27.10.13

Charla Miquel Amorós o luns 4 novembro en Vigo


"Nuclear a resistencia en torno ao problema enerxético, do comité Irradiés á MAT"

Miquel Amorós, responsábel da selección e traducción dos textos recollidos no libro "Fisuras en el consenso" preséntanos esta antoloxía de textos do "Comité Irradiados do Mundo Unídevos" , enlazando as actividades e posicionamentos do colectivo francés coa movilización actual contra as liñas da MAT (Moi Alta Tesión) coas que se pretende introducir en terras catalanas a enerxía xenerada nas centrais nucelares francesas .

"Na súa forma catastrófica, de Hiroshima a Chernobil, a enerxía nuclear é incompatíbel coa existencia biolóxica. Pero é na forma que din "pacífica", en funcionamento "normal", cando se amosa especialmente incompatíbel coa vida humana".

Pódese dicir máis alto pero non máis claro, esa era a marca da casa do Comité Irradiés nun tempo que pretendía verter luz sobre o sorprendente consenso acadado en Francia arredor da cuestión nuclear para asíabrir brecha e axitar conciencias.

Un terreo, o da teoría, pero tamén o da práctica, abondo fértil para dar debida resposta, en tempo e forma, aos máis variados desafíos. E de entre eles un, a MAT, que na actualidade ameaza con levar por diante todo canto atope ao seu paso nas comarcas do Gironés, Pla de l´Estany e Alt e Baix Empordá, baixo o pretexto da eficacia no transporte de enerxía a grandes distancias. 

O luns 4 de novembro teremos a oportunidade de achegarnos a estas dúas experiencias, non só dende o punto de vista da análise da ameaza nuclear, senón, sobre todo, da plena vixencia da loita antidesenvolmentista e da necesidade de acumulación das experiencias pasadas, tanto teóricas como prácticas, para armarnos de cara ás loitas presentes e futuras, tanto neste, como en calquera outro ámbito.

No Centro Social "A Cova dos Ratos" de Vigo ás 20:00h. r/Romil,3.

