border="0"

28.3.14

Concentración Solidaria co C.S.O. Palavea 29/03/14 ás 19:00h na Farola de Urzaiz

Informacións extraidas do blogue Abordaxe:


BASTA DE REPRESION AOS MOVIMENTOS SOCIAIS
CONTRA A VIOLENCIA DO ESTADO RESPOSTA POPULAR

SÁBADO, 29 DE MARZO, MOBILIZACIÓN DE PROTESTA CONTRA O DESALOXO DO C.S.O. PALAVEA E EN DEFENSA DOS ESPAZOS LIBERADOS

ÁS 19:00H NA FAROLA DE URZAIZ, VIGO.

Porque os espazos liberados son ferramentas de transformación social coas que combater o sistema de dominación. 

Vémonos nas rúas!!

DEZ, CEN, MIL CENTROS SOCIAIS
UN DESALOXO OUTRA OKUPACIÓN!!!

Manifestación de protesta contra o desaloxo do C.S.O. Palavea (A Coruña)
Deixamos aquí, a petición da asamblea do xa desaloxado C.S.O. Palavea, o cartaz da manifestación en repulsa do desaloxo e en defensa dos espazos liberados prevista para o vindeiro sábado 29 ás 20:00h no Obelisco da Coruña.

26.3.14

DESALOXADO O C.S.O. PALAVEA!


Comunicado do CSO Palavea:

Hoxe, martes 25 de marzo, un desmesurado dispositivo policial desaloxaba o Centro Social Okupado de Palavea. Decenas de furgonetas de antidisturbios, apoiadas por coches da gardia civil, asaltaban ás 7:30 da mañá o inmoble dando fin a case tres anos de autoxestión, compromiso e rebeldía. No momento do desaloxo unicamente durmía no lugar unha persoa, unha muller desafiuzada poucos meses antes da súa vivenda e que, abandoada polas institucións, atopara acubillo no noso Centro Social.

O pasado luns 17 rematara o prazo concedido polo xulgado para abandoar o edificio pero, pese ao específico da sentenza, a policía preferiu desgastar aos resistentes durante máis dunha semana antes de executar a orde.

Tras varios anos de rebelde existenza, finalmente conseguiron rematar coa inmensa insolencia que supón a existenza dun espazo liberado das poutas do capitalismo e da xerarquía para devolvelo ao redil do mercado.

Pero, como prometéramos, as súas agresións terán resposta nas rúas:

ESTE SÁBADO, 29 DE MARZO, MOBILIZACIÓN DE PROTESTA CONTRA O DESALOXO DO C.S.O. PALAVEA E EN DEFENSA DOS ESPAZOS LIBERADOS ÁS 19:00H DIANTE DO OBELISCO.

Porque os espazos liberados son ferramentas de transformación social coas que combater o sistema de dominación. Vémonos nas rúas!!

DEZ, CEN, MIL CENTROS SOCIAIS

UN DESALOXO OUTRA OKUPACIÓN!!!

22.3.14

26M - Concentración na Xunta de Galicia esixindo axudas sociais dignas

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocamos o vindeiro mércores 26 de marzo unha concentración diante da Xunta de Galicia baixo o lema: Menos golf, máis solucións! Axudas sociais dignas, non esmolas!
Comezaremos a partires das 11:00 diante das portas do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (r/Concepción Areal 8). No acto faremos unha representación, da que so podemos adiantar que terá que ver con esta nova: "A Xunta subvenciona carriños de golf aos clubes".
Mentres a Xunta malgasta os cartos de todas, a maioría das galegas malviven no medio da riqueza duns poucos, e cunhas políticas sociais que son pura esmola ou caridade. A RISGA é un triste exemplo de todo isto: orzamentos insuficientes, contías rídiculas, prazos de resolución longuísimos...
Contra a exclusión, redistribución! Renda Básica das iguais, XA!

Menos golf, máis solucións! Axudas sociais dignas, non esmolas!

Unha vez máis saímos á rúa convocadas pola ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) para denunciar a situación de total indefensión e precariedade na que as institucións públicas deixan á unha cidadanía cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide que dispoña do imprescindible para vivir con dignidade.

Desta vez concentrámonos diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo baixo o lema Menos golf, máis solucións! Axudas sociais dignas, non esmolas!

“Non hai cartos”, din os políticos. “Non hai cartos”, escoitamos unha e outra vez cando, dende unha situación insostible de precariedade e falta de ingresos, nos achegamos ás administracións para esixir uns recursos económicos que nos permitan afrontar os gastos fundamentais do día a día. Non hai cartos, en fin, para garantir o noso dereito a vivir: a comer e dar de comer ás nosas familias, a afrontar o pago do aluguer ou dos recibos da auga, da luz, do gas...

