border="0"

10.4.11

Crónica do día de acción transnacional contra o control da migración [06.10.06]

Convocados polo GAS, Asemblea Anti-imperialista, Asociación Xuvenil LUAR, Local Social A Revolta, A.C.Caleidoskopio, Ateneo Libertario de Vigo, e seguindo o chamamento transacional polos dereitos dos migrantes, o sábado 7 de outubro ás seis da tarde, concentrámonos diante do mercado do Calvario en Vigo, ao igual que fixeron en Redondela e en outros moitos pontos de Europa e África.

Desenrolamos unha faixa co lema “Neguma pessoa é ilegal, Todas somos migrantes” e diante colocamos o noso aramio de espiño simulado, para simbolizar a fronteira de Ceuta, onde o ano pasado produciuse por estas datas unha traxedia, cando tentaron pasar centos de africanas e foron repelidas pola policía marroquí e a Guardia Civil.

A xente do grupo de percusión africana Woïma, participou coa súa música, animando moito o acto e explicando tamén a orixe de cada peza que interpretaron.

No acto participamos en todo momento medio cento de persoas, número que se doblou en moitas ocasión coa xente que se paraba un bo rato para acompañarnos, a acollida das veciñas foi boa en xeral mostrándonos en ocasións a súa simpatía.

En calquer caso a escolla do lugar tampouco foi casual xa que ao igual que nalgún outro barrio da cidade, a presenza de migrantes doutras nacionalidades aumentou significativamente nos últimos anos, polo que é interesante contribuir aínda que sexa mínimamente a que a xente vexa estes fenómenos con normalidade.

Durante o tempo que estivemos alí, repartimos quinientos panfletos e en distintos momentos berramos lemas pola liberdade de movementos e contra as fronteiras, ás sete e media limos o texto do panfleto para rematar o acto.

GAS

Máis fotos: http://galiza.indymedia.org/pt/2006/10/8735.shtml