border="0"

28.1.16

Concentración: STOP POBREZA ENERXÉTICA 04/02/16

 Xoves 4 febreiro ás 11:30. Diante da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo.

Cos nosos dereitos non se negocia. Suministros básicos para todas!.
A Xunta de Galicia, un ano máis, ven de convocar unhas mal chamadas “axudas públicas” contra a pobreza enerxética. Coma sempre, volven a ser uns parches propagandísticos, miserentos, restritivos e totalmente inútiles para loitar contra a precaria situación na que se atopan moitas familias do noso país. Ao igual que o Concello de Vigo, a Xunta intenta agochar con esmolas o terror que sofren moitos fogares en Vigo e na Galiza que son privados duns mínimos para a vida.

Sufrimos a miseria e a precariedade que provoca a privatización dos dereitos básicos, convertidos, hoxe, en produtos de consumo sometidos ao mercado e non ao interese colectivo. Os nosos dereitos máis básicos: poder vivir con luz, quentar os nosos fogares, ducharnos ou quentar a comida están a ser sometidos á lóxica perversa e depredadora da especulación dos mercados.
Mentres nós sufrimos a violencia dos cortes de luz, as grandes empresas enchen os petos facendo negocio coas nosas necesidades:

As tres grandes compañías con actividade no Estado —Iberdrola, Unión Fenosa Gas Natural e Endesa— manteñen, ano tras ano, os seus beneficios, sempre por riba dos 5.000 millóns de euros, e no ano 2015 todas as grandes eléctricas aumentaron beneficios nun 18% máis que no ano anterior.
Eles enriquécense, co beneplácito dos gobernos, mentres nos morremos de fame e frío:

España ocupa o cuarto lugar entre as facturas máis caras de Europa. Segundo o “Informe Robinson”, a electricidade nos fogares do Estado Español encareceuse nun 52% entre 2008 e 2014, unha suba que duplica a media da Unión Europea.
O sistema capitalista que nos absorbe, aumenta cada vez máis a brecha crecente entre as que máis teñen e as que menos, o que fixo que se triplicase a pobreza enerxética na Galiza, que afecta xa a unha de cada dez familias (100.000 fogares).

No estado español, estímase que 5,1 millóns de persoas sofren a pobreza enerxética, unha cifra que aumentou nun 47% nos últimos cinco anos.
Perante esta situación, berramos que estamos fartas de promesas e propaganda. Fartas da mercantilización do que ten que ser un dereito universal. Fartas deste sistema que nos condena á miseria e á precariedade.

Esiximos o que é de todas, o que nos teñen arrebatado ás administracións incompetentes e as grandes empresas.

Esiximos:
1º. Xestión pública dos servizos básicos: fin das concesións ás empresas privadas que non garanten os nosos dereitos.
2º. Luz, auga e gas para todas: tarifas sociais en función dos recursos das persoas. Quen non ten non paga..
3º Cese inmediato dos cortes de suministros.

13.1.16

Unha manifestación contra a 'ilegalización' de Causa Galiza percorrerá Compostela o 24 de xaneiro


Vídeo galizacontrainfo:


Extraído de Sermos Galiza:
O 30 de outubro un operativo policial ordenado pola Audiencia Nacional procedía á detención en varias localidades galegas de 9 militantes de Causa Galiza, que foron trasladados a Madrid para, após unha fin de semana nos calabozos da Garda Civil, pasar a disposición xudicial e ser postos en liberdade con cargos. A operación, denominada 'Jaro', deixaba tamén unha decisión sen parangón na historia recente de Galiza: a ilegalización de facto dunha organización política.
Para denunciar esta ilegalización e exixir o respecto aos “dereitos civís e políticos”, por volta dunha trintena de asociacións, entidades e organizacións apoian unha manifestación que vai decorrer o 24 de xaneiro en Compostela. Será a partir das 12:00 horas na Alameda e co lema “Polos dereitos civís e políticos para todas e todos. Non á ilegalización de organizacións políticas”.
"Salto cualitativo"
Este sábado o centro social A Gentalha do Pichel, en Compostela, acolleu un acto para informar da mobilización. Procesados na 'Operación Jaro' e representantes de diversas entidades compareceron para denunciar o que entenden que é un “salto cualitativo” por parte do Estado español, no que a Audiencia Nacional actúa contra o independentismo organizado politicamente e que actúa de forma pública e na legalidade. A Audiencia Nacional decidiu na 'Operación Jaro' a “suspensión cautelar” de Causa Galiza por tres anos, mais os procesados sinalan que iso é unha ilegalización de facto, a morte política e civil dunha organización.
Constátase, entre convocantes e axentes políticos e sociais que apoian a manifestación, preocupación pola involución que afirman que se está a dar no Estado español. Neste escenario entenden que é necesario como sociedade galega dar unha resposta e nesa dinámica enmárcase a manifestación do vindeiro 24 de xaneiro.
Quen apoia a manifestación?
As organizacións que apoian a mobilización son Afiadoras de Futebol Gaélico, Agir, Agora Galiza, A Riada do Tea, Associaçom Antifascista Jimmy Sempre con Nós, Associaçom Cultural Amigos da Cultura de Ponte Vedra, Associaçom Cultural Festival de Brétemas, Associaçomde Luita Livre Olímpica Alacrám Vermelho, Adega, Briga, Ceivar, Centro Social A Galheira, Centro Social A Gentalha do Pichel, Centro Social auto gestionário O Fresco, Centro Social Faísca, Centro Social Madia Leva, Centro Social Revolta, Colectivo Nacionalista de Marim, Comité de Solidariedade com os Presos e Presas Políticas, CIG, Fundaçom Artábria, Grupo de Axitación Social de Vigo, Movemento polos Dereitos Civís, Mulheres Nacionalistas Galegas, Partido Comunista do Povo Galego, Que volten para a casa!, Rede colectivos a Ría nom se Vende, Riazor Blues, Sociedade Deportiva e Cultural do Condado, Verdegaia, Xebra Associaçom e Xeira.