Organizan: Grupo Axitación Social e distribuidora Lapsus

15.10.13

Texto da Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica Estatal‏


En Galiza estamos dispostas a loitar polos nosos dereitos e por iso comezamos a movernos por unha Renda Básica Estatal dentro do Movemento contra o paro e a precariedade. Renda Básica, XA!
Achegamos o texto desta Iniciativa Lexislativa Popular POLA RENDA BÁSICA ESTATAL en galego para que o coñezades e o difundades:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
“Non somos mercadorías en mans de políticos e banqueiros”. Nas prazas de todo o Estado resoaron durante o ano 2011 estas palabras indignadas expresando o cansanzo da cidadanía.
A crise multiplica o número de damnificados polas políticas capitalistas e neoliberais. Iso supuxo que 5977500 persoas estean en situación de desemprego segundo os datos da EPA do segundo trimestre de 2013. Recortes en sanidade, educación ou axudas á dependencia mediante a menor asignación orzamentaria e as privatizacións, entre outras medidas; e un preocupante aumento da precarización das condicións laborais e os abusos exercidos sobre os traballadores.
A carencia de emprego e de ingresos constitúe un dos principais motivos de desafiuzamentos. Segundo o Consello Xeral do Poder Xudicial, o número de desafiuzamentos en 2012 era de 101034 e para o 2013 estímase que o 37,5% será motivado polas execucións hipotecarias e o 57,7% por execucións de alugamento. Resulta inadmisíbel que nun estado democrático, social e de dereito, á vez que o uso e goce dunha vivenda digna, o emprego nun traballo digno e a garantía de suficiencia económica das persoas son constitucionalmente declarados, sexa consentido que simultaneamente existan situacións nas que se lles prive ás persoas destes.
Entre tanto, o Estado reflota a banca inxectándolle contías astronómicas de diñeiro público; os barrios deterióranse a marchas aceleradas, o número de persoas que non dispoñen de ningún tipo de prestacións sociais medra a medida que se desenvolve o período de crise, a pantasma da pobreza infantil volve a asomarse na nosa realidade cotiá, aumentan as enfermidades mentais e os suicidios; os comedores sociais e os programas de alimentos vense desbordados. Pobreza, paro, precariedade e marxinación anóanse, limitando a liberdade real de millóns de persoas e expulsándoas á cuneta, á exclusión social.
Xunto á pobreza coñecida emerxen novas formas de marxinación e precariedade. No Estado español, a taxa de persoas en risco de pobreza e/ou exclusión social é do 27% para o ano 2011, segundo Eurostat. Case a metade da mocidade atópase en paro, condenada a vivir na casa dos pais, a emigración acaba constituíndo a única perspectiva –inclusive para moita xente nova con titulación universitaria–, emigración obrigatoria que desde as tribunas do poder ousan afirmar, sen pudor ningún, que constitúe unha fortaleza para a mocidade e para o conxunto do Estado.
Nesta situación, as axudas non contributivas e as correspondentes a rendas mínimas estabelecidas polas institucións públicas –moi dispares entre os distintos territorios que conforman o estado español–, mostran descarnadamente a súa radical inadecuación á realidade, revélanse insuficientes para a condición de habitabilidade digna das persoas e rematan converténdose nunha miserábel carreira de obstáculos debido á súa excesiva burocratización e ao seu condicionamento a situacións de emerxencia límite que non cobren a situación de emerxencia social xeneralizada.
Aos que mandan, éncheselles a boca de palabras como “pleno emprego”, “estado de  benestar” ou “protección social”. E as leis fundamentais, tales como a Constitución Española ou os Estatutos de Autonomía, estabelecen con solemnidade eses dereitos sociais elementais, que nunha gran proporción dos casos non son executados pola súa supeditación á supremacía económica. Chegou a hora de esixirlles que cumpran as leis e que os seus feitos se compadezan dos seus belos discursos.
Toda a situación exposta neste preámbulo supón unha flagrante violación do Dereito á vida presente no artigo 15º da Constitución Española e no 3º da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Por iso, da unión dun gran número de persoas xurdiu o “Movemento Contra o Paro e a Precariedade. Por unha Renda Básica Xa”, apoiado por diferentes colectivos e movementos sociais para dicir basta e esixir unha resposta urxente a esta situación. Consideramos que unha das primeiras medidas a tomar é a implantación da Renda Básica a nivel estatal. Nesta proposta dánse a man a loita contra a marxinación social e a pertinencia de abrir canles a un novo dereito de persoas, cuxa reivindicación foi asentándose nos últimos anos.
O nivel de pobreza que alcanzou o Estado español sitúase no 13,7% segundo datos da ocde e non é previsíbel unha mellora a medio prazo. Da súa solución non deben encargarse as chamadas axencias de caridade, o sector privado nin o sector terciario; moi polo contrario, esta realidade debe ser entendida como unha situación social e colectiva, de emerxencia e estrutural, de degradación das condicións de vida. En base a isto, é o Estado o responsábel da súa eliminación.
Así, a Renda Básica é un instrumento factíbel de erradicación da pobreza, un mecanismo de repartición da riqueza e distribución da renda; que pode dar seguridade económica á poboación fronte á incerteza e a arbitrariedade; que permite iniciar outros modos de vida, fomenta a igualdade de xénero e contribúe a eliminar os estigmas sociais.
Estimamos que a Renda Básica pode ser o piar do novo sistema de benestar e un instrumento útil para defenderse do deterioración das condicións de vida que impón o capitalismo global. Mais, para que constitúa unha ferramenta de transformación social, é preciso superar a manipulación que sufriu o concepto por parte dos poderes. A Renda Básica que defendemos non é unha esmola, nin unha prestación asistencial, nin un salario de pobres. Non queremos unha axuda graciábel, mangoneada pola administración que cadre, senón un dereito inherente á condición de persoas. Consideramos a Renda Básica unha proposta para facer xustiza, non unha medida para practicar a caridade pública, perpetuar os guetos e a segregación social. Defendemos o modelo de Renda Básica das Iguais, modelo que veñen defendendo diversos movementos sociais –como Baladre–, así como outros modelos nos que traballan un gran número de colectivos e movementos do Estado español que seguen loitando por unha Renda Básica como un dereito coas características de individualidade, universalidade e incondicionalidade (ou non suxeito ao mercado de traballo) e que foi culminando nunha Iniciativa Lexislativa Popular autonómica, levada a cabo pola Plataforma Estremeña contra a Exclusión Social e os “Campamentos Dignidad”, contando cun gran consenso da poboación.
Concibimos a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica como unha ferramenta para sacar da intemperie a milleiros de persoas, mais tamén para combater o medo e a desmobilización social. “Non hai pan para tanto chourizo” gritouse con rabia nas prazas. Non hai diñeiro para satisfacer a cobiza dos delincuentes de luva branca. Si hai e debe haber recursos para garantir unha vida austera, pero digna, a todas as persoas.
Por todo o exposto, presentamos a seguinte Iniciativa Lexislativa Popular:
Artigo 1: Dereito á Renda Básica. Establécese o dereito de toda persoa polo feito de nacer, a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades elementais. A Renda Básica constitúese como dereito individual, universal e incondicional.
Disposición transitoria: A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza fixado “no 60% da media da distribución dos ingresos por unidade de consumo adxudicados ás persoas”, isto é, será de 645,33 euros mensuais, que se corresponde co último dato exposto por Eurostat (ano 2011), tendo que equipararse nos anos sucesivos ao equivalente do mesmo concepto.
Disposición Adicional Primeira. Aplicación gradual. Establécense dúas fases de posta en funcionamento da Renda Básica. Unha primeira fase que entrará en vigor de forma inmediata tras a aprobación da presente Lei. Afectará a todas as persoas, domiciliadas no Estado español e inscritas no Servizo Público de Emprego correspondente a cada territorio, que non teñan cobertura por desemprego e non dispoñan doutros ingresos. Do mesmo xeito, afectará a aquelas persoas cuxas rendas xa proveñan de salarios, subsidios ou pensións públicas e sexan inferiores á contía da Renda Básica prevista neste texto, complementándose ditas rendas até alcanzar a contía estabelecida para a Renda Básica.
Na segunda fase regularase a extensión da Renda Básica como dereito universal, integrando, pois, o resto de persoas.
Disposición Adicional Segunda. Os poderes públicos promoverán a posta en funcionamento da Renda Básica no ámbito do Estado español e da Unión Europea.

