border="0"

8.4.11

Manifestacion contra os recheios na Ria de Vigo [09.09.06]

Nestes momentos se cadra xa están viaxando cara a Bouzas os camións con escombros da Casa do Mar que pretenden envorcar a súa carga á beira do actual recheo. O proxecto e metelo outros cen metros máis na ría, facendo ademais unha macrodepuradora no seu extremo oeste que se adentraria ainda máis no mar. Non teñen en conta para nada que, de ir adiante ese proxecto, cortarán importantes correntes da ría, das que depende en boa medida a renovación das augas, a limpeza e a vida mariña. Sabemos que é preciso depurar as augas fecais de Vigo, a ría está a esmorecer por mor da merda que se lle está a botar; pero queremos que se poñan pequenas depuradoras soterradas por distintas zonas da urbe, e non unha só macrodepuradora. Sabemos que esa non é a solución. As pequenas depuradoras xa se están a implantar en toda Europa. Non deixes que che "vendan a moto" dun falso desenvolvemento a calquera prezo. O proxecto do recheo de Bouzas só beneficia a algúns que teñen a súa luxosa vida fora de Vigo. Acude á concentración do sábado e invita aos teus amigos e coñecidos.

Crónica: http://galiza.indymedia.org/pt/2006/09/8503.shtml