border="0"

25.4.11

Crónica dos actos contra o Festival Aéreo [16-17.07.09]

O pasado xoves 16 de xullo, unhas corenta persoas xuntámonos en Príncipe convocadas polo Espazo Aberto Antimilitar e A Ría Non Se Vende, para denunciar a celebración do Festival Aéreo de Vigo, como un espectáculo militarista, armamentista e que despilfarra sen necesidade cartos públicos, contamina a ría e supón un alto (e absurdo) nivel de consumo enerxético.

Para chamar a atención das viandantes, unha ducia de victimas coa súa correspondente lápida, lembraban outros festivais aéreos que se fixeron famosos ao longo da historia, o de Gernika, o de Dresden, o de Bagdad, o de Hiroshima, o de Nagasaki os habituais hoxe en día en Afganistán, etc.

Para darlle a réplica ao Festival que trae aparellada unha exposición de maquetas de avións famosos (moitos deles militares), nós fixemos unha maqueta dunha cidade bombardeada, así a xente puido ver o que supón que eses avións cumplan a función para a que foron construidos, acompañado dalgunhas fotos de bombardeos famosos e o número de víctimas correspondente, tería sido máis completo se informasemos dos avións implicados en cada caso...Canta xente morreu polo B-52 en Vietnam? (Por poñer un exemplo dun dos avións que nos visitou co Festival).

O venres 17 pola tarde, un grupiño achegámonos (todo o que nos deixaron claro), ao barco da Armada Española que participaba no Festival Aéreo, para deixar ver as lápidas de bombardeos famosos, e repartir panfletos á xente que pasaba, ás que se dirixían á visita do barco e mesmo aos militares que regresaban.

Así como a reacción da xente o día anterior en Príncipe foi boa, parándose a ler, a escoitar as lecturas do manifesto, preguntando, etc. O venres, se ben tamén houbo reacción favorabeis, como é lóxico as houbo tamén máis rabudas, aínda que neste caso a violencia só a exerceron contra os panfletos, acabando algún mesmo convertido en avionciño...

Galeria fotográfica do acto do xoves 16 e do venres 17:
http://galiza.indymedia.org/gz/2009/07/20495.shtml