Seguindo a convocatoria estatal polo dereito á vivenda, o sábado 23 ás cinco da tarde xuntámonos na Porta do Sol pouco máis dun cento de persoas, tras media hora na beirarrua, fíxose unha pequena asemblea e procedeuse a cortar o tráfico.
Dez ou quince minutos despois apareceu a policía local para indicarnos que non tiñamos permiso e que non podiamos cortar, tras isto entablouse unha negociación e aceptaron que fixeramos unha manifestación polas rúas Policarpo Sanz, Colón e Príncipe, para rematar de novo na Porta do Sol.
Á metade do percorrido tentaron parar o acto, desta vez xa con presencia da policía nacional coa excusa de que só podiamos ir polo carril bus e estabamos ocupando os tres carriles, tras identificar a dous compañeiros comprenderon que polo menos tiñamos que ir por dous e continuamos co acto.
A mani a encabezaba unha pancarta que trouxeron as compañeiras de OAR de Redondela, co lema: "Cambio ril esquerdo por ático dereita", e durante todo o percorrido non paramos de berrar lemas como: "Ter un teito é un dereito", "Contra a especulación Dereito á Vievenda", "Casas sen xente, Xente sen casas", etc.
Ao rematar o acto, fíxose unha asemblea na que se decidiu tentar facer unha asemblea local permanente polo dereito á vivenda e se quedou para o sábado que ven 30 de decembro ás 17h no Parque de Camilo José Cela da rúa Pí y Margall.
Precarias en Loita
Máis fotos: http://galiza.indymedia.org/gz/2006/12/9585.shtml