border="0"

25.4.11

Actividade pola Obxección Fiscal e Servizo de Información [30.05.09]

O Espazo Aberto Antimilitar organiza dentro da campaña pola OF 2009 a proxección do documental "Defendo a miña terra" que conta a loita da veciñanza do pobo palestino de Bilin ante os intentos do goberno israelí de construír unha parte do muro nos seus terreos. Nesa loita a veciñanza conta coa axuda de Anarquistas Contra o Muro que é o destino internacional que o Espazo escollleu para este ano.

Xunto a estes destinos propoñemos apoiar o proxecto de "Comida Non Bombas" de A Coruña e a loita de Galiza Non Se Vende. Ademais os membros do Espazo resolverán calquera dúbida que teñades respecto á Obxección Fiscal aos Gasto Militares.

Será o sábado 30 de maio ás 20.30h. na Cova dos Ratos r/Romil,3 Vigo.

Servizo de información sobre a Obxección Fiscal

O Espazo quere seguir dando a coñecer a Obxección Fiscal, por iso os martes: 2, 9 e 16 de xuño dende as 20.30 ás 21.00 estamos á vosa disposición na Cova dos Ratos (Romil 3 -Vigo-) para contarvos todo o que queirades -e saibamos- sobre a OF.

O prazo de presentación das declaracións da renda está aberto e queremos que fagades a OF, polo que se tedes algunha dúbida sobre como facela, modo de presentación, informacións do destinos..., ou calquera outra cousa alí nos podedes atopar.

Tamén podedes acudir a nosa web: www.nonaogastomilitar.org ou enviar un correo a:info@nonaogastomilitar.

http://www.nonaogastomilitar.org