border="0"

16.4.11

Manifestación contra a violencia urbanistica [15.12.07]

MANIFESTO:

Introdución

Sete anos de redacción e tramitación do PXOM de Vigo revelan a incultura territorial, a oligarquía planificadora e a falta de ética social e ambiental dos sucesivos Gobernos Municipais, dos grupos de presión económica que integran o Consello Sectorial de Urbanismo e do propio equipo redactor do Plan. A consecuencia é un monstro urbanístico que ameaza o tecido económico, o patrimonio natural, a equidade social, o patrimonio cultural e os sinais de identidade de Vigo, das Rías Baixas e de toda Galicia.A xestión irresponsable da Xunta de Galicia permite que este monstro siga viv oe vaia ser sometido a unha nova aprobación provisional polo Concello en decembro de 2007, coa intención de que a Xunta outorgue a súa aprobación definitiva en xaneiro de 2008. O resultado deste proceso é o seguinte:

1. Un Plan inculto na súa visión de tratamento do territorio

Porque foi concibido sen debate, sen a debida valoración do territorio e sen respecto pola historia e pola personalidade plural de Vigo. Porque non realiza a debida xestión do seu patrimonio ambiental, paisaxístico, social, cultural e identitario.

2. Un Plan feito de costas áxente de Vigo

Porque non foi concibido no seo dunha Axenda 21Local, con verdadeira participación cidadá e cun adecuado asesoramento nos principios e técnicas da sustentabilidade. Porque naceu no seo dun Consello Sectorial de Urbanismo integrado polos representantes dos grupos políticos e dos sectores economicamente beneficiados neste Plan, de xeito directo (promotores,construtores, propietarios) ou indirecto(empresarios, colexios e asociacións profesionais, sindicatos).

3. Un Plan carente de ética social e ambiental

Porque utiliza o territorio, patrimonio natural e ben público, como obxecto de propiedade, transacción e beneficio privado.Porque constitúe un negocio especulativo que vai contra o interese público.Porque destrúe o territorio, o patrimonio cultural e a calidade de vida.

4. Un Plan insustentable

Porque non foi concibido con criterios de sustentabilidade e non cumpre ningún dos seus principios: democracia participativa (información, participación, corresponsabilidade); equidade social (inter e intra xeracional); conservación do patrimonio natural, cultural e identitario; actuación sustentable (precaución, prevención,recuperación) nin control da sustentabilidade. Porque non cumpre con ningún dos compromisos da Carta de Aalborg, asinada dúas veces, a falta dunha, polo Concello de Vigo (2004 e 2006) e porque incumpre todos os obxectivos das Estratexias Europea e Galega de Desenvolvemento Sustentable.

5. Un Plan local desconectado doámbito territorial das Rías Baixas e incompatible coa ordenación sustentable doterritorio

O Concello non se preocupou de compensar a ausencia dun Plan Territorial mediante unha planificación coordinada cos demais concellos, e supervisada pola Xunta de Galicia, das dotacións esenciais (vivenda,solo industrial, infraestruturas e servizos), nin da configuración dos espazos de valor natural e paisaxístico. Isto impide a utilización mesurada do solo e a distribución equilibrada dos seus usos no conxunto do territorio; impide a adecuada planificación da mobilidade, e dificulta a continuidade transmunicipal dos espazos protexidos. Ademais, o Plan impide unha ordenación territorial verdadeira,porque persegue un crecemento expansivo que agravaría a pegada ecolóxica e o desequilibrio económico e demográfico entre a Galicia interior e o litoral.

6. Un atentado urbanístico

O Plan, baseándose nunha proxección demográfica desmesurada, pretende duplicar o tamaño da cidade nun período de entre 12 e 20anos, no que se dobraría o número de vivendas.

Ignora os conceptos de espazo público, beleza e natureza no deseño da cidade. Non rexenera o núcleo urbano, senón que o conxestiona con 69 torres de gran altura; non rexenera o rural, senón que o fai desaparecer mediante a súa urbanización masiva con bloques de media e baixa altura; non rexenera o litoral, senón que o masifica e ocupa os últimos espazos baleiros do rural costeiro. O Plan deseña sobre o caos actual unha construción despersonalizada que promove os nonlugares e a mobilidade insustentable.

