Non é fácil definir a pobreza, como tampouco cuantificar o sufrimento que provoca en cada persoa. O sistema, case sempre prefire deshumanizar o problema e reducilo todo a unha serie de fórmulas matemáticas, porcentaxes, variabeis, etc; definicións que adoitan centrarse nos síntomas pero sen profundizar nas causas.
Por exemplo a definición que emprega a Unión Europea di ao respecto: “Considéranse probres aos individuos, familias e grupos de persoas con recursos materiais e sociais tan baixos que están excluidos dos modos de vida mínimos aceptábeis no Estado membro no que viven", e, en termos de medición, “pobre é toda aquela persoa que non conta coa metade dos ingresos medios por habitante do seu país”.
Nós, acaso pola teima de non cair nun erro habitual, entendemos que en xeral as causas da pobreza veñen dadas por unha sociedade baseada na dominación, a explotación e a exclusión. Isto é, a natureza real do capitalismo.
A explotación maniféstase de forma máis cruda con aquelas persoas que cumpren un perfil determinado, baixa cualificación profesional ou que a teñen pero non se lles recoñece como ocorre cos sectores asalariados desprovistos ainda dunha identidade forte (migrantes, mulleres e mocidade en xeral). Disto derívase que só poidan acceder aos traballos máis precarios ou ben á economía sumerxida, precibindo uns salarios de miseria, cando non por debaixo do salario mínimo interprofesional. Asímesmo os seus ingresos se producen nunha elevada porcentaxe de forma irregular por canto son máis fáciles de despedir en caso de crise. Este estado de cousas facilita que sexan estas persoas, incluindo o núcleo familar ao seu cargo, as que teñen un risco considerabel de cair na pobreza permanente.
As persoas paradas de longa duración corren o risco de entrar en dinámicas de exclusión, agrabadas polas dificuldades para acceder ou conservar unha vivenda digna, o encarecemento de servizos públicos básicos, como a educación, a saúde (non só a atención senón tamén a alimentación sá, medicamentos, etc), a luz, o gas, a auga, as comunicacións (cómo traballar hoxe sen telefone?) ou os desprazamentos. A mobilidade tanto nas cidades como no rural é farto complexa sen dispoñer dun medio propio de locomoción, resulta difícil debido ás considerabeis distancias, ao modelo urbanístico e ao precario sistema de transportes públicos.
Peor aínda o teñen as persoas chamadas dependentes ou excluidas do mercado de traballo, a saber: menores, anciáns, enfermas, migrantes sen papeis e mulleres (as cales sofren sempre as taxas de paro máis altas).
O sistema de dominación entende que funciona mellor mantendo certos niveis de pobreza como forma de disciplinar á poboación produtiva. A tal fin, afasta dos circuitos asalariados a un número nada despreciabel de persoas como elementos sobrantes, sen intención de que volvan nunca a integrarse.
A ameaza permanente e real da exclusión permítelles dispor sempre dunha forma de impoñer condicións laborais cada vez peores, pero con aspectos comúns: máis flexibilidade, peores salarios, contratos temporais, algo que, por desgraza, comezamos por interiorizar como algo normal nas nosas vidas.
O estigma da pobreza que a sociedade impón, trae moitas veces aparellada unha serie de patoloxías sociais que só fan agravar a situación e garantir que as situacións de pobreza se fagan irreversíbeis e manteñan a familias enteiras nunha situación de desamparo absoluta.
A falta de recursos materiais, conleva a maiores que se poidan destinar poucos cartos e atención á formación cultural, o cal tamén dificultará ás futuras xeracións sair deste tipo de situacións anómalas. Isto conleva o perigo do analfabetismo, o que unido á brutalidade do sistema pode provocar situacións de desesperación, falta de autoestima e en consecuencia alcolismo xeralizado, adicción ás drogas, violencia como única forma de relación social. En definitiva á criminalización e encarceramento habitual, dando lugar a un novo estigma como persoa pobre, excluida e por suposto “delincuente”, pola imposibilidade de exercer os seus Dereitos Fundamentais levándolle finalmente á perda dos mesmos.
As solucións por parte do actual modelo económico ante problemáticas que, non esquezamos, o seu propio funcionamento crea, baséanse na caridade. Tan só pretenden mitigar a marxinación como conducta antisocial (que pon en perigo as vidas confortabeis das demais), son medidas que teñen unha función lexitimadora das políticas institucionais. En principio persiguen unha reinserción social e laboral desas familias, ainda que pareza unha broma xa que pretender que esas mesmas persoas pasen a ser de novo “competitivas” para a sociedade, cando é precisamente esa competitividade consustancial ao capitalismo a que provoca e precisa que parte da sociedade sexa excluida.
Os tipos de cobertura material, como o RISGA en Galiza ou as pensións non contributivas nun ámbito mais amplo, teñen por obxecto maquillar a realidade. A fin da contas só garanten que as propias afectadas malvivan en condicións de miseria e facilitan o seu adoutrinamento mediante a complexa rede burocrática dos Servizos Sociais.
Estes programas son fundamentais para manter un modelo productivo baseado na acumulación de riqueza nunhas poucas mans (persoas, bancos, multinacionais…) e ao mesmo tempo lexitimar o sistema democrático capitalista, se non como o mellor sí como o mais xusto. A realidade pola contra é que no estado español o 19,9% da poboación é pobre, é dicir: nove millóns de persoas.
A emancipación e integración real, pasan por que a sociedade esixa e recupere colectivamente os Dereitos Sociais Básicos: Como a ter recursos suficientes para vivir (Renda Básica da Iguais), a disfrutar dunha vivenda, a ter condicións laborais xustas, unha educación e unha sanidade que respondan realmente as necesidades da sociedade, acceder a información, comunicación e cultura libres, etc.
En definitiva, nós entendemos que este tipo de sistema económico nin pode nin quere eliminar a pobreza, por ser ésta de carácter estructural. Para corrixir semellante estado de cousas habería que facelo desde o rexeitamento total ao capitalismo como forma de organización social e política, é dicir construir unha sociedade non baseada na explotación, a exclusión e a dominación.
Publicado orixinalmente en http://renderen.blogspot.com/