areal 8) ás 12h15.
Baixo lema: "Coa que está a caer, Renda Básica XA" marcharemos dende o concello ata a Xunta protexidos por paraugas ou parasois, animamos a que os decoredes con lemas reivindicativos. Nós o martes 25 dende as 17h00 estaremos nos locais parroquiais do Cristo da Victoria (r/Baiona, 9) para facer un obradoiro de decoración en común.
Precisamos de vos para facer un acto co que escoiten que esiximos os nosos dereitos agora!

Vídeo da presentación en Vigo da Revista "O Golpe"


Vídeo de Galiza Contrainfo no que se pode revisitar a presentación que se fixo na Cova dos Ratos da revista O Golpe.
A presentación estivo organizada pola Distribuidora Lapsus, que ten un flamante blogue para achegarnos as novidades das editoriais alternativas e autoxestionarias.

12.6.13

Manifestación "Pobos unidos contra a Troika" do 1/06/2013

Vídeo de Galiza Contrainfo da mani contra a Troika Europea do 1 de xuño en Vigo. 

Nota de prensa das convocantes:
COMUNICADO DE PRENSA
1X: RESUMO DA XORNADA
POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA!!!

Distintas cidades galegas uníronse hoxe ás mobilizacións convocadas en Europa contra a inxustiza social e o recorte de dereitos propiciados polo actual sistema.

Hoxe, sábado 1 de xuño, tivo lugar en máis de dez países europeos (Alemaña, Galicia, Portugal, Escocia, Eslovenia, Italia, Grecia, Bretaña, Francia, Inglaterra, Chipre, España, Catalunya e País Vasco) unha mobilización cidadá desobediente e non violenta que xorde como protesta masiva ante a restrición de dereitos e liberdades públicasás que o actual sistema, coa troika (FMI, BCE e CE) en cabeza, está sometendo á cidadanía. Un sistema que o pobo europeo considera inxusto, abusivo, degradante, desigual e indigno A cidade de Vigo uniuse tamén a esta marcha que comezaba ás 12:00h. na Praza de España, para rematar ao redor das 13:30h. na céntrica Porta do Sol, onde foi lido un manifesto que chamaba á mobilización para facer fronte a un sistema que persegue a limitación dos dereitos da cidadanía e a restrición das liberdades,  e á procura de alternativas éticas, responsables e dignas

O actual sistema obriga á cidadanía a pagar os excesos e malas prácticas dunha elite económica e política que sae impune (e mesmo se beneficia) desta situación, mentres a maioría padece as consecuencias, que chegan en forma de recorte de dereitos, desmantelamento dos distintos mecanismos de solidariedade, altísimas taxas de desemprego, aumento dos impostos, retroceso nas condicións laborais dxs traballadorxs ou ataque e limitación  das liberdades, entre outras.

Neste contexto non hai máis opción que a toma de conciencia crítica que veña acompañada da adopción dun papel activo na protesta, na loita contra este sistema capitalista, inxusto e restritivo que promove a desigualdade e pretende despoxar á cidadanía da súa dignidade. Hoxe a cidadanía europea adoptou unha postura coherente coa ética individual e o compromiso social. Hoxe, a cidadanía europea declarouse antisistema

11.6.13

30/05 Acto na praza da Constitución para esixir o dereito a unha vida digna


Outra mesa de recollida das follas de denuncia social, outro acto máis na rúa para amosar que fronte á intemperie na que estamos a maioría, moitas somos quen de nós xuntar para mudar o estado das cousas.

Por todo isto e por máis razóns estabamos hoxe na praza da Constitución coa xente do IMÁN, coa PAH, coa xente de GAS e da parroquia do Cristo da Victoria e con moitas máis esixindo que temos dereito a vivir con dignidade e que a nosa riqueza se reparta en forma dunha Renda Básica.
O acto se desenvolveu entre as 11h00 e as 13h00 cunha mesa informativa sobre a campaña “Vivir dignamente é un dereito”, coa que denunciamos a dramática realidade que están a padecer moitas familias no noso barrio e en toda a cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.
Durante toda a mañá decenas de persoas se achegaron a interesarse pola iniciativa e a asinar estas follas de denuncia social. Seguiremos coa recollida para a finais do mes de xuño facer a entrega dos escritos, estade atentas xa que queremos que o acto de peche sexa multitudinario.