Do 21 ó 25 de marzo tiveron lugar en euskal herria os encontros contra alta velocidade organizados pola asemblea contra o TAV de Bilbo. O título das xornadas era “As loitas contra o TAV no mundo”, e consistiron nunha serie de charlas e debates en diferentes puntos do territorio afectados de xeito directo e inminente polas obras do TAV na que participamos persoas procedentes da Valle di Susa italiana, onde ata o de agora están detendo o avance do TAV, de Trentino-Sudtirol, tamén en italia, onde as obras estan comezando e a oposición organizándose, e unha persoa que puido expor a situación en Galiza, e tamén en Barcelona, onde o AVE xa fixo a súa entrada. Ademais da presenza das persoas da asemblea anti-TAV vasca.
Os actos públicos comezaron o venres cunha charla na Kultur Etxea de Ezkio Itxaso, no Goierri, onde xa intentaron comezar algunhas obras de sondaxe. Aquí quedou clara a forma de actuar da administración respecto a esta obra, que é a mesma que estamos a vivir en Galiza. Absoluta negación do dereito a información, incluso para aquelas persoas que se ven afectadas de xeito directo polo paso da obra.
E actuación con nocturnidade e alevosía á hora de comezar as sondaxes, entrando nos terreos particulares sen previo aviso e sen autorización das propietarias. Aínda que tamén é certo que isto está supondo na maioría dos casos que as mesmas persoas propietarias paralicen a realización da obra no mesmo momento no que se decatan.
Falouse tamén das consultas populares realizadas en diferentes concellos e nas que o rexeitamento ó TAV foi masivo, así coma da negativa de algúns concellos a defender o posicionamento da súa veciñanza, e negarse a realizar o proceso de levantamento de actas necesario para iniciar as expropiacións.
Á mañá seguinte as xornadas desprazáronse a Santurtzi, ó gaztexe La Kelo. No propio gaztexe acábase de crear hai uns meses a Asanblea Antidesarrollista de Ezkerraldea, e, en xeral, tódalas persoas asistentes ó acto eran xente activa xa en contra do TAV, ou cando menos concienciada ó respecto. Deste xeito, o debate centrouse sobre todo nas estratexias posibles a seguir para conseguir parar esta infraestructura.
Profundouse un pouco máis na experiencia valsusina, pero ó mesmo tempo sen perder de vista que a nosa realidade é unha outra, e non existe a posibilidade de calco de experiencias, aínda que si a adaptación. Considérase básico a información, algo moi traballado durante anos na Val di Susa, pero tamén en Euskadi, onde contan xa incluso con algunhas estatísticas que poñen de relevo coma canta máis información teñen as persoas contra o TAV, maior é a probabilidade de posicionamento en contra do mesmo.
Tamén se reflexionou sobre a necesidade de buscar o equilibrio entre a crítica e loita contra unha infraestructura concreta coma e o TAV, pero sen perder de vista o sistema máis xeral no que se enmarca, e do que é froito.
O seguinte destino, no luns 24, foi Gasteiz. Alí estivemos coa xente da Asamblea contra el TAV de Gasteiz, nun encontro máis reducido e centrado no intercambio de experiencias. A gran diferencia foi o cambio de contexto; se o primeiro día estiveramos nunha zona aínda altamente rural, en Gasteiz pasabamos ó que supón a chegada do TAV a unha cidade. Aquí foi especialmente interesante comprobar coma as mesmas situacións se repiten en diferentes lugares. Os compañeiros da asemblea explicábannos coma dende o goberno se está intentando “vender” a chegada do TAV coma unha oportunidade para soterrar as vías de tren convencional que nestes momentos xa entran na cidade.
En Sants, barrio de Barcelona ó que chega o TAV, existía dende hai 20 anos a reclamación de soterramento das vías que dividen ó barrio. A chegada do TAV viuse, por parte da plataforma que perseguía esta reclamación, coma a oportunidade de facelo, e o que podería ter sido un movemento de oposición ó AVE quedouse coma unha mínima presión posibilista. Ó final o AVE chegou, destrozou, e continuarao facendo, o barrio, e as vías non se soterraron. Pola contra, estase facendo un caixón (ou falso túnel) para cubrilas de ata 14 metros de alto.
Finalmente, o martes rematouse o encontro en Durango. O desprazamento dende Gasteiz permitiu pasar por Urbina, o único lugar en Euskadi onde xa comezaron as obras de construcción. Aquí realizouse a acampada anti-TAV do 2006, e posteriormente converteuse no espazo de resistencia contra o TAV activo durante case 3 meses. Nese tempo, e ata agora, as actividades de acción directa contra o avance das obras non cesaron. O espazo coma tal rematou hai una no, co chamamento a estender a loita a cada recuncho do pais. E, de feito, ao posición creceu en todas partes, creándose incluso asembleas anti-TAV en lugares polos que este non pasa.
En Durango a charla, organizada en colaboración coa coordinadora contra o TAV (Duragaldeko AHT gelditu! Elkarlana), tivo lugar nunha especie de café-teatro e contou coa presenza de máis de sesenta persoas. Esta é unha zona especialmente importante na loita contra o TAV, pola proximidade de Urbina, e a suposta inminencia do comezamento de máis obras. Ademais a oposición ó proxecto está moi estendida entre a poboación de tódalas idades. Quizais porque a maioría da xente presente xa tiña un posicionamento claro, non houbo unha gran participación inicial e deixouse bastante tempo á exposición das experiencias foráneas.
O debate animouse máis tarde ó redor da discusión sobre o posicionamento de certas organizacións sobre o conflicto contra o TAV.