border="0"

10.4.11

7 de outubro 06: Día de ación transnacional contra o control da migración

Até o momento (setembro 06), non tiveron moito éxito: cada día chegan máis “cayucos” ás Illas Canarias, con máis xente ca antes, e nalgúns casos, partindo de distancias duns 1200 km respecto de Mauritania ou mesmo de Senegal. Durante os pasados meses, miles de persoas morreron afogadas ou de fame ou sede mentres se aventuraban nesta nova ruta. E o mesmo sucede no canal de Sicilia. Os gobernos europeos aumentan a presión sobre os países africanos para que se convirtan en secuaces da súa inhumana política migratoria.

En xullo de 2006 comezou en Rabat o denominado "Cume Euroafricano sobre migración e desenvolvemento", de novo coa intención de obrigar aos gobernos africanos a adoptar máis sistemas de control da migración a través de actuacións como implementar maiores restricións de visado, establecer campos de detención ou aceptar "programas de repatriación". Principalmente, os obxectivos actuais deste proceso de externalización son os países do norte e oeste de África, os cales se supón que deben bloquear aos migrantes en tránsito cara a Europa e colaborar na súa deportación ao deserto ou a países subsaharianos. Deste modo os gobernos europeos son responsábeis de miles de mortes de africanos durante os pasados anos, nunha especie de guerra contra migrantes e refuxiados. A mencionada operación Frontex é só un paso máis nesta guerra, encamiñada á destrución das (novas) rutas de acceso.

Parece difícil de entender esta criminal atitude cara a inmigración económica, tendo en conta a explotación masiva das persoas migrantes en todo tipo de traballos nas metrópoles capitalistas. En realidade, o capital precisa millóns de novos traballadores, pero en condicións de escravitude, por iso procura mantelos permanentemente amedoñados, ilegalizados, perseguidos. Na súa voráxine de competencia feroce e concentración masiva de capital, na súa cobiza polo abaratamento de custos, lánzanse ao saqueo dos países non desenvolvidos pero ricos en materias primas, utilizando a guerra e provocando a miseria dos seus pobos que, deste xeito, vense obrigados a emigrar para ser escravizados nos países ricos.

Ante este panorama, o presente chamamento á acción este 7 de outubro, constitúe un paso importante para a resistencia común contra esta política inhumana. Activistas do Este de Europa protestarán fronte á sede da referida Frontex en Varsovia, e ao mesmo tempo, unha conferencia de prensa en Nouakchott censurará a ilegalización da migración. De Londres a Atenas, de Hamburgo a Barcelona, espéranse manifestacións e acións simultáneas nunha morea de cidades de toda Europa. E o máis importante: non só en Mauritania, senón tamén en Marrocos, Túnez e Benín se anunciaron actividades. Pódese ver, pola longa listaxe de signatarios, que son moitas máis organizacións africanas as que asomen e suscriben o chamamento. Estes asinantes, do mesmo xeito ca moitos outros en Europa, apoian o Terceiro Día de Acción o 7 de outubro en contra da negación de dereitos, da criminalización de migrantes e de todos os controis migratorios, artellando claras demandas dentro do marco da liberdade de movemento e do dereito á permanencia:

- Por unha legalización incondicional e a equiparación de dereitos para todas as persoas migrantes en Europa.

- Polo peche dos centros de detención en Europa ou en calquera outro continente.

- Pola fin de todas as deportacións e do proceso de externalización de fronteiras.

- Pola separación entre o permiso de residencia e o contrato de traballo para loitar contra a "precariedade".

Grupo de Axitación Social (GAS), Asemblea Anti-imperialista, Asociación Xuvenil LUAR, Local Social A Revolta, A.C.Caleidoskopio, Ateneo Libertario de Vigo.