border="0"

11.3.11

Audio


[17.05.11] Presentación dos libros "Ejércitos en las calles" e "Si vis pacem"


Presentación dos libros: "Ejércitos en las calles. Algunas consideraciones sobre el informe Urban Operations in the year 2020 de la OTAN" e "Si vis pacem. Repensar el militarismo en la época de la guerra permanente: Textos de las Jornadas Antimilitaristas de Barcelona, septiembre de 2010" a cargo de dous membros de Bardo Ediciones.

[10.05.11] Mesa redonda e presentación "Ninguén sobre nunha crise"

Mesa redonda onde participaron Eduardo Romero do Colectivo Cambalache (Asturies) que presentou o seu libro "Un deseo apasionado de trabajo más barato y servicial. Migraciones, fronteras y capitalismo", Mari Fidalgo do Foro da Inmigración (Compostela) e Diego Lores da Oficina de Dereitos Sociais - Coia (Vigo).

[04.01.11] Presentacion do libro "Aprendiendo a decir no. Conflictos y resistencias en torno a la actual forma de concebir la ciudad de Granada"

Presentacion do libro "Aprendiendo a decir no. Conflictos y resistencias en torno a la actual forma de concebir la ciudad de Granada" a cargo de Juan Rodriguez Medela, membro do Grupo de Estudios Antropologicos "La Corrala" de e co-autor do libro, organizada polo Grupo de Axitacion Social o martes 4 de xaneiro de 2011 no CS "A Cova dos Ratos" de Vigo.

[11.12.10] Entrevista na Radio Piratona a unha muller de RAWA

O Espazo Aberto Antimilitar entrevista na Radio Piratona (Vigo) a unha muller de RAWA (Revolutionary Association o the Women of Afghanistan).

[26.10.10] "Contra a reforma laboral, autoorganización laboral e barrial."



Fronte á recén aprobada reforma laboral, en Barcelona organizouse un movemento social de base, no que podemos atopar comités de barrio e de fábricas, a chamada "assemblea de barcelona", ou o "moviment del 25" (motor da okupación do banco español de crédito), que continúan a súa actividade, máis aló do 29 de Setembro.A presenza en Vigo dun integrante destes movementos, daranos a oportunidade de coñecer de primeira man a xénese dos mesmos, as súas formas de organización, as liñas de traballo actuais, e as súas perspectivas cara o futuro.

[25.05.10] A experiencia da "Federacion de Organizaciones de Base" de Arxentina


Charla sobre a experiencia da Federacion de Organizaciones de base (FOB) de Arxentina a cargo de Anibal Spíndola, membro da mesma, o xoves 27 de maio de 2010 no CSA "A Cova dos Ratos" de Vigo organizada pola AC Caleidoskopio, GAS e ODS-Coia.

[23.04.10] O novo hospital de Vigo: Un cambio no modelo sanitario en Galiza?


Charla informativa no CSA "A Cova dos Ratos" de Vigo sobre este proceso e o conflicto laboral asociado, a cargo de Candido Gonzalvez, traballador no Hospital Xeral e responsabel comarcal da CIG de negociacion colectiva e Saude Laboral e Manuel Moreira membro da Xunta de Persoal, que falara sobre as cuestions tecnicas que deron lugar ao conflicto acompañado por imaxes.

[16.04.10] O intervencionismo do exército español, o caso de Afganistán


Palestra de Alejandro Pozo sobre a guerra de Afganistan no CS "A Cova dos Ratos" de Vigo organizada polo Espazo Aberto Antimilitar.

[06.03.10] Palestra de José Manuel Rojo e Juantxo Estebaranz

Presentación da publicación "El Rapto" do Grupo Surrealista de Madrid a cargo de José Manuel Rojo e do libro "Los pulsos de la intransigencia. Lemoiz, Leizaran, Itoiz" de Juantxo Estebaranz no CSA "A Cova dos Ratos" de Vigo.

[24.04.09] Impacto socioeconómico dos parques eólicos no medio rural galego


Palestra de Damián Copena do Grupo de Investigación de Economí­a Ecolóxica e Agroecoloxí­a da Universidade de Vigo.

[26.10.08] Palestra de Miguel Amorós sobre o TAV no CS A Cova dos Ratos



Palestra de Miguel Amorós sobre o TAV e o seu modelo de progreso no CS A Cova dos Ratos dentro das xornadas contra o TAV organizadas en Vigo e Redondela por AC Caleidoskopio, AMAL, GAS, OAR e a Plataforma Cidadá contra a Autovía de Redondela.