O Colectivo "Ne laissons pas faire!" convídavos a asinar e facer asinar extensamente esta petición (grazas por indicar os vosos nomes, apelidos, lugar de residencia, profesión, ) e transmitir as firmas á dirección de correo electrónico seguinte:
sout.ad@orange.fr
"A pesar de cumprir a totalidade da condena de seguridade desde febreiro de 2005, seguen mantendo no cárcere a Georges Cipriani e Jean-Marc Rouillan. Pedimos a atención médica inmediata e apropiada para Jean-Marc Rouillan e a súa liberación tan axiña como sexa posible".
Texto, adxunto á invitación:
- 21 de Febreiro de 1987. Detención de Joelle Aubron, Georges Cipriani, Nathalie Ménigon e Jean-Marc Rouillan. Foron condenados despois de varios xuízos (1989 e 1994) a cadea perpetua , que equivale a unha pena mínima de 18 anos firme.
- O 16 de xuño de 2004, Joelle Aubron recibiu a suspensión da sentenza, por razóns médicas (lei "Kouchner"). Ela morreu o 1 de marzo de 2006 .
- En agosto de 2007, Nathalie Ménigon, con discapacidade motora tras dúas AVC (Ataque/accidente Vascular Cerebral) debido ás condicións particularmente severas de detención, conseguiu a semi liberdade condicional. Un ano máis tarde, obtivo a liberdade condicional.
- En decembro de 2007, concedéuselle a Jean-Marc Rouillan a semi liberdade condicional. Traballaba en Marsella durante o día e de noite regresaba á súa cela da prisión Baumettes.
- Dez meses máis tarde (1/10/2008) aparece na revista nacional unha entrevista, onde Rouillan expresou, en acorde ao que se lle preguntaba, as súas opinións sobre a situación social e anunciou a súa afiliación e militancia a un partido político, que se estaba creando. Os condicionantes e normas do Tribunal prohibíranlle falar sobre Action Directe. El o sabía e o xornalista, tamén. Cando se lle preguntou "Arrepíntese dos actos de Acción Directa, e en particular deste asasinato (G. Besse)?". El respondeu: "Non estou autorizado a falar sobre iso. Pero o feito de que non me poida expresar xa é unha resposta. Porque é obvio que si cuspise sobre todo o que fixemos, podería expresarme. Por medio desta obrigación de gardar silencio, impídese facer a avaliación crítica real sobre a nosa experiencia". Inmediatamente, unha gran parte da prensa, antes de calquera decisión xudicial, botóuselle encima. A Misa (o teatro da Vinganza) realizouse: confirmouse a reencarceración, seguindo os postulados da campaña dos medios de comunicación.
- Pouco despois, xa en prisión, Jean-Marc Rouillan cae gravemente enfermo. Trátase dunha enfermidade rara, pouco coñecida, e progresiva, chamada Erdheim-Chester. Non existe un tratamento estándar para esta enfermidade, e a experimentación está prohibida aos reclusos. Jean-Marc Rouillan permanecerá sen atención eficaz mentres estea en prisión. Os únicos especialistas nesta enfermidade atópanse na Pitié-Salpêtrière en París; Jean-Marc Rouillan foi trasladado de Marsella a Muret, a 400 km. de París...
- Agosto, 2009, A Georges Cipriani négaselle a semi liberdade condicional, que se lle acordou nun xuízo precedente, despois da apelación da Fiscalía. Bótaselle en cara facerse chamar prisioneiro de Acción Directa, e non arrepentirse do seu pasado político.
En canto a Jean-Marc Rouillan, que tiña todas as oportunidades para evadir a xustiza durante os seus dez meses de liberdade condicional, foi devolto ao cárcere por tratar de expresar que non tiña liberdade de expresión, é dicir, por un suposto delito de liberdade de expresión. A negativa do arrepentimento non é un chamado ao asasinato, nin un signo de recidiva. O arrepentimento é un concepto moral máis próximo a un pensamento relixioso monoteísta do tipo judeo-cristián que dunha infracción do Código de Procedemento Penal. A esixencia do arrepentimento lembra máis ben os procesos da Inquisición que a aplicación estrita das leis dun Estado democrático e laico. É que se esixiu a calquer outro unha tal "mea culpa"!?
- En decembro do 2009, Jean-Marc Rouillan presentou unha denuncia por non asistencia a persoa en perigo. A non asistencia médica é un delito real (en prisión ou non).
Por último, é hora de liberar aos presos de Acción Directa.
Non estamos a pedir simpatía ou apoio ao que foi Acción Directa, senón simplemente que os propios principios dun Estado, que se proclama laico e democrático, aplíquense.
Liberación dos presos de Acción Directa!
Lle Collectif "Ne laissons pas faire !"
nlpf@samizdat.net - http://nlpf.samizdat.net
Para escribir a Jean-Marc Rouillan:
n° écrou 9496 A109
Centre de détention de Muret
Route de Seysses
31600 Muret, Francia
http://nlpf.samizdat.net