7. Un atentado ambiental

O Plan carece dunha concepción ecolóxica do territorio municipal que considere ao ser humano, ao medio urbano, ao medio rural e aomedio natural como integrantes dun mesmo ecosistema, e non ten criterios deecoloxía urbana.

Elimina a metade do medio rural do municipio(actualmente o 65% do territorio) e reduce gravemente a diversidade biolóxica,cunha extinción media do 15% das especies vexetais e animais.

Non protexe nin rexenera as cuncas e leitos fluviais nin as súas fragas de ribeira. Non rexenera os ecosistemas do litoral non urbanizado, e reduce a franxa de solo rústico de protección de costas de200 a 100 m. Degrada os humidais costeiros (introduce un vial na xunqueira doBao; mantén e amplía a depuradora na xunqueira do Lagares) e os continentais(non protexe a lagoa Mol da ampliación do aeroporto). Considera que o valor ambiental e paisaxístico da coroa de montes é medio, alto ou moi alto, pero atribúelle unha alta capacidade de urbanización. O agresivo deseño das infraestruturas de transporte (Ronda de Vigo, AVE, autovías) provoca un grave impacto ambiental sobre o medio rural e os espazos naturais, e ocasiona unha grave fragmentación territorial.

O Plan non se ocupa da calidade ambiental do medio urbano como espazo público e lugar de contacto cotián coa beleza e a natureza.Deseña un abastecemento de auga e un saneamento insuficientes para as súas previsións demográficas e construtivas. Non deseña a separación de augas pluviais, urbanas e industriais. Mantén e amplía a depuradora do Lagares en lugar de substituíla por una rede de pequenas depuradoras urbanas distribuídas segundo as cuncas naturais do municipio. Non contempla a instalación de depuradoras nos parques industriais. Carece dos debidos estudios sobre axeración e prevención da contaminación atmosférica, acústica e magnética no concello actual e no concello proxectado. Carece do debido estudio sobre a xeración actual e futura de residuos urbanos, industriais, agroforestais e de obra (incluídos os da súa propia realización) e non deseña os medios necesarios para a súaxestión.

O Plan, polo seu crecemento expansivo e a súa mobilidade insustentable, multiplicaría de xeito inasumible o consumo de enerxía do municipio e a súa contribución ao cambio climático global.

8. Un Plan que agrava econsolida a mobilidade insustentable

A Ronda de Vigo non é necesaria como vía de alta capacidade, e ten un trazado irracional como vía urbana entre parroquias. O Plan non acomete a integración ambiental e paisaxística das grandes vías (soterramento ou falsos túneles que mitiguen a fragmentación territorial provocada polo segundo cinto,o AVE e as autovías).

O Plan propón unha rede viaria pensada para o transporte privado, e non prevé as infraestruturas necesarias para a mobilidade (tren de proximidade, trendo litoral, metro lixeiro ou tranvía, carril bici, transporte marítimo). A proliferación de aparcadoiros no núcleo urbano e a de centros comerciais en todo o municipio, así como a distante localización da universidade agravan o problema. O Plan ignora o valor da mobilidade sustentable para elevar a calidade de vida, combater o cambio climático e reducir o número de vítimas na estrada.

9. Un atentado paisaxístico

O Plan non se achega ao territorio coa debida reverencia pola súa configuración orixinal.Ignora os conceptos de beleza e natureza no deseño de Vigo, e non restaura asúa relación física, visual e cultural co mar e co territorio.

A construción en altura no núcleo urbano e a invasión do rural empequenecen a cidade construída, aumentan o caos da paisaxe urbana, desmitifican a paisaxe montuosa e crean novas barreiras entre a cidade, o mar, o val fragoso e a coroa de montes.

A masificación do litoral urbano e a invasión do rural costeiro destrúen apaisaxe litoral. O agresivo deseño das infraestruturas de transporte (Ronda,AVE, autovías, segundo cinto) e dos parques industriais, provoca unha terrible fragmentación do territorio e brutais trincheiras e desmontes en ladeiras moi empinadas. A ausencia de corredoiros de visibilidade pecha definitivamente a cidade ao mar e ao seu entorno natural.

