border="0"

10.4.14

Charla en Vigo 19/04/14 "Transxénicos en Arxentina, experimento global e resistencia local"


O sábado 19 ás 20:00h na Cova dos Ratos r/Romil,3 VIGO, con Lucía Maina (Periodista-comunicadora social, difusora da loita contra este monocultivo e os agroquímicos).
ORGANIZAN: Verdegaia e GAS
Dende o GAS e Verdegaia queremos convidarvos, o sábado 19 a palestra “Transxénicos en Arxentina, experimento global, resistencia local” no mesmo CS A cova dos Ratos, na rúa Romíl 3 Baixo en Vigo, a cargo da xornalista Lucia Maina.
 
Na palestra afondarase na Produción de transxénicos na Arxentina que é o terceiro país produtor de transxénicos a nivel mundial , o denominado “boom da soia” iniciado na década dos ́90 converteu o seu territorio e a súa poboación no gran experimento do modelo agro-industrial .
Dúas décadas despois da súa implantación, as consecuencias deste modelo produtivo comezaron a facerse evidentes, sumindo a Arxentina nunha situación socio ambiental crítica en amplos territorios e despertando o mesmo tempo a resistencia da poboación fronte o avance do extractivismo .
 
“Arxentina é o terceiro productor mundial de transxénicos, estes cultivos ocupan alí 24 millóns de hectáreas, o 60% da superficie cultivada.”

Máis información sobre esta charla e Lucía Maina:




9.4.14

Asina a ILP pola Renda Básica


Nas próximas semanas diremos onde se pode ir para asinar, aparte dos actos públicos de recollida de sinaturas que faremos.