Pero si hai cartos nas contas dos ultra-ricos que continúan a acumular a riqueza de toda a cidadanía nos seus petos; e xa sabemos que si hai cartos públicos a mans cheas para o rescate á banca e para infinidade de inversións e proxectos que nada teñen que ver coas necesidades reais e fundamentais de todas as persoas.

Todos os días temos que ler na prensa titulares que nos lembran, por exemplo, que España é, de lonxe, o país da OCDE onde máis aumentaron as desigualdades económicas entre ricos e pobres coa crise; ou que o número de españois cun patrimonio neto ultra alto aumentou en 2013 ata as 1625 persoas; ou que, en relación co rescate bancario, o Estado da por perdidos 36.000 millóns de euros...

E no que atinxe directamente á Xunta de Galicia, á que hoxe nos diriximos para esixir “axudas sociais dignas, non esmolas!”, non faltan tampouco exemplos significativos.

Fronte aos números terribles da pobreza na nosa comunidade (281.000 persoas no paro, 93.000 fogares con todos os seus membros sen traballo, 33.000 familias sen ningún tipo de prestación, ou, en definitiva, máis de 650.000 persoas que viven por baixo do limiar da pobreza), resulta ferinte comprobar tanto gasto público irresponsable: non só o anecdótico dos case 16000 euros para subvencionar carriños de golf a dous clubs galegos, que nos deu a idea para o lema e a posta en escena deste acto de denuncia pública, senón tamén, por exemplo, os 400 millóns de euros que custou a Cidade da Cultura, que tivo no 2013 un custo de mantemento duns 3'6 millóns de euros; ou os gastos da Xunta en propaganda: dende o 1.160.000 euros nunha soa semana do pasado mes de xullo en dúas campañas publicitarias ata os 25 millóns de euros (máis de 40 millóns se incluímos a propaganda do Xacobeo) gastados nese concepto dende a chegada de Feijóo ao goberno.

Así, mentres a Xunta malgasta os nosos cartos, un número cada vez maior de galegas e galegos malviven sen apenas recursos no medio da riqueza dunha minoría e dando de fronte contra unhas políticas sociais que son pura esmola ou caridade.
A RISGA é un triste exemplo disto que denunciamos: orzamentos totalmente insuficientes, contías ridículas que nos condenan a subsistir moi por debaixo do limiar da pobreza, incompatibilidades absurdas, prazos de resolución longuísimos (moito máis alá do que establece a lei) e intolerables no medio dunha situación de verdadeira emerxencia social...

Entre nós están hoxe aquí persoas que levan meses e meses agardando por que lles sexa concedida a RISGA á que teñen dereito, ou que, mesmo téndoa xa concedida, non están aínda a cobrala na súa totalidade pola mesma escusa de sempre: “non hai cartos”...; tamén outras persoas, adultas e independizadas, ás que se lle negou o dereito a percibila por razóns tan inxustas como que os seus pais teñen unha pensión; e, por suposto, moitas outras perceptoras da RISGA, que experimentan día a día a terrible angustia de ter que vivir con menos de 400 euros ao mes.

Por todo isto, dirixímonos hoxe á Xunta de Galicia para esixir que cumpra coa súa obriga de garantir.


Todo o apoio ao CSOA Palavea da Coruña

De novo un espazo okupado en Galiza está a piques de ser desaloxado, nestas datas manteñen a resistencia alí e recentemente fixeron unhas xornadas:
O 20 de marzo sacaron este comunicado:
Dende a asemblea do Centro Social Okupado de Palavea queremos agradecer a tod@s @s solidari@s que o pasado luns viñeron a resistir connosco a orde de desaloxo a súa cariñosa e disidente presenza xunto a nós. Pois foi tod@s xunt@s como conseguimos visibilizar a desesperada situación xudicial da okupa, cortando en reiteradas ocasións o tráfico da N-550 e obrigando a policía nacional e a garda civil a despregar tal desmesurado dispositivo que ata mobilizaron un helicóptero.

Non obstante semella que as intencións policiacas pasan por xogar ao xogo do desgaste, ignorando momentaneamente o mandato xudicial que os cominaba a actuar o pasado luns para realizar un desaloxo sorpresa cando menos o esperemos.

Dende a asemblea do C.S.O. continuaremos desobedecendo as leis e sentenzas lacaias dos intereses d@s ric@s e poderos@s e seguiremos resistindo por este e por todos os espazos liberados.

Atentos a próximas convocatorias, pois o noso desaloxo terá resposta nas rúas.

OKUPAMOS E RESISTIMOS!!!
CONTRA AS AGRESIÓNS DO CAPITAL, GUERRA SOCIAL!!!