border="0"

22.4.11

Crónica do acto contra os crimes do estado Colombiano [06.03.08]

O xoves 6 de Marzo máis de trinta persoas concentrámonos na rúa Urzaiz 180 de Vigo diante da sede do PSDEG-PSOE para facer un acto de censura á política exterior do goberno central español, permisivo coas violacións de dereitos humáns do goberno colombiano e respostando o chamamento de solidariedade internacional do Movemento Nacional de Víctimas de Crímenes de Estado de Colombia.

En máis de 20 cidades de Colombia e en máis de 60 do resto do mundo secundáronse manifestacións e concentracións que oscilaron entre as ducias e centos de persoas no ambito internacional e miles e centos de miles en territorio colombiano, sendo a máis numerosa a de Bogotá que contou coa participación de mais de 200.000 persoas.

O acto de Vigo, que foi convocado por Amarante, Altermundo, Grupo de Axitación Social, Fuga Em Rede e Verdegaia, transcurriu desde as oito ás nove da noite no paseo do Calvario onde se colocou un tendal con fotos, lemas e información sobre as victimas.
Acompañadas de sete velas no chan, o cal acercouse moita da xente que paseaba a esas horas da noite pola zona para informarse do sentido da concentración.

No tempo que durou a nosa estancia leuse varias veces o manifesto e un compañeiro explicou, megáfono en man, a grave situación que se vive en Colombia e a impunidade con que contan os paramilitares e o presidente Uribe, para levar a cabo multiples crimes e violacións dos Dereitos Humáns.
Impunidade que extende os seus tentáculos fora das súas fronterias grazas ao apoio de gobernos como o que preside Rodríguez Zapatero, ao que se fixo referencia en multiples ocasións durante o transcurso do acto.

Tamén varias compañeiras cubríronse con mascaras e portaron varios cartaces con lemas como “ Polos desaparecidos, polos desprazados, polos masacrados, polos executados..” ou “Nunca máis fosas comuns, Nunca máis desprazamentos forzados, Nunca máis paramilitares, Nunca máis crimes de estado” e, ademais, repartíronse varias ducias de panfletos informando e fomentando a campaña da Obxección Fiscal contra o gasto militar.

Ás 21 horas leuse por derradeira vez o manifesto e rematouse o acto.

Máis fotos do acto nesta enlace: http://galiza.indymedia.org/gz/2008/03/14701.shtml