O Plan acaba coa beleza do territorio, destrúe a paisaxe identitaria e acaba co seu poder filoxenético para as xeracións actuais e as vindeiras.

10. Un atentado cultural eidentitario

O Plan renuncia á rexeneración de Vigo. Non o transforma nun espazo público de vivencia, convivencia, lecer e cultura, senón que o consolida como un nonlugar.

Non respecta a personalidade histórica diversa (urbana, mariña e rural, portuaria eindustrial, galega e universal), que fai de Vigo un compendio de Galiza. Nin conserva nin xera espazos que acubillen os seus sinais de identidade e a súatradición.

Degrada e non restaura os referentes culturais do núcleo urbano. Destrúe a cultura rural,pois fai desaparecer o seu hábitat e a súa paisaxe cultural. Acaba de destruír o que queda da personalidade mariñeira de Canido. Non cataloga nin protexe adecuadamente o patrimonio histórico, arquitectónico e arqueolóxico. Ignora, afecta e incluso destrúe xacementos valiosos e ignora e non protexe os patrimonios mariño e industrial.

Renuncia aplanificar unha solución ao feísmo urbano e rural a curto e longo prazo, desdeñandoo necesario equilibrio entre o respecto á memoria histórica e á creatividadedun verdadeiro urbanismo e dunha verdadeira arquitectura que sexan ao tempoactuais e identitarios.

11. Un Plan que atenta contra a xustiza social

O Plan constitúe un negocio especulativo privado que vai contra o interese público e a xustiza social. Un negocio que degrada a calidade de vida dos vigueses no núcleo urbano, e a destrúe no rural. Un negocio que fai desaparecer 84 dos 95 núcleos rurais, destrúe 15.000 vivendas e provoca un innecesario realoxamento dos seus veciños. Un negocio que ocasiona o cambio de vida e o desarraigamento vital e emocional de milleiros de cidadáns.

O Plan aprobado provisionalmente prevía un 20% de vivendas de protección oficial, o mínimo legal naquel momento. A nova Ley delSuelo do Estado fixa o 30%. A futura Lei de Ordenación Urbanísitica de Galicia establecerá un 40 %. A actual corporación pretende ampliar a porcentaxe ao 43% (inda que cunha distribución irregular que fai que non poida acadarse ata que se constrúa a totalidade do previsto). Unha porcentaxe aínda escasa,tendo en conta que a vivenda é unha necesidade básica. A oposición dos promotores e dos propietarios só pode cualificarse de carente de toda ética.Compárese coas porcentaxes establecidas en Navarra (50%) Madrid (50%) e, sobretodo, no País Vasco (75%).

12. Un plan ilegal

Á marxe da polémica sobre asúa redacción actual, o plan que se aprobe provisionalmente por segunda vez no Concello ten que cumprir cos requisitos de tres documentos fundamentais para obter a aprobación definitiva:

• A Orde da Consellería de Política Territorial de 19 de xaneiro de 2007.

• A Resolución da Consellería de Medio Ambiente de 10 de setembro de 2007.

• O Informe da Dirección Xeralde Patrimonio Cultural, de 19 de xaneiro de 2007

Pois ben: Supoñendo que o Concello e o equipo redactor puidesen facer semellante adaptación a pesar das dificultades técnicas e das presións político-económicas, o resultado sería oseguinte:

• O Plan mantería a súa desmesurada extensión sobre o territorio compromentendo para o futuro unha enorme extensión de solo rústico clasificada innecesariamente como solo urbanizable

• O Plan carecería de Avaliación Ambiental Estratéxica e de todo tipo. Isto deixa sen avaliación á cidade construida, os ámbitos de ordenación detallada e, sobre todo, os efectos ambientais sobre o conxunto do territorio. Estas dúas circunstancias, ademáis de moitas outras que engaden inseguridade xurídica, serían causa suficiente para facer o documento nulo de pleno dereito. Pero, ademáis:

• As evidencias mostran a inseguridade xurídica de non someter o Plan a unha nova exposición pública, si é que de verdade recolle todos os cambios esixidos pola Xunta de Galicia.

• Aínda que superase todos os requisitos legais, sería un Plan xurídicamente obsoleto respecto da nova Ley del Suelo do Estado, e da inminente normativa galega sobre ordenación do territorio, urbanismo e protección do medio rural, protección dolitoral, protección da paisaxe e avaliación da sustentabilidade.

