border="0"

25.4.11

Crónica das Xornadas contra o TAV en Redondela e Vigo [25-26.10.08]

Convocadas e organizadas por AMAL, OAR, Plataforma Cidadá contra a autovía de Redondela, AC Caleidoskopio e GAS as xornadas deron comezó o sabado, 25 de outubro, as 12:45 cun roteiro ata as obras do AVE en Redondela.

O roteiro, no que participaron unhas vinte persoas, consistiu en ir por carretera ata a zona de Negros preto do rio das Maceiras onde se puido contemplar unha panoramica xeral da desfeita do AVE: A entrada norte da alta velocidade onde se ten previsto construir os túneis. Para tal agresión ao territorio fai pouco que chegou a derradeira tuneladora que tardaran uns tres meses en por en funcionamento para comezar a desfeita. Logo de ver as tuneladoras achegámonos ao terreo onde se fixeron novas expropiacións ás veciñas, nun principio non previstas, e que non contan cun estudo de impacto ambiental, alí pudimos comprobar como se estan a acumular os cascallos nos campos á beira do río. Sobre as tres do mediodía dimos por rematado o roteiro e fixemos un xantar popular na Casa da Cultura de Redondela.

Ás cinco e media da tarde, aproximadamente, unhas corenta persoas reunímonos nuna sala da Casa da Cultura para proxectar o documental TAV ¿Qué nos ocultan? da coordinadora contra a alta velocidade vasca “AHT Gelditu Elkarlana” tralo cal pasáronse varios videos curtos grabados por un veciño de Redondela sobre as zonas afectadas pola construcción da alta velocidade.

Ao rematar as proxeccións invitouse á xente a continuar as actividades cun coloquio na rúa. Polo que se deixou a casa da cultura e comenzouse cunha posta en común das participantes sobre as súas impresións sobre o documental vasco e a situación eiquí, así como de que cuestións chamaron máis a súa atención: Nivel de información manexada pola poboación con respecto ao que supón a construcción do TAV, consultas populares nos pobos, etc. A posta en común sobre o TAV levou ao debate sobre a crisis enerxética e a cuestionar o modelo “desarrollista” vixente, asi como a un pequeno esbozo de dúbidas, alternativas e resistencias. Por último, falouse de outras ameazas relacionadas co AVE como son a futura aplicación do Plan Vigo Integra ou a creación dunha gran área metropolitana, así como das consecuencias nocivas que traerían para Vigo e Redondela.

O peche das xornadas, o domingo 26, levouse a cabo no Centro Social “A Cova dos Ratos” en Vigo cunha charla de Miguel Amorós sobre “O AVE e o seu modelo de progreso” á que asistiron máis de corenta persoas e deu lugar tamén a un animado debate na rolda de preguntas. O artígo “Galiza partida” que lle serviu ao ponente como base da charla podédelo atopar neste enlace: http://galiza.indymedia.org/gz/2008/10/17380.shtml

Tamén podedes escoitar e descargarvos a charla e parte da ronda de preguntas (En total uns 96 min.) destes enlaces:

Escoita e descarga: http://www.archive.org/details/CharlaMiguelAmorselAvetavYSuModeloDeProgreso

Solo descarga: http://www.megaupload.com/?d=C0ZDI7TK

Panfleto repartido durante as xornadas:

A desfeita do AVE

No ano 2007 começa a materializar-se na Galiza umha agressom sem precedentes contra o nosso território: a chegada do Trem de Alta Velocidade. Umha infraestrutura (na verdade, muito mais que isso), que vem promocionada por todos os poderes: meios empresariais, transnacionais do cimento, e grandes partidos políticos, com os seus vozeiros sindicais.

O TAV nom só nom implica umha melhora face o trem convencional, senom que representa directamente a sua desapariçom. O objectivo passa por unir exclusivamente os pontos de interesse para o movimento dos capitais, nom das pessoas, isolando o espaço intermédio. Daí que o serviços de cercanias tendam a se eliminar. O trem, baixo este modelo, deixa de ser o transporte colectivo menos poluinte, e acaba de converter-se, aliás, num artigo de luxo. Com uns preços que os mais de nós nom podemos nem queremos pagar. A maioria do povo é expulsa do que até agora era o meio de transporte mais seguro. Nom podemos esquecer, ademais, que a implantaçom do TAV vai parelha ao processo de privatizaçom da RENFE iniciado no 2004.

O AVE (marca comercial do TAV para toda a geografia estatal) fai parte dumha rede de alta velocidade europeia que pretende ser um dos seus instrumentos de integraçom económica. Porém, nom podemos esquecer que no Estado espanhol a construçom do TAV tem também umha dimensom política, e utiliza-se para reforçar a centralidade do próprio Estado. Em pleno 2008, nom podemos ir de Compostela a Lugo em trem, mas si de Compostela a Madrid.

Ademais disso, preparam um traçado que ignora por completo a geografia da nossa Terra. Rica em hábitats diversos, montanhosa, com populaçom dispersa. Como o traçado do TAV fai impensáveis as curvas e desniveis para a grande velocidade, qualquer obstáculo que se puger por diante vai ser eliminado. Com o TAV, a Galiza estará mais desfeita.

O TAV nom o construem os políticos, nem os banqueiros, nem os jornalistas. Construem-no obreiros em condiçons penosas, em muitas ocasions com quenda de noite, polas pressas das inauguraçons dos que mandam. Por isso mesmo, se dispara o índice de accidentes laborais nas obras do trem.

O TAV nom é só um instrumento ao serviço dos negócios, senom que é um negócio em si mesmo. O negócio da sua própria construçom (a infraestrura pública é o melhor negócio para as construtoras em tempos de crise, e o Estado sempre está disposto a fornecer-lha), mas também o que se genera ao seu redor, já que logo a chegada do TAV implica em todos os lugares umha reordenaçom urbanística.

Umha das ideias-força que justifica a desfeita do TAV é a da necessidade da pressa. Mas pressa...para que e para quem? Pressa para fazer circular as mercadorias do capitalismo transnacional, que é contrário às pequenas redes de intercámbio local. E pressa para os executivos e dirigentes, que precisam andar em circulaçom permanente para consumar os seus negócios. Para eles o TAV vem sendo um tipo de aviom para distáncias curtas, que permite chegar directamente ó centro das cidades.

Umha outra é o culto à tecnologia moderna por ser tecnologia. Mais os objectos tecnológicos têm intençom. Nom devemos fixar-nos na aparência natural dos seus resultados técnicos, como a velocidade, senom nas alteraçons que provocam: como modificam o trabalho ou a nossa vida cotidiana? Como incidem no território, na cidade, no entorno mais inmediato? Como incidem nas nossas ideias, no nosso carácter e na nossa saúde mental? Que ganhamos e que perdemos? Som estas perguntas obrigadas.

O TAV é um projecto de imposiçom total: a imposiçom dum modelo territorial, dum jeito de vida; imposiçom sobre o próprio território, submetendo-o aos seus requerimentos. É a imposiçom duns interesses duns poucos, como sempre (e os de sempre) sobre o resto de nós. E se nos negamos, impom-se pola força.


Fotos das xornadas: http://galiza.indymedia.org/gz/2008/10/17398.shtml