border="0"

21.9.13

20/09/2013 Fíxose unha concentración diante da Xunta en Vigo, pola inadmisión da nosa petición dunha Renda Básica


Trala inadmisión por parte da Xunta da nosa solicitude dunha Renda Básica (nova), convocouse unha concentración diante da xunta o 20 de setembro con este texto de resposta.

“Inadmitidas”. Ante a resposta da Xunta á esixencia dunha renda básica para garantir uns mínimos cos que vivir dignamente volvemos a seguir o camiño da denuncia pública. O fixemos cunha concentración e cun acto de entrega colectiva no edificio da Xunta de Galicia en Vigo.
Medio centenar de persoas con carteis rotulados coa palabra “inadmitidas” acudiron á chamada da ODS-Coia e da parroquia do Cristo da Victoria para amosar claramente que non aceptamos a inadmisión a trámite da petición dunha renda básica. A súa falla total de sensibilidade queda de manifesto xa que nin sequera contemplan a necesidade de reflexionar sobre o xusto e transformador da nosa petición. Hoxe ademais o amosaron coa actuación da policía e da seguridade privada; xa que esta mañá volveron a poñer moitos atrancos para facer a entrega colectiva limitando o acceso ao rexistro.
Os recursos quedaron entregados logo de ler o manifesto diante do edificio administrativo. Edificio que este venres estivo por un rato cheo de dalgunhas desas persoas ás que a Xunta e o resto de poderes queren negar os mínimos para a vida.
Neste enlace tedes algunhas imaxes:www.flickr.com/photos/axluar/sets/72157635686284984