Por último, o Plan pretende legalizar a meirande parte das ilegalidades urbanísticas cometidas ata agora,algunhas delas con sentenza firme de demolición, sen buscar unha solución xurídica a medio ou longo prazo adaptada a cada caso que permita restaurar a legalidade urbanística e ambiental sen causar inxustizas e sen comprometer á economía municipal.

13. Un Plan obsoleto eirrecuperable

O PXOM de Vigo foi concibido con incultura territorial, con planificación oligárquica e carencia de democracia participativa, con carencia de ética social e ambiental, sen criterios de sustentabilidade, sen cooperación nin coordinación territorial.

Falla nos seus fundamentos e na súa estructura. A súa reforma é imposible. Sese intentase recuperalo mediante o seu sometemento á Avaliación Ambiental Estratéxica, non superaría o filtro da selección das alternativas razoables.

Por isto non fai falla lembrar que leva sete anos de redacción, durante os que se produciron cambios notables na realidade económica, social e ambiental de Vigo e no seu ámbito territorial. Nin que a recesión no mercado da vivenda fai menos atractiva a construcción como negocio. Nin que se produciron cambios, recientes ouinminentes, na lexislación aplicable, como xa se comentou.

Non ten sentido empregar traballo e recursos económicos en tratar de manter vivo a un defunto. O PXOM deVigo é irrecuperable.

14. Unha ameaza para a Ría deVigo, para os concellos do litoral e para toda Galiza

O PXOM deVigo constitúe unha ameaza, tanto se produce un efecto chamada que provoque unha improbable e insustentable eclosión demográfica, como se a chamada ten efecto sobre a terceira idade europea en materia de segunda ou terceiravivenda, como se o resultado é unha cidade deserta e fantasma.

Unha ameaza permanente de contaminación para a Ría. Unha ameaza de presión humana sobre o litoral e a Ría, xa sobresaturados e sometidos a unha presión irracional polas actividades de lecer e as súas infraestructuras. Unha ameaza de destrución definitiva dos valores ambientais e paisaxísticos da Ría. Unha ameaza de agravamento e consolidación da mobilidade insustentable. Un pésimo exemplo e unha coartada para que os concellos do litoral sigan os mesmos pasos. Unha ameaza para os valores económicos, sociais, culturais, ambientais,paisaxísticos e identitarios de toda Galiza. Unha ameaza para a identidade mesma da Terra e a súa pervivencia como País.

Conclusións e petición final

Comoprimeira conclusión de todo o exposto só cabe esixir a anulación e retiradado actual PXOM por incumprimento flagrante da Lei 9/2006 de avaliación ambiental extratéxica, por ser elaborado sin a debida participación social e por non acadar os mínimos índices de sostibilidade.

Os Plans Xerais de Ordenación Municipal, na súa forma actual, son instrumentos obsoletos, e deberían sercousa do pasado. É o tempo dos Plans Territoriais, é dicir, da ordenaciónconxunta dos territorios que constitúan unidades xeográficas de planificación ede xestión polas súas características ambientais, pola súa distribuciónpoboacional e urbanística e pola súa actividade económica.

O Plan Territorial permitiría a ordenación e a distribución racional dos elementos fundamentais para aeconomía (solo industrial, aproveitamento sustentable dos recursos naturais, infraestructuras) a sociedade (vivenda, saúde, mobilidade sustentable, servizos) e o medioambiente (espazos rurais, agroforestais e naturais). O Plan Territorial permitiría planificar cada un destes elementos no tempo que cada un require, sen necesidade de agardar unha aprobación conxunta do planeamento.

O Plan Territorial habería deestar coordinado entre os Concellos e a Xunta (ou dirixido polos organismos deplanificación e xestión territorial que se creen no futuro). Os Plans de Ordenación Municipal deberían estar inseridos no Plan Territorial, e ter como obxectivo fundamental a creación ou rexeneración e protección do espazo urbano,do medio rural e do medio ambiente, combinando axeitadamente a protección doselementos culturais identitarios coa modernidade.

Así pois, reclamamos unha nova cultura da planificación, un Plan Territorial para as Rías Baixas e un Vigo noutro plan.