Actividades polo Día Internacional Contra a Riqu€za


O 17 de outubro celebrase o Día Internacional Contra a Pobreza. As xentes da ODS-Coia, da comunidade cristiá do Cristo da Victoria e do G.A.S. non estabamos satisfeitas con esta proposta e por iso rebautizamos a data como: "Día Internacional Contra a Riqu€za".
Para celebralo convocamos unha serie de actos:
CHARLA: "A renda básica das iguais como ferramenta de transformación social" a cargo da ODS-Coia. Sábado 19de outubro ás 18h00 nos baixos da parroquia do Cristo da Victoria (r/Baiona 9 - Coia).
CONCENTRACIÓN E ROLDA DE PRENSA: "Menos rollos, máis solucións". Presentaremos a ILP estatal por unha RENDA BÁSICA, ademais de esixir que ninguén quede sen axudas sociais por falta de orzamentos ou atrancos administrativos. Será o mércores 23 de outubro ás 11h30 na praza do Rei ás portas do Concello de Vigo.



1.10.13

Charla: "Qué hacemos con las fronteras?" cun dos seus autores Eduardo Romero 21/10/2013




O vindeiro luns día 21 ás 20:00 contaremos co presencia de Eduardo Romero para presentar o libro "Que hacemos con las fronteras" do que é co-autor; será na Cova dos Ratos (Romil, 3).

Nos últimos días volvímonos atopar coa triste realidade das fronteiras. Mentras as dirixentes promoven a nosa mobilidade, case sen darnos a opción a escoller, pechan con máis forza as portas á entrada legal de persoas extracomunitarias. No libro non solo se teñen en conta as fronteiras físicas, se non tamén aquelas forxadas polo mercado, quizáis as máis importantes; as que xeneran desprazamientos forzados a destinos previamente "consensuados". As empresas transnacionais e os intereses enerxéticos dos estados son dous dos temas tratados no libro como motivantes das migracións.

Destaca tamén o achegamento que se fai no libro á violencia e invisibilización das mulleres migrantes. A violencia no tránsito e a soidade do traballo de coidados (servizo doméstico) supón unha especificidade a engadir á xa brutal situación que viven as personas migrantes. 

Eduardo Romero forma parte do colectivo Cambalache e é autor de varios libros sobre migracións, como "Quien invade a quien. El plan África y la Inmigración" ou "Un deseo apasionado de trabajo más barato y servicial". En este caso comparte autoría con Gema Fernández, Pablo "Pampa", Raquel Celis y Leire Lasa.

O acto englóbase dentro da Semana galega contra as fronteiras.

Coa colaboración do Foro Galego da Inmigración, en Vigo orqanizamos a presentación con Raias Traveseiras e a ODS de Coia.

Máis información sobre o libro neste enlace: http://www.quehacemos.org/que-hacemos-con-las-fronteras/