Convocadas pola asemblea aberta “Precarias en Loita”, unhas setenta persoas saimos o sábado 2 de decembro ás 17:30h desde a fonte da falperra para realizar un roteiro polo Casco Vello vigués, para denunciar a especulación e abandono que sofre esta zona, así como para reivindicar o dereito social á vivenda.
A primeira parada foi no edificio da antiga panificadora onde colgamos unha faixa, tamén reivindicamos a súa expropiación para usos sociais e a restauración polo seu interese arquitectónico, ademais aproveitamos a cercanía da Xerencia Municipal de Urbanismo para lembrar o noso rexeitamento ao proxecto de Plan Xeral en trámite.
Percorremos a rúa Santiago lembrando que na zona da Ferrería hai un edificio restaurado que ía a ser adicado a alquileres asequibeis parar xente menor de trinta e cinco anos, e continua vacío e sen decidirse finalmente a qué se adica.
A seguinte parada foi no proxecto especulativo de Karpin para o barrio do Cura, colocamos unha placa no antigo edificio das “hermanitas dos enfermos pobres” e lembramos cómo toda a zona vai ser reconstruida por esa promotora.
Continuamos camiño pola rúa Poboadores, e xa nos “perdimos” polas intrincadas rúas do noso Casco Vello, a Rúa Anguía, Praza dos Pesacadores, rúa Real, rúa Oliva, etc. Colocando en vivendas abandoadas dezasete placas máis cos lemas “Zona de Especulación” ou “En proceso de especulación” e flechas co texto “U-los T€itos”, por suposto tan só unha mínima parte dos edificios abandoados quedaron marcados con estas placas, porque o abandono físico e social do barrio é xeralizado.
Nas diferentes paradas fomos comentando datos de interese como que neste barrio hai 933 vivendas vacías o 44% dototal, das 8.000 persoas que vivían no barrio nos oitenta, hoxe en día só quedan 2.800, ou que o 33% dos edificiós sofren ruina ou grave deterioro.
Atravesamos a praza da Constitución na que puidemos comprobar o modelo de recuperación elitista que lle interesa as administracións, con vivendas reformadas e arregladas, con prezos inalcanzabeis para a xente que viviu neste barrio toda a vida, con locais de hostelería para turistas e moitas terrazas para que a xente guapa se deixe ver.
Rematamos o roteiro á altura da Pedra, no mirador cunhas excelentes vistas as obras do Centro Comercial da Laxe, a última agresión ao barrio que vai ser rematada cunha ponte desde o Casco Vello a ese edificio.
Leuse o manifesto e marchamos á praza da Princesa onde compartimos un Magosto popular con gaitas, viño e moita charla sobre a necesidade de seguir coas accións de denuncia polo dereito á vivenda e contra a especulación.
Durante todo o percorrido fomos berrando lemas “Ter un teito é un dereito”, Contra a especulación Okupación “, “Contra a especulación dereito á vivenda” ou “Non,non,non á especulación”, acompañados de silbatos e co apoio estético de piruletas con diferentes lemas: “Especulador parásito social”, “Casas sen xente, Xente sen casas”, “Non máis violencia inmobiliaria”, “Nen unha hipoteca máis”, etc.
Precarias en loita
Máis fotos: http://galiza.indymedia.org/gz/2006/12/9393.shtml